Epífise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partes dun óso longo.
Para a glándula endócrina tamén chamada epífise ver glándula pineal.

Epífise é o nome que designa cada un dos extremos dun óso longo. É a zona en que se sitúan as articulacións. A epífise acostuma ser máis ancha que a porción central do óso, ou diáfise.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

A epífise está formada por óso esponxoso no centro e por unha capa delgada de óso compacto na súa periferia, e encóntrase separada da parte central do óso por unha rexión chamada metáfise, que é onde se encontra a cartilaxe de crecemento.[2]

Está cuberta na súa parte externa polo periósteo e na súa parte interna encóntrase a medula ósea vermella que é onde se forman os glóbulos vermellos e outras células sanguíneas. Na zona que forma a articulación recóbrea un tecido cartilaxinoso que se chama cartilaxe articular.

Os principais ósos que posúen epífise son os ósos longos das extremidades. No ser humano teñen epífise o fémur, a tibia, o peroné, os metatarsianos e as falanxes nas extremidades inferiores, e o úmero, o cúbito, o radio, os metacarpianos e as falanxes nas extremidades superiores.

Os ósos longos das extremidades teñen dúas epífises, a que está máis próxima á raíz do membro chámase epífise proximal e a que está más afastada chámase epífise distal.

Outros significados[editar | editar a fonte]

O termo epífise pode tamén facer referencia a unha glándula situada no interior do cranio, que se coñece máis comunmente como glándula pineal.[1]

Termos relacionados[editar | editar a fonte]

  • Epifisario: relativo á epífise, por exemplo unha fractura epifisaria.
  • Epifisite: inflamación da epífise.
  • Epifisiolise: separación anormal da epífise do resto do óso.
  • Displasia epifisaria múltiple: é unha enfermidade de orixe xenética que afecta ao crecemento do óso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Dorland Diccionario enciclopédico illustrado de Medicina (30 ed.). 2005. ISBN 8481747904. http://books.google.es/books?id=E3u7aczu1_cC. 
  2. Tortora - Derrickson. Principios de Anatomía y Fisiología, 11ª edición (2006). ISBN 968-7988-77-0. Consultado o 13/4/2010