Saltar ao contido

Hipotálamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hipotálamo
hypothalamus Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Uso
Características
 Desenvolvemento
Identificadores
Freebase/m/0g0tj Editar o valor en Wikidata
MeSHD007031 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12458 Editar o valor en Wikidata
TA 98A14.1.08.901%20Entity%20TA98%20EN.htm A14.1.08.401, A14.1.08.901
CIE-11853721861 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus002380 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777003273, C2908656328 e C2993719464 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O hipotálamo (do grego, ὑπό, "por baixo de", e θάλαμος, "cámara nupcial" ou "dormitorio") é unha glándula que forma parte do diencéfalo, e se sitúa por baixo do tálamo. Libera polo menos nove hormonas que actúan como inhibidoras ou estimulantes na secreción doutras hormonas na hipófise anterior, polo que se pode dicir que traballa en conxunto con esta. Adoita considerarse o centro integrador do sistema nervioso vexetativo ou autónomo, dentro do sistema nervioso central. Tamén se encarga de realizar funcións de integración somato-vexetativa. Regula a homeostase do organismo en conxunto coa hipófise, por medio dun sistema de retroalimentación negativo.