Glándula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Situación da hipófise

Unha glándula é un epitelio especializado na secreción de substancias, que se desenvolve a partir das superficies epiteliais invaxinándose no tecido conectivo subxacente. Estas substancias poden ser excretadas dentro do sistema circulatorio ou fóra del. No primeiro caso a glándula ten unha función endócrina e no segundo unha función exócrina. Unha glándula pode conter os dous tipos de función ao mesmo tempo. O páncreas, por exemplo, posúe as dúas funcións: o páncreas endócrino é responsábel da produción de insulina e o páncreas exócrino é responsábel da produción de enzimas dixestivos (lipase e amilase) responsábeis por axudar na dixestión das proteínas.

O tecido adiposo é a maior glándula endócrina do organismo humano, como quedou probado hai pouco tempo, cando se recoñeceu a liberación de diversas substancias polos adipocitos (células de graxa), no canto do fígado, anteriormente detentor deste título.

Lista de glándulas[editar | editar a fonte]