Francia orientalis
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| Estado histórico | Imperio Carolinxio | |||
| Capital | Frankfurt | |||
| Poboación | ||||
| Lingua oficial | lingua latina | |||
| Datos históricos | ||||
| Precedido por | ||||
| Creación | 843 | |||
| Disolución | 962 | |||
| Sucedido por | Sacro Imperio Romano Xermánico | |||
| Organización política | ||||
| Forma de goberno | monarquía | |||
| • Xefe de estado | Lois o Xermánico (843 (Gregoriano)–876) Carlos III o Gordo (882 (Gregoriano)–887 (Gregoriano)) Arnulfo de Carintia (887 (Gregoriano)–899 (Gregoriano)) Lois IV de Alemaña (900 (Gregoriano)–911 (Gregoriano)) Conrado I de Alemaña (911 (Gregoriano)–918 (Gregoriano)) Henrique I de Alemaña (919 (Gregoriano)–936 (Gregoriano)) Odón I do Sacro Imperio Romano Xermánico (936 (Gregoriano)–962 (Gregoriano)) | |||
| Moeda | Sólido | |||
A Francia Orientalis foi a terra de Lois o Xermánico despois do Tratado de Verdún en 843, que dividiu o Imperio Carolinxio entre os francos do leste, oeste e do medio[1]. Foi o precursor do Sacro Imperio Romano Xermánico e da Alemaña moderna. Tamén foi coñecida como reino dos francos do leste. Supoñendo que o inicio do Sacro Imperio Romano Xermánico comezou coa dinastía otónica, o reino da Francia Oriental perdurará desde 843 ata a coroación do duque Henrique I de Saxonia en 919. Máis frecuentemente, considérase que o Imperio comezou no 962, coa entronización de Odón o Grande (translatio imperii).

A Francia Oriental dividiuse en catro ducados: Suabia (Alamania), Franconia, Saxonia e Baviera (incluíndo Moravia e Carintia) . Despois da morte de Lotario II en 869, engadíronse algunhas partes do Reino de Lotarinxia.
Esta repartición durou ata a caída da dinastía Hohenstaufen (1268).
Dende o século x, a Francia Oriental foi coñecida como Regnum teutonicum ("reino teutónico" ou "Reino de Alemaña"), termo prevalente en tempos sálicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Struggle for Empire: Kingship and Conflict Under Louis the German, 817-876 (en inglés). Cornell University Press. 2006. ISBN 080143890X.