Río Main
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| Continente | Europa | |||
| País da cunca | Alemaña | |||
| División administrativa | Baviera, Alemaña, Baden-Württemberg, Alemaña e Hessen, Alemaña | |||
| Localización | Alta Franconia | |||
| Final | ||||
| División administrativa | Grisóns, Suíza | |||
| Localización | Río Rin | |||
| ||||
| Afluentes | 78 | |||
| Conca hidrográfica | conca do Rin | |||
| Características | ||||
| Altitude | 83 m | |||
| Dimensións | 524 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 27.292 km² | |||
| Medicións | ||||
| Caudal | 195 m³/s | |||

O Main é un río da Alemaña. É un dos afluentes máis caudalosos do Rin, ao cal se une pola súa marxe dereita, logo dun curso de 524 km. A súa bacía cobre unha área de 27.292 km².
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Main nace na Selva de Franconia a uns 524 msnm e desauga no Rin en fronte da cidade de Maguncia.
Pese a que seu curso é moi sinuoso, o Main é navegábel ao longo de 396 km. A través do canal Rin-Main-Danubio entróncase o Rin co Danubio.
O río atravesa os estados (Länder, nominativo plural do alemán Land) de Baviera, Baden-Württemberg (sinala os límites con Baviera uns quilómetros ) e máis Hessen.
Entre as cidades importantes que baña, cómpre destacar Würzburg, Offenbach am Main, Frankfurt am Main, Bayreuth, Kulmbach, Lichtenfels, Bamberg, Schweinfurt, Aschaffenburg, Hanau e Rüsselsheim.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Entre os tributarios do Main cabe salientar os seguintes:
- Pola esquerda:
- Pola dereita:
Outros datos
[editar | editar a fonte]O seu nome latín era Moenus, de onde deriva o romance Meno co o que foi coñecido nalgunhas das linguas hispánicas. O seu nome propiamente é céltico, derivado da raíz indoeuropea *mei- "ir, mover", da que tamén procede, probabelmente, o nome do río galego Miño[1].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ochsenfurt
-
Offenbach am Main
-
Frankfurt am Main
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Main |
