Frankfurt do Oder
Frankfurt (Oder) (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Brandeburgo | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 58.818 (2023) (397,82 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 147,85 km² | ||||
Bañado por | Río Oder e Helenesee | ||||
Altitude | 40 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | século XIII | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Wolfgang Pohl (1992–2002) Martin Patzelt (2002–2010) Martin Wilke (2010–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15230, 15232, 15234 e 15236 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0335 e 033605 | ||||
Código NUTS | DE403 | ||||
Número de municipio alemán | 12053000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Scandicci Tijuana Gorzów Wielkopolski (1975–) Słubice (1975–) Nîmes (1976–) Vantaa (1987–) Heilbronn (1988–) Viciebsk (1991–) Yuma (1997–) Tzoran-Kadima (1997–) Distrito de Słubice (2005–) Vratsa (2009–) | ||||
Sitio web | frankfurt-oder.de | ||||
Frankfurt an der Oder, comunmente escrito en galego e portugués como Frankfurt do Oder ou do Óder,[1][2][3][4] é unha cidade do estado alemán de Brandeburgo, preto da fronteira con Polonia.[5]
Frankfurt an der Oder é unha cidade independente (Kreisfreie Städte) ou distrito urbano (Stadtkreis), é dicir, ten status de distrito (Kreis).
Historia
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]Frankfurt an der Oder ten unha rica historia a partir da Idade Media. Foi fundada na primeira metade do século XIII, que coincide co período de maior actividade da Ostsiedlung.
Situada á beira do río Oder, a cidade xogou un papel importante como centro de comercio durante o período do Sacro Imperio Romano-Xermánico.
Idade moderna
[editar | editar a fonte]Na cidade fundouse unha universidade, a Viadrina, que funcionou de 1506 até o 1811, ano en que foi trasladada a Breslau (hoxe Wrocław, Polonia). A palabra Viadrina provén do latín (o río "Oder" é Viadra) e significa que se atopa xunto ao Oder; o nome latino para a cidade era Francofvrtum ou Francofortum ad Viadrum.[6][7]
Idade contemporánea
[editar | editar a fonte]Durante a Segunda guerra mundial, Frankfurt an der Oder sufriu danos significativos, pero reconstruíuse e modernizouse nas décadas seguintes, mantendo elementos da súa arquitectura tradicional como a Igrexa e o antigo Rathaus (casa do Concello).[8]
Ensino
[editar | editar a fonte]A Universidade Europea Viadrina, refundada en 1991, é un dos piares educativos da cidade.
O nome da institución indica o seu enfoque internacional e atrae a estudantes de toda Europa, contribuíndo ao seu carácter multicultural.[9] Esta universidade é especialmente recoñecida polos seus programas en dereito, ciencias económicas e culturais.[10]
Economía
[editar | editar a fonte]Frankfurt an der Oder posúe unha economía diversificada que inclúe desde a manufactura até a alta tecnoloxía.
A súa proximidade con Polonia fomentou a colaboración transfronteiriza en varios sectores económicos. Ademais, a cidade é un destino turístico que ofrece unha variedade de atractivos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pardo, Isaac Díaz; Freixanes, Víctor Fernández; Mascato, Antón (2006). Diciopedia do século 21. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8289-359-4.
- ↑ Gonçalves, Rebelo (1947). Tratado de Ortografia da Língua Portuguesa. Coimbra. p. 352.
- ↑ "Entrevista con Johannes Kabatek". Vieiros.com.
- ↑ "Dez fatos sobre Alexander von Humboldt". www.goethe.de (en portugués). Consultado o 2023-12-05.
- ↑ ""Bevölkerung im Land Brandenburg am 31. Dezember 2011 nach amtsfreien Gemeinden, Ämtern und Gemeinden. Gebietsstand: 31.12.2011"". Arquivado dende o orixinal o 2012-09-16. Consultado o 29 de abril de 2013.
- ↑ Aínda que a cidade foi fundada no século XIII, o uso do latín como lingua erudita e para nomes xeográficos era común en toda Europa até ben entrada a Idade Moderna. As universidades e documentos oficiais frecuentemente empregaban o latín, e era habitual dar nomes latinos ás cidades, especialmente en contextos académicos e legais.
- ↑ "Frankfurt (Oder). - Vogelschau. - Merian. - "Francofvrtum ad Viadrum , 80,00 €". Frankfurt (Oder). - Vogelschau. - Merian. - "Francofvrtum ad Viadrum , 80,00 € (en alemán). Consultado o 2023-12-09.
- ↑ "Frankfurt an der Oder ; Prussian, Brandenburg, Border City". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2023-12-05.
- ↑ Iryna, Kovalenko. "Alumni • European University Viadrina". www.europa-uni.de (en inglés). Consultado o 2023-12-05.
- ↑ Heike, Stralau (2023-12-04). "European University Viadrina Frankfurt (Oder) • European University Viadrina". www.europa-uni.de (en inglés). Consultado o 2023-12-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frankfurt do Oder |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |