Main Tower

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 50°06′44″N 8°40′19″L / 50.11222, -8.67194

Main Tower
Maintower Frankfurt.jpg
Edificio
Tipo Oficinas comerciais
Estilo Arquitectura posmoderna
Custo 700 millóns de marcos alemáns
Dirección Neue Mainzer Straße 52-58
Localización Frankfurt, Hessen, Alemaña Alemaña
Coordenadas 50°06′44″N 8°40′19″L / 50.11222, -8.67194
Construción
Inicio 18 de outubro de 1996
Remate marzo de 1999
Dimensións
Superficie 101 705 m²
Altura máxima 240 m
Altura da azotea 200 m
Plantas 56
Número de ascensores 27
Equipo
Arquitecto(s) Schweger + Partner
Contratista Hochtief e Philipp Holzmann

A Main Tower é un rañaceos que se atopa no centro da cidade de Frankfurt, no estado alemán de Hessen. Recibe o seu nome do río Main, que atravesa Frankfurt. A súa altura máxima é de 240 metros (200 sen contar a súa antena). É o cuarto edificio máis alto de Alemaña e de Frankfurt, empatado co Tower 185. Tamén é o único rañaceos da cidade que conta cun observatorio de acceso público.

A estrutura componse de dúas torres conectadas. A máis pequena ten forma de prisma e un deseño típico de edificios da década de 1970. A meirande ten forma circular cunha fachada de cristal azul.


Panorámica de Frankfurt dende a Main Tower.

Panorámica de Frankfurt dende a Main Tower.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]