Paco Buyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Francisco Buyo")
Francisco Buyo
Buyo (cropped).jpg
Información persoal
Nome completoFrancisco Buyo Sánchez
Nacemento13 de xaneiro de 1958 (60 anos)
LugarBetanzos, Galicia
Altura1,79 m.
PosiciónPorteiro
Carreira xuvenil
1972–1973Ural
1973–1975Betanzos
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1975–1976Mallorca16(0)
1976–1980Deportivo da Coruña122(0)
1978–1979Huesca (cedido)
1980–1986Sevilla199(0)
1986–1997Real Madrid343(0)
Selección nacional
1977España sub-203(0)
1977–1978España sub-213(0)
1979–1987España sub-234(0)
1979–1983España afeccionados11(0)
1980España B1(0)
1983–1992España7(0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Francisco Buyo Sánchez, nado en Betanzos o 13 de xaneiro de 1958, é un ex futbolista galego. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos seus comezos no Ural CF, Buyo xogaba tanto de porteiro como de extremo dereito, sendo no seu único ano no combinado coruñés o máximo goleador do equipo. Ó ano seguinte fichou polo Betanzos CF, onde permaneceu ata a súa fichaxe polo Mallorca. Non tardou en fixarse nas súas cualidades como porteiro o Deportivo de La Coruña, que entón xogaba na Segunda División, e que xa intentara facerse cos seus servizos. Esa tempada debutou como internacional sub-21, participando posteriormente nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova.

Buyo permaneceu na entidade coruñesa ata 1980, cunha paréntese dunha tempada (1978–79) na que foi cedido ó Huesca mentres realizaba o servizo militar en Jaca. Na tempada 1980–81 deu o salto á Primeira División, fichando polo Sevilla, e acadando en seguida a titularidade. Militaba no equipo do hispaliense cando acadou, en 1983, a internacionalidade absoluta con España, defendendo os colores da selección no histórico partido España-Malta que daría o pase á escadra vermella para a Eurocopa de 1984, e encaixando un gol, o que probablemente lle pechou o camiño a seguir na Selección.

A súa indiscutible titularidade e bo facer no Sevilla fixeron que se fixase nel o Real Madrid, que se fixo cos seus servizos en 1986. Neste club recibiu o alcume de "San Francisco de Betanzos", sendo o cancerbeiro titular ata 1996. En 1997 abandonou a plantilla merengue e colgou as botas.

Foi un dos porteiros máis seguros e espectaculares da Liga. Destacou especialmente en partidos como o disputado fronte á Juventus no Santiago Bernabéu na Copa de Europa de 1986–87. Xogou en total 542 partidos en Primera División, sendo o primeiro xogador en acadar a cifra de 500 partidos.

En 1998 concedéuselle a Medalla ó Mérito no Traballo. Actualmente é comentarista de partidos de fútbol para a TVE.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Real Madrid

País[editar | editar a fonte]

Individual[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sotillo Oñoro, Fernando (1995): Buyo. 500 partidos. Diario As.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]