Estatuas e retratos de monarcas hispanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estatuas de monarcas hispanos»)
Paseo de la Argentina, Parque do Retiro en Madrid.
Estatuas na Praza de Oriente, en Madrid.

A maioría destas estatuas son parte da serie de estatuas dedicadas a todos os monarcas de España que foron esculpidas en pedra branca, mandadas facer para a decoración do Palacio Real de Madrid no reinado de Fernando VI.[1]

Nun principio a idea era que adornasen a cornixa do palacio. Os autores son Olivieri e Felipe de Castro. Parece ser que nunca chegaron ao seu destino e instaláronse en distintos lugares da cidade (Praza de Oriente, O Retiro, Porta de Toledo e nos Xardíns de Sabatini) algunhas outras leváronse a outras provincias. As dos monarcas do reino de Navarra enviáronse a Pamplona, e están colocadas no Paseo de Sarasate.

Listaxe de estatuas e retratos, monarcas hispanos[editar | editar a fonte]

Hispania foi o nome dado por Roma a toda a Península Ibérica, non soamente a unha fracción territorial que agora está ocupada por España, senón que tamén foi o nome compartido por dúas provincias diferenciadas, fundadas por Roma: Hispania Citerior (próxima, oriental) e Hispania Ulterior (distante, occidental). A Hispania Ulterior foi máis tarde dividida noutras dúas rovincias adicionais, Bética aproximadamente a actual Andalucía) e a Lusitania (que incluía non soamente o Portugal de hoxe, senón tamén unha gran porción de España, e de aí o nome sinónimo para a nación portuguesa.

Reis suevos de Gallaecia[editar | editar a fonte]

Reis Visigodos[editar | editar a fonte]

Reino ariano de Tolosa[editar | editar a fonte]

Ordre Estatua/Retrato Nome Títulos Reinado Notas
1 Ataúlfo Ataúlfo
(¿372? – †415)
Rei visigodo de Tolosa 410 - 415 Ataúlfo (en gótico: Athal Wolf (lobo nobre), fillo de Atanarico II, da dinastía baltinga, foi nomeado rei ao estilo xermano (sobre a tumba do seu antecesor) á morte do seu curmán e cuñado Alarico I.

Foi o primeiro rei visigodo que puxo pé en terra hispana.

2 Walia ou Valia Walia
(¿? – †418)
Rei visigodo de Tolosa 415 - 418 É o fillo de Modaharius, un nobre visigodo de alta liñaxe quizais vinculado á familia sagrada dos Balthes, algunhas fontes fano irmán de Ataulfo.

Walia casou cunha nobre pertencendo á prestixiosa familia resultante directamente, segundo a tradición gótica, do Deus Gaut.

3 Eurico Eurico
(¿? – †484)
Rei visigodo de Tolosa 466 - 484 Foi un rei que demostrou un gran talento político e por outra banda un fanático defensor do Arianismo. Publicou un corpo legal de dereito visigodo, o Codex Euricianus ou Código de Eurico.

.

4 Alarico II Alarico II
(¿? – †484)
Rei visigodo de Tolosa 484 - 507 Morreu na batalla de Vouillé en 507, que enfrontou os visigodos coas tropas do rei franco Clodoveo I. A derrota dos visigodos nesta batalla marca a desaparición do reino de Tolosa, pois as posesións galas, excepto a Narbonense, perdéronse.

Reino ariano de Toledo[editar | editar a fonte]

Ordre Estatua/Retrato Nome Títulos Reinado Notas
1 Xesaleico Xesaleico
(¿? – †511)
Rei visigodo de Toledo 507 - 511 ????..
2 Amalarico Amalarico
(¿? – †531)
Rei visigodo de Toledo 511 - 531 Reinou 15 anos baixo a rexencia de Teodorico o Grande 511-526.
3 Teudis Teudis
(¿? – †548)
Rei visigodo de Toledo 531 - 548 Décimo terceiro rei dos visigodos (godos), foi elixido no ano 531, reinou 16 anos e 5 meses e morreu en marzo do 548.
4 Teudiselo Teudiselo
(¿? – †549)
Rei visigodo de Toledo 548 - 549 ????.
5 Axila I Axila I
(¿? – †551)
Rei visigodo de Toledo 549 - 551 ????.
6 Atanaxildo Atanaxildo
(¿? – †567)
Rei visigodo de Toledo 551 - 567 No ano 554, todos os visigodos recoñecerían a Atanaxildo como rei. Este estabelece logo a súa residencia en Toledo, onde tivo unha corte moi brillante; buscou alianzas cos francos, casando ás súas dúas fillas Galesuinta e Bruquilda con Chilpérico rei de Nestria e Sixeberto rei de Austrasia. Expulsou os Bizantinos dalgúns lugares da península e mostrou un notábel espírito de moderación e xustiza.

Atanaxildo e Akhila foron os primeiros reis visigodos independentes dos ostrogodos.

7 Liuva I Liuva I
(¿? – †572)
Rei visigodo de Toledo 567 - 572 Foi proclamado rei en Narbona.
8 Leovixildo Leovixildo
(¿? – †567)
Rei visigodo de Toledo 572 - 586 Léovixildo unifica o reino, centraliza a administración, acuña moeda e funda cidades. Con todo, a súa política de unificación relixiosa non foi acertada.

O reino católico de Toledo[editar | editar a fonte]

Ordre Estatua/Retrato Nome Títulos Reinado Notas
9 Recaredo
(¿? – †601)
Rei visigodo de Toledo 586 - 601 Recaredo segue a política de reorganización de Hispania do seu pai, mais invertendo os termos. Abxurou do arianismo no ano 587 e converteuse ao catolicismo, logo relixión da maioría dos visigodos.
10 Liuva II Liuva II
(¿? – †603)
Rei visigodo de Toledo 601 - 603 ???.
11 Viterico Viterico
(¿? – †610)
Rei visigodo de Toledo 603 - 610 Viterico tomou o poder das tropas de Liuva II e despois de declarar a guerra aos bizantinos, sublevouse contra o monarca apoderándose del, cortoulle a man dereita para logo asasinalo (603).

En 610 sería asasinado nun banquete polos seus xefes da garda e os magnates. O pobo arrastrou o seu cadáver polas rúas de Toledo, e sepultouno ignominiosamente fóra das murallas da cidade.

12 Gundemaro Gundemaro
(¿? – †612
Rei visigodo de Toledo 610 - 612 ???
13 Sisebuto Sisebuto
(¿? – †621)
Rei visigodo de Toledo 612 - 621 En 617 Sisebuto decretou a obriga do bautismo para todos os xudeus.
14 Recaredo II Recaredo II
(¿? – †621)
Rei visigodo de Toledo 621 - 621 Era fillo de Sisebuto e só reinou 30 días. Morreu probablemente envelenado. Ten a súa estatua na balaustrada do Palacio Real, cara á Praza de Oriente (Madrid).
15 Suintila Suintila
(¿? – †631)
Rei visigodo de Toledo 621 - 631 ????.
16 Sisenando Sisenando
(¿? – †636)
Rei visigodo de Toledo 631 - 636 ????.
17 Chintila Chintila
(¿? – †639)
Rei visigodo de Toledo 636 - 639 ????.
18 Tulga Tulga
(¿? – †642)
Rei visigodo de Toledo 639 - 642 ????.
19 Chindasvinto Chindasvinto
(¿? – †653)
Rei visigodo de Toledo 642 - 653 ????.
20 Recesvinto Recesvinto
(¿? – †672)
Rei visigodo de Toledo 653 - 672 ????.
21 Vamba Vamba
(¿? – †680)
Rei visigodo de Toledo 672 - 680 Convocou o IX Concilio de Toledo do ano 675 no cal se ditaron medidas para corrixiren os abusos e vicios eclesiásticos. Crese que o metropolitano de Toledo chamado Julián interveu en conxuras que acabaron co poder do rei.

Vamba foi enganado e narcotizado e unha vez nese estado, foi tonsurado, vestírono con hábito de monxe e obrigárono a renunciar á coroa.

22 Ervixio Ervixio
(¿? - †687)
Rei visigodo de Toledo 680-687 Ervixio creou no ano 680 o Ducado de Cantabria para garantir a paz no norte da península dando autonomía a ese territorio, tiña a súa capital en Amaya, cerca da actual Alar del Rey entre Palencia e Burgos.
23 Éxica Éxica
(¿? – †700)
Rei visigodo de Toledo 687 - 700 O 15 de novembro de 700, Éxica nomeou sucesor ao seu fillo Vitiza, a quen se lle confiou o goberno de Galiza.
24 Vitiza Vitiza
(¿? – †710)
Rei visigodo de Toledo 700 - 710 Vitiza era gobernador de Galiza cando foi nomeado Rei sucedendo a seu pai, o cal xa estivera asociado ao trono durante 5 anos.
25 Rodrigo Rodrigo
(¿? – †711)
Rei visigodo de Toledo
Don Rodrigo foi antes de rei duque da Bética
710 - 711 Elixido Rei polos nobres en contra dos desexos da viúva de Vitiza, que tentou que fose o seu fillo maior Olmundo o elixido; estalou entón a guerra civil e Rodrigo conseguiu dominar a maior parte do territorio, excepto Cataluña e a Septimania, onde gobernaba Akhila II.

Após o desembarco dos musulmáns de África do Norte en abril 711, ten lugar a finais de xullo a batalla de Guadalete, que resulta cunha derrota das tropas visigodas e coa desaparición do rei Don Rodrigo.

Monarcas do reino de Asturias[editar | editar a fonte]

Monarcas Asturo-leoneses[editar | editar a fonte]

Monarcas de León e Castela[editar | editar a fonte]

Monarcas do Condado catalán e do reino de Aragón[editar | editar a fonte]

Monarcas do reino de Navarra[editar | editar a fonte]

Monarcas do reino de Portugal[editar | editar a fonte]

Monarcas do reino de España[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La danza de las estatuas", reportaxe de Rafael Fraguas en El País, 18 de setembro de 2006 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]