García Fernández
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 938 Burgos |
| Morte | 995 Medinaceli |
| Lugar de sepultura | mosteiro de San Pedro de Cardeña |
| Conde de Castela | |
| 970 – 995 | |
| Datos persoais | |
| Outros nomes | El de las Manos Blancas |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Outro | |
| Título | Conde de Castela |
| Familia | Casa de Lara |
| Cónxuxe | Ava de Ribagorza |
| Fillos | Toda of Castile, Oneca of Castile, Urraca of Covarrubias, Gonçalo Garcia de Castela, Sancho García, Elvira García, Marjorie de Castille |
| Pais | Fernán González |
| Irmáns | Urraca Fernandes de Castela |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Leksikon |
García Fernández ou Garci Fernández, coñecido como O das Brancas Mans, nado en Burgos no ano 938 e finado en Córdoba no 995, foi o 2°Conde de Castela do 970 ao 995.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Fernán González, seguía recoñecendo a superioridade xurídica dos monarcas leoneses, aínda que tiña plena autonomía administrativa no seu territorio.
Para facer fronte ao perigo musulmán que ameazaba as súas fronteiras, ampliou a base social do condado promulgando as ordenanzas sobre os cabaleiros viláns de Castrojeriz, equiparando aos cabaleiros viláns cos infanzóns: aqueles campesiños que dispuxesen dun cabalo para a guerra serían equiparados automaticamente cos nobres de segunda clase.
Foi derrotado por Almanzor o ano 981 na batalla de Tarancueña.
Nupcias e descendentes
[editar | editar a fonte]Casado no ano 960 con Ava de Ribagorza, filla de Ramón II do Condado de Ribagorza, con Ava tivo os seguintes fillos:
- Sancho García, que será o 3° conde de Castela.
- Gonzalo García.
- Maior García, casada con Ramón III de Pallars Jussà.
- Urraca García.
- Elvira García, casada con Bermudo II de León.
- Toda García, casada con Sancho Gómez da familia Beni Gómez.
- Oneca García.
| Predecesor: Fernán González |
Conde de Castela 970 - 995 |
Sucesor: Sancho García |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Castela |
