Conversa:Estatuas e retratos de monarcas hispanos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Coido que o título do artigo debería ser "Conxunto escultórico dos reis hispánicos do Palacio Real de Madrid", ou algo similar. Que indique que as pezas ían formar parte dun mesmo grupo, e que ían ser colocadas alá. Outra opción sería indicar quen as mandou facer, ou o nome dos autores, pero penso que o título actual non é nada concreto. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:39, 1 setembro 2009 (UTC)

  • Penso que ben podía ser "Galería de imaxes de estatuas de monarcas hispanos" ou parecido. --Toliño Fala aquí comigo 16:53, 1 setembro 2009 (UTC)
    • Polo de agora devolvino ó seu anterior nome, agora hai que acorda-lo novo, a min calquera dos dous citados enriba váleme. --Alberte Si, dígame? 22:33, 1 setembro 2009 (UTC)
      • Teriase que agardar a opinión de Basilio que leva moito tempo traballando de xeito mui minucioso. Eu o que pode decir é que comezou só con estatuas. Agora xa temos algunhas reproducións de grabados e hasta temos o selo dun anel. ElviraConversa comigo 23:04, 1 setembro 2009 (UTC)
        • E por qué non renomealo co de "Estatuas e retratos de monarcas hispanos"? O principio o meu obxetivo era de listar unha série de imaxes de estatuas sacadas de fotografias recortadas que poidanse recuperar para ilustracions de artigos, mais ben sexan para a Historia ou para describir tamén un historial desas estatuas. Esta é a miña opinión, pero acepto calqueira outra da maioria de todos. Basilio 15:59, 8 setembro 2009 (UTC)