Fernando I de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fernando I de Castela e de León»)
Fernando I de León
Fernando I, segundo unha miniatura do Tombo A da catedral de Santiago de Compostela.
Nacementoc. 1016
Lugar de nacementoNavarra
Falecemento27 de decembro de 1065
Lugar de falecementoLeón
SoterradoBasílica de Santo Isidoro de León
NacionalidadeReino de León
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico, rei e gobernante
PaiSancho III O Maior
NaiMunia Sánchez de Castela
CónxuxeSancha I de Galicia
FillosUrraca de Zamora, Sancho III, Elvira de Toro, Afonso VI de León e García II de Galicia
IrmánsGarcía III de Navarra, Ramiro I de Aragão, Gonzalo of Sobrarbe and Ribagorza e Jimena Sánchez
Na rede
WikiTree: Navarra-10
editar datos en Wikidata ]

Fernando I, chamado «o Magno» ou «o Grande», nado en Burgos en 1017 e finado o 27 de decembro de 1065, foi conde de Castela dende 1029, e rei consorte de Galiza[1] ou de León[a] dende o ano 1037, sendo unxido como tal o 22 de xuño de 1038.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fernando I e a súa esposa Sancha I recibindo o seu Libro de horas (1055).

Fillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035. Converteuse no rei de Galiza[2] polo seu matrimonio con Sancha, filla de Afonso V o Nobre e Elvira Méndez, despois de que o seu cuñado e lexítimo rei Vermudo III, falecese loitando contra el na batalla de Tamarón.

Os primeiros dezaseis anos do reinado pasounos resolvendo conflitos internos e reorganizando o reino. En 1054, as disputas fronteirizas co seu irmán García III de Pamplona viraron en guerra aberta. As tropas galegas deron morte ao monarca navarro na batalla de Atapuerca.

No seu tempo o reino foi ampliado, tomándose as prazas de Lamego (1057), Viseu (1058) e Coímbra (1064), e someteuse a algúns do reinos de taifas ao pago de parias.

Reinos da Península Ibérica no comezo e no final do século XI.

División do reino[editar | editar a fonte]

Despois da súa morte e a da súa esposa Sancha, os dominios da parella foron divididos entres seus fillos: ao primoxénito, Sancho, correspondeulle o estado patrimonial de seu pai, o condado de Castela, elevado á categoría de reino, e as parias sobre o reino taifa de Zaragoza; a Afonso, correspondeulle o Reino de León, así como os dereitos sobre o reino taifa de Toledo; García recibiu a parte principal dos territorios do reino[3] mailos dereitos sobre os reinos taifas de Sevilla e Badaxoz; a Urraca e a Elvira correspondéronlles as cidades de Zamora e Toro, respectivamente, tamén con título real.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo a historiografía española.[quen?]
Referencias
  1. Interim Fernandus Sanciam, filiam Adefonsi Galiciensis regis: Fernando en calidade de consorte de Sancha, filla de Afonso [V], rei de Galiza" (López Carreira (2005), p. 328)
  2. Documento n. 534 do Tombo de Celanova. 1060. domus Fernandus princeps super omnem Galletiam .
  3. "Cantar del cerco de Zamora". Literatura Española I (Medieval) (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2020. Et dixole el rey don Sancho al rey don Alfonso: «Nuestro padre por nuestros pecados dexonos la tierra mal partida, et dio al rey don Garcia la mayor parte del regno, et uos fincastes el mas deseredado de todos nos et con mas poca tierra et por eso ternia yo por bien de tomargela» 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Os reis e as raíñas da Galiza.
Fernando I e Sancha. Un período de progreso para o reino galego.
(Nós Diario, 10.10.2022)

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Fernando I de León
Dinastía Ximena
Nacemento: 1013 Falecemento: 7 de novembro 1067


Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Vermudo III
Rei consorte de Galicia
1037–1065
Sucedido  por
Afonso VI
Sucedido  por
García II
Sucedido  por
Sancho III
Precedido por
García Sánchez de Castela


Conde de Castela
1028–1065
Sucedido  por
Remata o título condal