Eurico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eurico
Eurico, rey de los Visigodos (Museo del Prado).jpg
Nome completo Aiwareiks
Nacemento 440
Falecemento 28 de decembro de 484
  Arles
Ocupación monarca
Pai Teodorico I, rei visigodo
Fillos Alarico II
Irmáns Teodorico II e Turismundo
editar datos en Wikidata ]
A imaxe que se ve aquí deste rei forma parte dunha serie de estatuas dedicadas a todos os monarcas de España, mandadas facer para a decoración do Palacio Real de Madrid no reinado de Fernando VI. Nun principio a idea era que adornasen a cornixa do palacio. Os autores son Olivieri e Felipe de Castro. Parece ser que nunca chegaron ao seu destino e colocáronse en distintos lugares da cidade (praza de Oriente, O Retiro, porta de Toledo) e algunhas se levaron a outras provincias.

Eurico (cara a 420-484) foi rei dos visigodos (logo de asasinar ao seu irmán Teodorico II) desde 466 ao 484. Era fillo de Teodorico I e sucedeuno o seu fillo Alarico II. Casou con Ragnaxilda, unha suposta filla de Meroveo, rei dos francos.

O reinado de Eurico coincidiu coa disolución do Imperio Romano de Occidente, ao ser destronado o último emperador Rómulo Augústulo en 476. Os visigodos asinaran un foedus con Roma no 418, en virtude do cal convertéronse en federados do Imperio e permitir asentarse no sur das Galias. Este rei independizou o reino visigodo e aboliu a dependencia anterior.

Apoderouse de diversos territorios das Galias e Hispania. Guerreou nas Galias contra os francos e saxóns. Foi o seu reino nese momento o máis poderoso e influente de Europa. A súa corte residía en Tolosa, aínda que nominalmente en Arlés. Pero foi sobre todo Tolosa a cidade que tivo a categoría do que agora consideramos como capital do reino. A historiografía española menciónao como Reino de Tolosa e abarcaba unha gran extensión da Península Ibérica (salvo a rexión de Galiza, controlada polos Suevos), e gran parte da Galia ao oeste do Rhin e ao sur do Loira.

Foi un rei que demostrou un gran talento político. Publicou unha corpo legal de dereito visigodo, o Codex Euricianus ou Código de Eurico. Tamén foi un fanático ariano.


Predecesor:
Teodorico II
 Rei dos visigodos 
466-484
Sucesor:
Alarico II