Arroba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
@
Arroba
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
puntos suspensivos ( )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
acento ( ◌́ )
  acento agudo ( ◌́ )
  acento circunflexo ( ◌̂ )
  acento grave ( ◌` )
diérese ( ◌̈ )
til ( ~ )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
asterismo ( )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
cancelo ( # )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
fin de artigo ( )
frecha ( )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

Arroba como a fonte Arial.

@ (lido arroba) é o símbolo empregado para representar a unidade de masa chamado arroba. Unha arroba equivale a un cuarto de quintal e vén do mozárabe, que foi prestado do árabe الربع (ar-rubʿ, cuarta parte, (á súa vez da mesma orixe que o hebreo arba, 4), un cuarto de quintal, é dicir 25 libras, masa equivalente a 11 os 15 kg segundo as zonas[1]. Tamén se emprega en informática para indicar "en" (at en inglés) nos enderezos de correo electrónico e outros servizos en liña que usan o formato usuario@servidor .

En lingua inglesa úsase como substituto da preposición «at», como na frase: «100 psi @ 2000 rpm» (100 libras por polgada cadrada a 2000 revolucións por minuto).

En construción úsase na interpretación de planos, o que significa "a cada" para expresar cantidades (por exemplo, 5 varas @ 0.20 m. ou a cada 20 centímetros).

Historia[editar | editar a fonte]

Taula de Ariza

A súa orixe está nunha ligadura, primeiro caligráfica e despois tipográfica, representando na tradición paleográfica anglosaxoa a preposición latina ad ou, segundo outras fontes, a conxunción at. Dentro do código ASCII, é representado polo número 64.

O xornal británico The Guardian informou de que algúns investigadores italianos encontraran a primeira representación escrita deste símbolo. Apareceu nunha carta enviada por un comerciante italiano en 1536, desde Sevilla a Roma, describindo a chegada de tres barcos cargados de tesouros procedentes de América: Así, unha @ de viño, que é 1 / 13 dun barril, é 70 ou 80 ducados.... Non obstante, investigacións do historiador aragonés Jorge Romance encontraron o símbolo @ na taula de Ariza de 1448, nunha entrada de millo miúdo no Reino de Aragón.[2] En galego e portugués dise «arroba», pero outras linguas empregan expresións máis descritivas que se refiren á espiral final ou a súa suposta semellanza coa cola dun animal:

  • en afrikaans, «cola de mono» (aapstert).
  • en alemán utilízase at-Zeichen [3] aínda que existen formas populares como Klammeraffe (cola de mono).
  • en aragonés, arredol (arredor) e tamén «arroba».
  • en belaruso, «caracol» (ślimak).
  • en búlgaro, «moniño» (majmunsko).
  • en catalán, arrova ou rova [4] Tamén se utilizan ou utilizaron popularmente formas como ensaïmada [5] ou caragol (caracol) [6]
  • en coreano, «caracol acuático» (gol-baeng-i ou dalpaengi).
  • en checo e eslovaco, «arenque» (zavináč).
  • en chinés (putonghua), «ratiño» (xiao lao shu) ou «marca de rato» (lao shu hao).
  • en danés, «a - con - trompa» (snabel-a).
  • en esperanto, «mono araña» (atelo), «caracol» (heliko), «signo de cantidade exacta» (po-signo) ou «a envolta» (volvita a)
  • en estoniano, «marca comercial» (kommerstsmärk).
  • en éuscaro, «a envolta» (a bildua).
  • en finés, ás veces «cola de gato» (kissanhäntä) ou «marca miau» (miukumauku), pero usualmente ät-merkki ou at-merkki
  • en francés, «a comercial» (a commerciale, pouco común. Usualmente arobase).
  • en frisio, «cola de mono» (apesturtsje).
  • en grego, «patiño» (papi ou to papáki).
  • en hebreo, «torta alemá con remuíño» (s (h) trudel).
  • en holandés, «cola - de - mono» (apenstaartje).
  • en húngaro, «larva» (kukac).
  • en italiano, «caracol» (chiocciola).
  • en lituano, «comercial et» (at comercial).
  • en noruegués, «alfa enroscado» (alfa-krøll).
  • en polaco, «mono», (małpa).
  • en portugués, arroba.
  • en romanés, «cola de mono» (coada de maimuta).
  • en ruso, «can» (sobachka).
  • en serbio, «mono» (majmun) ou «a louco» (ludo a).
  • en sueco dise «a con trompa (de elefante)» (snabel a).
  • en turco, «a con cola» (kuyruklu a).
  • en yiddish, «strudel».
  • en xaponés, «marca de at (referíndose á at inglesa)» (atto maaku).

Uso informático[editar | editar a fonte]

Unha evolución teórica da arroba.

En 1971 Ray Tomlinson procurou un símbolo para separar o nome da persoa do lugar onde estaba. Algunhas máquinas de escribir, desenvolvidas a partir de 1884, incluían este sinal (como Lambert fabricada en 1902) debido ao seu uso comercial, e o teclado dunha Model-33 Teletype (un modelo teletipo) contiña unha arroba, que era o sinal usado por Tomlinson, que enviou a súa primeira nota desde seu ordenador PDP -10 para outro ordenador. Esta foi a primeira dirección de correo electrónico da historia como a coñecemos hoxe día: tomlinson@bbn-tenexa

Uso en libros antigos[editar | editar a fonte]

Durante boa parte do inicio e mediados do século XX, foi un símbolo usado en libros de texto como unha representación da superficie, especialmente en libros de matemáticas e enxeñería.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrada arroba no Dicionario da Real Academia Galega
  2. La arroba no es de Sevilla (ni de Italia) Arquivado 09 de agosto de 2011 en Wayback Machine., Jorge Romance.
  3. "ITWissen". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2013. Consultado o 04 de setembro de 2013. 
  4. "Termicat". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2015. Consultado o 04 de setembro de 2013. 
  5. http://blog.bitassa.cat/arxiu/2004/11/02/52/
  6. "Un lleidatà engega una campanya perquè l'arrova s'anomeni «caragol» en català" El Punt Avui, 12-VIII-2009