Mono (animal)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cría de mona de Xibraltar (Macaca sylvanus).

Mono é un termo non taxonómico que designa a un amplo conxunto de primates simiiformes.

Os termos mono e simio son sinónimos,[1] pero na xiria zoolóxica adoita distinguirse entre ambos os termos por influencia do inglés, idioma no que os termos equivalentes monkey e ape teñen diferente significado.

Así, en dita xiria científica, os monos actuais comprenderían os Platyrrhini (monos do Novo Mundo) e os Cercopithecoidea (monos do Vello Mundo), pero non os primates hominoides máis próximos ao home, como o orangután, o gorila, o chimpancé e os xibóns, que serían simios. A diferenza destes, os monos posúen polo xeral cola, teñen un esqueleto máis primitivo e son máis pequenos.

Este uso da palabra simio como tradución da palabra inglesa ape, restrinxida aos primates sen cola, é erróneo, e no corresponde ao galego. Sería quizais recomendábel para este uso a palabra hominoide, como se aconsella tamén en castelán.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición do Dicionario da Real Academia Galega: mono1 -a s. 1. Mamífero de cerebro moi desenvolvido, con catro extremidades que rematan en mans, e que descende de antepasados comúns ós da especie humana. O gorila, o chimpancé, etc., son monos. SIN. simio.
  2. Arsuaga, J. L. e Martínez, I. (1998): La especie elegida. Barcelona: Ed. Temas de hoy, páx. 41. ISBN 84-7880-909-0.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mono