Barra diagonal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
/
Barra diagonal
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
puntos suspensivos ( )
acento ( ◌́ )
diérese ( ◌̈ )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
frecha ( )
grade ( # )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

A barra diagonal, barra oblicua[1] ou barra[2] (/) é un signo ortográfico auxiliar consistente nunha raia oblicua inclinada desde abaixo á esquerda a arriba á dereita.

Historia[editar | editar a fonte]

A barra diagonal foi creada no século XII polo italiano Boncompagno da Signa para representar unha pausa curta, mentres que a raia representaba unha pausa maior.[3]

Usos[editar | editar a fonte]

  • Separar conceptos alternativos: amor/odio.
  • Separar masculino e feminino en adxectivos ou substantivos: mozos/as.
  • Separar versos dun poema cando non se reproduce igual.
  • Nalgúns casos separar cifras, como en leis ou datas.
  • Utilízase en lugar do punto en certas abreviaturas: r/, s/n.[1]
  • Úsase en Lingüística para encerrar fonemas.[2][4]

Outros usos non lingüísticos[editar | editar a fonte]

Matemáticas[editar | editar a fonte]

  • Representar fraccións: ½ .
  • En expresións relativas a conxuntos lese tales que.[5]
  • Úsase para representar un conxunto cociente: G/H.[6]
  • Para representar paralelismo úsanse dúas barras diagonais ou ben dúas barras verticais: r//s, r||s.
  • Sobre certos símbolos significa “o contrario”, como ≠ (non é igual).

Signo diacrítico[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Trazo (diacrítico).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Sanmartín Rei, Goretti (2006). Servizo de Normalización Lingüística da UDC, ed. Criterios para o uso da lingua. A Coruña. pp. 58–59. ISBN 84-9749-199-8. 
  2. 2,0 2,1 Área de Normalización Lingüística - Universidade de Vigo (ed.). Pautas para un correcto uso da linguaxe (PDF). p. 48. 
  3. Houston, Keith. «The History of #—and 6 Other Symbols that Rule Twitter (and the Web)». TIME.com. Time. Consultado o 4 de novembro de 2013. 
  4. Real Academia Galega (2005). Xunta de Galicia, ed. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago de Compostela. pp. 11–12. ISBN 84-453-4042-5. 
  5. Colera, José e outros (2008). Anaya, ed. Matemáticas I. Bacharelato 1. p. 40. 
  6. Masa Vázquez, Xosé M. (1999). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Topoloxía Xeral. Santiago de Compostela. p. 12. ISBN 84-8121-753-0. 
  7. Freiberger, Igor. «Slashed O and slash as diacritic». Consultado o 19 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dosil López, Benxamín (2004). Galinova Editorial, ed. Dicionario de Ortografía da Lingua Galega. Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6. 
  • Bouvier, A. (2005). Akal Ediciones, ed. Diccionario Akal de Matemáticas. Madrid: Akal Ediciones. ISBN 84-460-1254-5. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]