O nome strudel significa "remuíño" en alemán, pola forma pregada que se lle dá á masa. O strudel sería unha reelaboración do doce baclava, típico de Oriente Próximo, feito de camadas de masa filo que se reenchen con froitos secos, especialmente anacardios, pistachos ou améndoas, e bañado en mel[2].
Atopamos variantes do strudel nas gastronomías de varios países de América do Sur, por mor da emigración alemá a estas terras. Na Arxentina atopamos un strudel feito con carne e uvas pasas, con recheo de empanada de carne e azucre glas por riba. Na Selva Central do Perú, as colonias alemás, como a asentada en Oxapampa, preparan un strudel de banana, unha adaptación da súa gastronomía tradicional aos ingredientes locais.