Til

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
~
Til
Diacríticos do alfabeto latino

acentos
   acento agudo ( ´ )
   acento agudo dobre ( ˝  )
   acento circunflexo ( ^ )
   acento grave ( ` )
   acento grave dobre (   ̏   )
anel ( ° )
breve ( ˘ )
breve inversa ( ̑ )
caron ( ˇ )
cedilla ( ¸ )
corno (  ̛ )
diérese ( ¨ )
gancho ( ˛   ̢ )
gancho superior (  ̉ )
macron ( ¯ )
ogonek ( ˛ )
punto
   punto inferior (    ̣ )
   punto medio ( · )
   punto superior ( ˙ )
til ( ~ )
trazo ( ◌̸ )

Signos ortográficos empregados como diacríticos

apóstrofo ( )
barra ( / )
barra vertical ( | )
coma ( , )
dous puntos ( : )
guión ( - )

Diacríticos de alfabetos non latinos

Diacríticos do alfabeto árabe
Diacríticos do alfabeto cirílico
Diacríticos do alfabeto devanāgarī
Diacríticos do alfabeto grego
Diacríticos do alfabeto hebreo
Diacríticos do alfabeto tibetano
Diacríticos dos silabarios xaponeses

O til

O til (~), til de nasalidade, trazo supralinear ou til xeral de abreviación, é un sinal diacrítico que se coloca sobre, baixo ou no medio dalgunhas letras en distintas linguas. Tamén se emprega nalgunhas ciencias.

Permite distinguir entre grafías simples (exemplos: a, n) e complexas (exemplos: ã, ñ). Así, o trazo superior pode indicar o modo de articulación dunha vogal (vogal nasalizada, por elevación no grao de constrición: ã, , ĩ, õ, ũ) ou o punto de articulación dunha consoante (nasal palatal: ñ)

Historia[editar | editar a fonte]

A palabra “til” procede do latín titulus, "título" ou "sobrescrito". Orixinalmente se empregaba sobre o n como abreviatura. Por exemplo Ao Dñi significaba Anno Domini. Tamén era unha forma de indicar unha letra repetida.[1]

O til tamén era un sinal de nasalización. A referencia máis antiga á definición do til é do século XVI na Gramática de João de Barros.

Uso en galego[editar | editar a fonte]

Na lingua galega actual o til forma parte da letra Ñ.

En galegoportugués, o til era usado en hiatos dunha vogal nasal seguida doutra vogal:

maçãa (mazá, /ma.ˈt͡sã.a/)
chẽo (cheo, /ˈt͡ʃẽ.o/)
mĩudo (miúdo, /mĩ.ˈu.do/)
bõo (bo, /ˈbõ.o/)
ũa (unha, /ˈũ.a/)

Tamén se empregaba para facer abreviacións, substituíndo unha consoante nasal.

P. ex: , en lugar de "con".

Valor único de marca de resonancia nasal vocálica[editar | editar a fonte]

  • Casos de desnasalización completa moderna, en que a perda da resonancia nasal non implicou a xeración de ningún tipo de consoante: en posición tónica (exemplos: allẽo, cadẽa, chẽo, lũa serẽa), pretónica (exemplos: avĩir, gẽeraçón, lũar, nomẽados) ou postónica (exs. órfãa, oucíãao ‘océano’, sávãas).
  • Casos de posíbel xeración dunha consoante nasal na marxe silábica posnuclear: en posición interior (exemplo: mẽeziña) e final de palabra (exemplos: arções, barregãa, bẽes, prijũes, solirgiãaes, vilão).
  • Casos de desenvolvemento xeneralizado de consoante nasal velar na marxe silábica posnuclear (exemplos: algũu, consũu, densũu, hũu, nengún/nehún, sõo ‘primeira persoa do presente do verbo ser’).
  • Casos de posíbel xeración de consoante nasal na marxe silábica prenuclear, ben palatal (exemplos: Agostiño, contiña, conviña, teña), ben velar (exemplos: algũa, hũa, nengũa/nehũa).
  • Casos de desenvolvemento do grupo consonántico [ŋg] (exemplo: enader ‘engadir’).

Usos noutras linguas[editar | editar a fonte]

O til no IPA[editar | editar a fonte]

No Alfabeto Fonético Internacional pode ter distintos significados segundo a súa posición:

Usos non lingüísticos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Erichsen, Gerald. «Where did the Ñ come from?». Consultado o 4 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]