Ray Tomlinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ray Tomlinson
Tomlinson en 2004
Datos persoais
Nome completoRaymond Samuel Tomlinson
Nacemento23 de abril de 1941
LugarAmsterdam, Nova York
Falecemento5 de marzo de 2016 (74 anos)
LugarLincoln Massachusetts
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Actividade
CampoProgramador
Alma máterInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT)
Contribucións e premios
Coñecido porInventor Correo electrónico
PremiosSalón da Fama de Internet Premio Príncipe de Asturias
editar datos en Wikidata ]

Raymond Samuel Tomlinson nado en Amsterdam (Nova York) o 23 de abril de 1941 e finado o 5 de marzo de 2016 foi un programador estadounidense pioneiro na aplicación do primeiro programa de correo electrónico no sistema ARPANET, precursora de Internet en 1971.[1] Este foi o primeiro sistema capaz de enviar correo entre usuarios en diferentes hosts conectados a ARPANET. Con anterioridade só se podía enviar un correo electrónico usando o mesmo ordenador. Isto conseguiuno usando o símbolo @ para separar o nome do usuario do nome da máquina, un esquema que foi usado en correos electrónicos desde entón.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "biografia oficial Raymond Tomlinson" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2016. 
  2. "O primeido Email" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2006. Consultado o 20 de marzo de 2016.