Socialismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 18: Liña 18:
[[Ficheiro:Bakuninfull.jpg|miniatura|esquerda|150px|[[Mikhail Bakunin]], ideólogo político, defensor da independencia individual e colectiva.]]
[[Ficheiro:Bakuninfull.jpg|miniatura|esquerda|150px|[[Mikhail Bakunin]], ideólogo político, defensor da independencia individual e colectiva.]]
[[Ficheiro:Engels1868.jpg|miniatura|175px|[[Friedrich Engels]], filósofo socialista alemán.]]
[[Ficheiro:Engels1868.jpg|miniatura|175px|[[Friedrich Engels]], filósofo socialista alemán.]]
Pouco despoid a pareceu a teoría comunista [[marxismo|marxista]] que dende unha teoría crítica do [[comunismo]], desenvolveu unha proposta política, o [[socialismo científico]]. [[Karl Marx]] postula nunha das súas obras a diferenciación entre «valor de mercado» e «valor de cambio» dunha mercadoría e a definición de [[plusvalía]], sendo estas as súas maiores contribucións á [[economía política]]; non obstante, os economistas modernos non empregan estes conceptos do mesmo modo que o fan os seguidores da escola marxista do pensamento económico, argumentando que a teoría exposta por Marx non contempla a interacción total da ciencia económica e e se ve parcializada polo [[comunismo]]. Entre os socialistas houbo axiña unha divisón entre marxistas e [[anarquismo|anarquistas]], que eran a esencia máis próxima á ideoloxía marxista. O marxismo como teoría recibiu moitas críticas, e algunhas delas constituiron durante moitas décadas a base ideolóxica da maioría de partidos socialistas. Máis tarde, a raíz da [[Revolución rusa de 1917|Revolución rusa]] e da interpretación que lle deu [[Lenin]], o [[leninismo]] converteuse en foco de admiración dos partidos comunistas, agrupados baixo á III.ª Internacional.
Pouco despoid a pareceu a teoría comunista [[marxismo|marxista]] que dende unha teoría crítica do [[comunismo]], desenvolveu unha proposta política, o [[socialismo científico]]. [[Karl Marx]] postula nunha das súas obras a diferenciación entre «valor de mercado» e «valor de cambio» dunha mercadoría e a definición de [[plusvalía]], sendo estas as súas maiores contribucións á [[economía política]]; non obstante, os economistas modernos non empregan estes conceptos do mesmo modo que o fan os seguidores da escola marxista do pensamento económico, argumentando que a teoría exposta por Marx non contempla a interacción total da ciencia económica e e se ve parcializada polo [[comunismo]]. Entre os socialistas houbo axiña unha divisón entre marxistas e [[anarquismo|anarquistas]], que eran a esencia máis próxima á ideoloxía marxista. O marxismo como teoría recibiu moitas críticas, e algunhas delas constituíron durante moitas décadas a base ideolóxica da maioría de partidos socialistas. Máis tarde, a raíz da [[Revolución rusa de 1917|Revolución rusa]] e da interpretación que lle deu [[Lenin]], o [[leninismo]] converteuse en foco de admiración dos partidos comunistas, agrupados baixo á III.ª Internacional.


A teoría marxista constrúese conxuntamente co anarquismo. O anarquismo pódese inscribir dentro dos conceptos temperáns do socialismo, que como ideal busca que as persoas decidan sobre as súas vidas libre e independentemente; a abolición do Estado e de toda autoridade; exaltando o [[individuo]].
A teoría marxista constrúese conxuntamente co anarquismo. O anarquismo pódese inscribir dentro dos conceptos temperáns do socialismo, que como ideal busca que as persoas decidan sobre as súas vidas libre e independentemente; a abolición do Estado e de toda autoridade; exaltando o [[individuo]].

Revisión como estaba o 18 de maio de 2018 ás 18:26

O socialismo é unha denominación xenérica dun conxunto de teorías socioeconómicas, ideoloxías e prácticas políticas que postulan a abolición das desigualdades económicas, sociais e políticas entre as clases sociais e a intervención do Estado en materia económica.

Orixe

O socialismo naceu como reacción ao capitalismo na primeira metade do século XIX xurdido do liberalismo económico e político, baseado na propiedade privada dos medios de produción, na explotación do proletariado e que determinaba que o Estado non debía intervir en cuestións sociais e económicas, o que se traducía na práctica no dominio do débil polo forte. A medida que aumentaba o seu número e a súa miseria aumentou a súa conciencia de clase e se comezou a pensar en facer o mesmo que fixera a burguesía para conseguir o poder, unha revolución que lle dera o poder para conseguir a igualdade social. Foi en Gran Bretaña, o país máis industrializado de Europa onde máis forza tivo o pensamento socialista ao principio, Robert Owen foi un dos primeiros teóricos do socialismo. En Francia Louis Blanc foi outros dos teóricos socialistas da primeira época. Pero o máis importante dos pensadores socialistas do XIX apareceu en Alemaña foi Karl Marx, as súas obras constituíron a base do soporte teórico da ideoloxía socialista e a el débeselle a teorización de que a riqueza debe quedar nas mans do obreiro que a produce e que unha revolución obreira levaría a unha sociedade xusta e libre, na cal cada cidadán daría en función das posibilidades e recibiría en función das súas necesidades.

Karl Marx foi o principal ideólogo do socialismo

Historia

A influencia da Ilustración e o socialismo utópico

Inglaterra foi un dos berces do socialismo utópico. Existiron dúas causas importantes que dan ao socialismo utópico inglés o seu carácter peculiar: a revolución industrial, coas súas miserias para o desenvolvemento do proletariado británico, e o desenvolvemento dunha nova póla da ciencia, a economía política, concepto asociado á procura de dominio titular das ciencias políticas.

En Francia tivo un carácter máis filosófico que en Inglaterra. O seu primeiro representante foi o conde Henri de Saint-Simon, considerado por Engels o creador da idea en estado embrionario que foi empregada por todos os socialistas posteriores.[1] Propuxo a Federación de Estados Europeos, como instrumento político para controlar o comezo e o desenvolvemento de guerras. Ao mesmo tempo Charles Fourier, concibiu os falansterios (comunidades humanas rexidas por normas de libre albedrío e ideoloxías económicas socializadas).

Os debates entre os socialistas clásicos

Mikhail Bakunin, ideólogo político, defensor da independencia individual e colectiva.
Friedrich Engels, filósofo socialista alemán.

Pouco despoid a pareceu a teoría comunista marxista que dende unha teoría crítica do comunismo, desenvolveu unha proposta política, o socialismo científico. Karl Marx postula nunha das súas obras a diferenciación entre «valor de mercado» e «valor de cambio» dunha mercadoría e a definición de plusvalía, sendo estas as súas maiores contribucións á economía política; non obstante, os economistas modernos non empregan estes conceptos do mesmo modo que o fan os seguidores da escola marxista do pensamento económico, argumentando que a teoría exposta por Marx non contempla a interacción total da ciencia económica e e se ve parcializada polo comunismo. Entre os socialistas houbo axiña unha divisón entre marxistas e anarquistas, que eran a esencia máis próxima á ideoloxía marxista. O marxismo como teoría recibiu moitas críticas, e algunhas delas constituíron durante moitas décadas a base ideolóxica da maioría de partidos socialistas. Máis tarde, a raíz da Revolución rusa e da interpretación que lle deu Lenin, o leninismo converteuse en foco de admiración dos partidos comunistas, agrupados baixo á III.ª Internacional.

A teoría marxista constrúese conxuntamente co anarquismo. O anarquismo pódese inscribir dentro dos conceptos temperáns do socialismo, que como ideal busca que as persoas decidan sobre as súas vidas libre e independentemente; a abolición do Estado e de toda autoridade; exaltando o individuo.

A meta do socialismo é construír unha sociedade baseada na igualdade, a equidade económica, a iniciativa personal, a cooperación moral dun individuo, eliminando as compensacións estratificadas por esforzo, promovendo estruturas políticas e económicas de distribución como por exemplo o seguro social.

O socialismo no século XX

O socialismo acadou o seu apoxeo político a finais do século XX no bloque comunista de Europa, a Unión Soviética e os estados comunistas de Asia e do Caribe.

Trala segunda guerra mundial, a tensión militar-ideolóxica entre o bloque socialista, encabezado pola Unión Soviética, e o capitalista, encabezado polos Estados Unidos, desembocou nun enfrontamento político que se coñeceu como Guerra Fría. Culminou coa disolución política da URSS, tras unha crise agravada pola súa situación económica e política e fortes presións externas, acompañada dunha pronunciada crise nos demais estados socialistas, principalmente os europeos.

O socialismo do século XXI

O socialismo do século XXI é un concepto que aparece na escena mundial en 1996, a través de Heinz Dieterich Steffan.[2] A expresión adquiriu difusión mundial despois de que fose mencionada polo presidente de Venezuela, Hugo Chávez, o 30 de xaneiro de 2005, dende o V Foro Social Mundial.

No marco da Revolución Bolivariana, Chávez sinalou que para chegar a este socialismo haberá unha etapa de transición que denomina Democracia Revolucionaria. Hugo Chávez afirmou nun discurso a mediados de 2006:

Asumimos o compromiso de dirixir a Revolución Bolivariana cara ao socialismo e contribuír á senda do socialismo, un socialismo do século XXI que se basea na solidariedade, na fraternidade, no amor, na liberdade e na igualdade[3]

Ademais, este socialismo non está predefinido, senón que dixo Chávez:

Debemos transformar o modo do capital e avanzar cara a un novo socialismo que se debe construír cada día.[4][5]

Socialismo e socialdemocracia

O socialismo é, ás veces, confundido coa socialdemocracia xa que, hoxe en día, a maioría dos partidos políticos europeos que eran na súa orixe socialistas defínense agora coma socialdemócratas. Sucede así, por exemplo, en España, co Partido Socialista Obrero Español, ou en Francia co Partido Socialista.

Existen diversos tipos de socialismo, entre os que podemos destacar os seguintes:

Notas

  1. Friedrich Engels, "The Development of Utopian Socialism"
  2. Entrevista a Heinz Dieterich
  3. No orixinal: Hemos asumido el compromiso de dirigir la Revolución Bolivariana hacia el socialismo y contribuir a la senda del socialismo, un socialismo del siglo XXI que se basa en la solidaridad, en la fraternidad, en el amor, en la libertad y en la igualdad.
  4. “Socialismo Siglo XXI” Latino News
  5. Los errores del estalinismo burocrático frente al Socialismo del Siglo XXI Aporrea.org

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.