Federalismo europeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Europe.svg

O federalismo europeo é un movemento político e social que persegue a creación da Federación Europea, é dicir, que os estados de Europa se unan nunha federación.

Partidos políticos[editar | editar a fonte]

Os partidos federalistas son:

Tamén moitos votantes do Partido Socialista Europeo se atopan neste movemento. A nivel estatal, hai partidos como o PNV e CiU que apoian unha Federación Europea pero integrada por nacións, na cal estarían,por exemplo, o País Vasco e Cataluña de forma separada a España. e tamén a nivel galego, partidos como Compromiso por Galicia,[1]

Estados[editar | editar a fonte]

Os seguintes estados están gobernados polos Verdes Europeos, Demócratas Europeos ou Liberais Europeos:

Historia[editar | editar a fonte]

O federalismo europeo, na súa forma moderna, empezou a xestarse a finais do século XIX, tomando forza ata os 20 do século XX, despois tivo un período de decadencia (Gran depresión e Segunda guerra mundial), para despois con pulo, aínda que non tanto coma nos anos 20. Naquela época os presidentes dalgúns países de Europa Occidental (como Francia, e apoiados por Alemaña, Reino Unido e outros) pediron informes para unirse nunha federación.

A situación actual, coa Unión Europea cada vez tendo máis competencias, parece que vai ser como a dos anos vinte. Proxectos como as bolsas de estudos Erasmus, a unión monetaria (Euro), a unión aduaneira, o libre movemento de mercancías e persoas... así o indican; pero aínda restan moitos pasos para que se chegue ó punto de crear unha federación, como as complicacións que ten o tratado polo que se establece unha Constitución Europea (criticado por euroescépticos e europeístas, por ir demasiado lonxe e, á vez, por quedar curto. Aínda así, os europeístas apoiárono maioritariamente, entoando un "mais vale algo ca nada"). Tamén porque non ten un Presidente Europeo escollido por sufraxio universal,e porque moitas competencias europeas (como os orzamentos, ou a elección do Presidente da Comisión) non son elixidas polo Parlamento Europeo, senón polos presidentes dos estados membros. Unha das críticas máis exstendidas entre os europeístas de esquerdas é que a Unión Europea actual é soamente unha unión económica e non de cidadáns.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Propostas Políticas". Compromiso por Galicia. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 8 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]