Wikipedia:A Taberna (imaxes): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 351: Liña 351:


Ola! Alguén ([[Usuario:Beninho]]?) pode facer dúas novas versións [[:Ficheiro:Spain traffic signal r200a.svg|desta imaxe]], que poñan "Peaxe / Peaje" e "Peaxe / Toll"? Un saúdo. --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 3 de agosto de 2017 ás 07:05 (UTC)
Ola! Alguén ([[Usuario:Beninho]]?) pode facer dúas novas versións [[:Ficheiro:Spain traffic signal r200a.svg|desta imaxe]], que poñan "Peaxe / Peaje" e "Peaxe / Toll"? Un saúdo. --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 3 de agosto de 2017 ás 07:05 (UTC)
: Feito [[File:Spain traffic signal r200a gl Galego 1.svg|thumb|Sinal de tráfico indicativa de peaxe en galego e inglés.]] [[File:Spain traffic signal r200a gl Galego 2.svg|thumb|Sinal de tráfico indicativa de peaxe en galego e castelán.]] --[[Usuario:Pontevedra78|'''<span style="font-family:Verdana; color:#0040FF">Pontevedra78</span>''']] <small>'''''[[Conversa usuario:Pontevedra78|<span style="font-family:Verdana; color:#04B486">conversa</span>]]'''''</small> 22 de agosto de 2017 ás 23:35 (UTC)


== "''de''" ou "''sobre''" ==
== "''de''" ou "''sobre''" ==

Revisión como estaba o 22 de agosto de 2017 ás 23:35

Esta é a sección de imaxes da Taberna

Novas
publicar

Políticas
publicar

Técnica
publicar

Propostas
publicar

Axuda
publicar

Esta sección úsase para solucionar problemas relacionados coas imaxes.

Comezar un novo fío de conversa


Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

Peche de Panoramio

O outro día chegoume un correo de que van a pechar Panoramio, tamén sae nesta nova. O caso é que Panoramio era tamén fonte de imaxes con licenza libre, habería que intentar copiar todas as fotos posibles que sexan interesantes para a Galipedia. Estou buscando unha ferramenta que me permita atopar as que teñan licenza libre para despois poñerme a copialas a Commons coa ferramenta que xa hai para iso. Toda axuda é benvida. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2016 ás 15:48 (UTC)[responder]

Nós Televisión CC-BY-SA

Boas, atopei a web de Nós Televisión que ten licenza CC-BY-SA, se hai algún contido que sexa útil para a Galipedia pode subirse a Commons sen problema. Se alguén atopa aí algún contido interesante e non sabe como capturalo que avise e bótolle unha man. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 10:11 (UTC)[responder]

Identificación de imaxe no artigo de Ribeira de Piquín

Esta imaxe Ficheiro:Moleiras2.JPG indica que é dun lugar chamado Moleiras de Ribeira de Piquín. Nin no nomenclátor da Xunta nin no do IGE aparece ningún lugar de Ribeira de Piquín con ese nome. Talvez pasei algo por alto. Se algún colaborador pode achegar algunha información quizais poidamos identificar a que lugar corresponde a fotografía. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de xaneiro de 2017 ás 19:05 (UTC)[responder]

Prevert, segundo esta web está na beira do concello, pero nesa mesma páxina tamén teñen unha galería de imaxes con esa mesma foto, habería que investigar onde se subiu primeiro por se é un copyvio. Contactei coa dirección de correo electrónico que administra ese sitio para preguntarlle se é da súa autoría e se a subiu a Commons, de ser certo intentarei que poña a licenza na páxina para poñela como fonte, tamén lle preguntarei a parroquia á que pertence, se responde xa vos conto. O mesmo usuario subiu outra imaxe de Moleiras que tamén está nesa web File:Moleiras.jpg. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2017 ás 01:36 (UTC)[responder]
Acabo de atopalo, as coordenadas son 43°09'51.7"N 7°11'30.0"W, podes comprobalo no steetview, é unha casa grande pero ten cartel e todo. Está á dereita de Boel, Santalla, Ribeira de Piquín e entre Cabaceira, Santalla, Ribeira de Piquín e Outraiz, Santalla, Ribeira de Piquín, así que supoño que está na parroquia de Santalla, Ribeira de Piquín. Se teño resposta do correo xa aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2017 ás 02:19 (UTC)[responder]
Grazas Elisardojm. Excelente indagación. Polo que vin, penso coma ti que pertence á parroquia de Santalla. Atopei mencións sobre incendios forestais que falan de Moleiros e un rexistro de dereitos de auga que fala dun regato do mesmo nome. Nun blogue, que contén un só artigo, comentan sobre o lugar. Pode ser unha pista pero, polo de agora, é imposible comprobar a fiabilidade do seu contido. Coa páxina web que atopaches, o vídeo que teñen en Youtube, as coordenadas do Street View de Google que incluíches parece que se trata dun lugar deshabitado abandonado. É un caso moi particular: no nomenclátor non existe, así e todo, parece que nun tempo pasado alí viviu xente e quedou o nome do sitio, polo menos, na memoria dos habitantes da zona. Un cordial saúdo. --Prevertgl 9 de xaneiro de 2017 ás 16:36 (UTC)[responder]
Xente agora non debe ter, pero o que si se ve no Street view é o cartel á beira da estrada co nome ben clariño. É raro que a un sitio sen xente lle puxeran o cartel. E si, acabo de ver tamén no Google maps que ó lado desas casas pasa o que lle chaman "rego/río de Moleiras". Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2017 ás 17:20 (UTC)[responder]
Prevert, xa recibín correo da web moleiras.tk, díxome que el é o autor e que Moleiras pertence a Santalla, mandeille un correo para ver se pode engadir un pé ás fotos para poñela como fonte e así que se poida verificar a licenza. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2017 ás 02:31 (UTC)[responder]
Ben, asunto resolto. Vouna clasificar nesa parroquia. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11 de xaneiro de 2017 ás 15:51 (UTC)[responder]

A Biblioteca Universitaria abre a súa colección de mapas históricos ao acceso libre en formato dixital

Boas, a biblioteca da USC comezou a dixitalizar e publicar en Internet algúns dos mapas antigos que posúe, podedes consultar a nova nesta ligazón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xaneiro de 2017 ás 08:51 (UTC)[responder]

Boa noticia, grazas. Aí, en Minerva, atopo 8 mapas. Botádelle un ollo tamén a estas: http://webeiel.dicoruna.es/es/mapas/mapas-historicos e http://www.ign.es/fondoscartograficos/ --. HombreDHojalata.conversa 10 de xaneiro de 2017 ás 22:43 (UTC)[responder]
A segunda web é impresionante! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2017 ás 02:36 (UTC)[responder]
E falando de todo un pouco..., onte atopei estas imaxes en Commons, parece que as imaxes aéreas do PNOA teñen unha licenza libre compatible coa de Commons. Estararán correctamente licenciadas HombreDHojalata? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2017 ás 09:25 (UTC)[responder]
Estou durmido, acabo de reler a licenza que teñen aquí e xa o di claramente no primeiro parágrafo. Non dixen nada.
Pois iso, que se queredes conseguir imaxes aéreas libres podedes obtelas en http://pnoa.ign.es/. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2017 ás 09:29 (UTC)[responder]
Hai moito material interesante nesas ligazóns. Acumúlase o choio. O aviso legal da Deputación da Coruña non parece moi claro. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11 de xaneiro de 2017 ás 16:02 (UTC)[responder]
Pero o aviso legal da deputación non se aplica ós contidos que estean en dominio público, xa que son reproducións fieis que non xeneran novos dereitos de autor. Ó que si afecta é ó resto de contidos desa web. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2017 ás 08:47 (UTC)[responder]
Certo, pero ese tipo de cláusulas adoita ser fonte de problemas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12 de xaneiro de 2017 ás 20:23 (UTC)[responder]

A RAG abre o catálogo do Arquivo a través da Rede e dá acceso a máis de 3.700 documentos dixitalizados

A RAG está a dixitalizar o seu arquivo, xa ten máis de 3.700 documentos en Galiciana, poden consultarse aquí. Hai documentación sobre o cerco da Coruña polos ingleses no ano 1589, textos dos Xogos Florais de 1861, fotografías de Rosalía, Curros, Eduardo Pondal, o tumbo de Caión e irán dixitalizando máis pergameos con datas de 1088 a 1756. Seguramente haberá bastantes cousas de interese e moitas poderán subirse a Commons. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2017 ás 22:59 (UTC)[responder]

Grazas por estar ao tanto e por informar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 25 de xaneiro de 2017 ás 00:12 (UTC)[responder]

Subir vídeos, agora máis doado con video2commons

Boas, atopei esta ferramenta para subir vídeos a Commons, permite poñer unha dirección web, para subir cousas de YouTube, ou outros sitios, sempre e cando teñan licenza libre compatible con Commons, ou subir un ficheiro que teñamos no ordenador. Despois de subir o ficheiro, a ferramenta xa se encarga de convertelo ó formato ogv ou webm, os formatos libres de vídeo permitidos en Commons, e de subilo a Commons coa información que lle indiquemos. Soporta unha gran cantidade de formatos de vídeo e son (tamén vale para converter sons) e entre eles están os utilizados habitualmente na maioría dos dispositivos. Ademais é un conversor de gran velocidade. Agora xa non hai escusa para subir os vosos vídeos a Commons! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2017 ás 22:16 (UTC)[responder]

Hai un erro no enderezo de Commons, falta un Commons. Un cordial saúdo. --Prevertgl 26 de xaneiro de 2017 ás 18:05 (UTC)[responder]
Amañado, grazas Prevert. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2017 ás 23:09 (UTC)[responder]

Commons:Photo_challenge Multilingualism

Cartelli bilingue? feste di Paese? Eventi culturali seri? Sbizzarritevi: Bilingual plate? Local festivals? Serious cultural events? Be creative:

commons:Commons:Photo_challenge/Submitting#2017_.E2.80.93_February_.E2.80.93_Multilingualism

Più bella la foto, maggiore la diffusione. Si vince solo un gagliardetto. The nicer the picture, the bigger its diffusion. You just win a barnstar.--Alexmar983 (conversa) 5 de febreiro de 2017 ás 06:15 (UTC)[responder]

Tradución resumida: En Commons tódolos meses fan un concurso temático de fotografías, en febreiro o tema é multilingüismo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2017 ás 10:04 (UTC)[responder]

Retratos de Rosalía da RAG

Segundo esta nova, a RAG acaba de poñer na rede a colección de retratos de Rosalía, haberá que mirar os que se poden subir para poñer nos artigos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de febreiro de 2017 ás 06:19 (UTC)[responder]

Imaxe desde outra wikipedia

Quixen cargar a imaxe de Jane Joseph que está na wikipedia en inglés. Deixeina a medio cargar.Unhanova (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 12:39 (UTC)[responder]

Ola Unhanova. A maiores dos problemas técnicos que puideses ter á hora de tentar a carga, esa imaxe non se pode cargar nin na Galipedia nin en Commons, xa que ten dereitos de autoría. Na Wikipedia en inglés téñena xa que alí admiten o uso lexítimo, algo que non é válido nin aquí nin en Commons segundo a política de imaxes. Banjo tell me 10 de febreiro de 2017 ás 12:43 (UTC)[responder]
Para o propio proceso de carga e uso de imaxes, tes indicacións en Wikipedia:Guía de carga de imaxes, Wikipedia:Como cargar imaxes e Wikipedia:Como engadir imaxes. Banjo tell me 10 de febreiro de 2017 ás 12:46 (UTC)[responder]
Banjo, pensei que todas as wikipedias tiñan a mesma política de imaxes e que podían transferirse as imaxes dunhas a outras. Grazas Unhanova (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 14:11 (UTC)[responder]

Fotos con xente por identificar da XV Asemblea Nacional BNG

Boas a todos, o ano pasado deixáronme ir á Asemblea Nacional do BNG para facer fotos, pero non as comecei a subir ata hoxe :(, un día por outro quedou sen facer e agora está a punto de ser a asemblea deste ano... O caso é que teño algunhas fotos con xente sen identificar, subinas aquí, se alguén recoñece a algún persoeiro que avise e paso esa foto a Commons. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2017 ás 00:18 (UTC)[responder]

Aquí outra persoa máis que non coñezo, a ver se alguén pode identificalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2017 ás 17:19 (UTC)[responder]

As fotos xerais do evento e as dos persoeiros que xa identifiquei están en Commons:Category:XV Asemblea Nacional Bloque Nacionalista Galego. Algunhas son maliñas porque este tipo de fotos non son o meu forte, pero mentres non haxa outras mellores aínda valerán. Como este ano tamén fan a asemblea na Coruña intentarei ir de novo. Sería boa cousa que os que coñezan xente do BNG revisaran as fotos que liguei arriba por se pode usarse algunha para algún artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2017 ás 18:50 (UTC)[responder]

Non podo axudar, o meu coñecemento de personalidades políticas é case nulo. Por outra banda atopei en flickr que o PPdG e Compostela Aberta teñen bastantes imaxes con licenzas compatibles, habería que aproveitalas tamén. Outros coma CxG, BNG ou o PSdG usan CC-BY-NC maioritariamente, polo que esas non podemos utilizalas. Banjo tell me 21 de febreiro de 2017 ás 11:33 (UTC)[responder]
Si, xa as vira, e xa me parecía que as do PPdG non valían :), pero de tódolos xeitos, se nos poñemos en contacto con eles, ó mellor aceptarían liberar algunha delas. Se alguén quere solicitar algunha foto deles que me avise, eu teño conta en Flickr e podo mandarlles un aviso interno. Os de Compostela Aberta xa sabía que tiñan esa licenza pero non mirei se hai artigos deles na Galipedia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 16:08 (UTC)[responder]
As do PPdG (algunhas) estiveron como cc0 pola mañá, vese que as cambiaron de licenza ou andiveron trasteando con iso xusto hoxe. As de CA xa están en Commons pero sen categorías particulares, todas metidas en c:Category:Compostela Aberta. Banjo tell me 21 de febreiro de 2017 ás 16:18 (UTC)[responder]
Contro, agora esta imaxe está en DP..., xa a pasei a Commons. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 21:29 (UTC)[responder]
Vaia, xa lle puxeron hoxe unha foto case igual, é que hoxe estiveron facendo algo con ese artigo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 21:36 (UTC)[responder]
É a mesma fotografía Ficheiro:Miguel Tellado.jpg, recortaron un pouco e fixeron algunhas modificacións nos metadatos EXIF. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21 de febreiro de 2017 ás 21:38 (UTC)[responder]

Por fin licenza libre para imaxes da ESA

Boas, parece que por fin a ESA vai a aplicar ós seus contidos propios a unha licenza libre CC-BY-SA, isto quere dicir que os contidos nos que apliquen esa licenza poderán ser usados nos artigos, de forma semellante a como se fai con algunhas imaxes da NASA. Máis detalles aquí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 10:50 (UTC)[responder]

Moi boa nova, velaquí a páxina da ESA co anuncio en inglés. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21 de febreiro de 2017 ás 11:45 (UTC)[responder]

Imaxes solicitadas: couza guatemalteca

Cómpre unha imaxe para o artigo couza guatemalteca. Se algún colaborador ten a posibilidade de tirar unha foto deste insecto (ou da pataca coa couza), ou sabe dalgunha imaxe libre, sería de gran axuda. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21 de febreiro de 2017 ás 18:27 (UTC)[responder]

O que lle queda máis a man a cousa é a Agremon, ó mellor pode conseguir algunha pataca infectada para facerlle unha foto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 21:49 (UTC)[responder]
Boa idea, a ver se é posible. --Prevertgl 21 de febreiro de 2017 ás 21:58 (UTC)[responder]

Estou nesas, tentando un agricultor que me poda facilitar o traballo.--Agremon(contacto) 22 de febreiro de 2017 ás 21:19 (UTC)[responder]

Agremon, xa atopei unha foto de patacas afectadas, pero se podes conseguir outras seguramente non virán mal, nesas non se aprecia moito o verme. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2017 ás 08:29 (UTC)[responder]
Como viches, puxen máis fotos, onde se ve mellor oestado xeral, pero sen verme. O verme, en cato afecta á pataca, vaise...--Agremon(contacto) 18 de marzo de 2017 ás 18:36 (UTC)[responder]

Imaxes da AMTEGA

Ola, hoxe atopei na páxina web da AMTEGA que a súa licenza permite o uso comercial e a modificación dos seus contidos, salvo os que indiquen outra cousa. As obrigas son, que non se desnaturalice do contido da información e que se indique a fonte, polo tanto eu penso que esta licenza é compatible con Commons e poderían subirse algunhas imaxes desa web, que dicides? Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2017 ás 23:30 (UTC)[responder]

Polo texto desa licenza eu diría que en principio si. Pero despois as imaxes (polo menos as do final da páxina) téñenas aloxadas en flickr, con marca de dereitos reservados. Probablemente sería necesaria unha aclaración por parte dos responsables do portal para determinar se esa declaración inclúe tamén esas imaxes. Si é así deberían directamente cambiar a licenza no seu flickr a unha cc equivalente, sería máis doado desa forma. Banjo tell me 1 de marzo de 2017 ás 23:38 (UTC) Banjo tell me 1 de marzo de 2017 ás 23:38 (UTC)[responder]
Pero a licenza que teñen en Flickr non importa, en Commons xa saben que a licenza por defecto de Flickr é con copyright e moita xente non a cambia, o que realmente importa é a licenza que eles indican na súa web. Pasoume exactamente o mesmo hai unhas semanas cun vídeo de Nós TV, en Yutube tiña dereitos reservados pero a web do sitio ten unha licenza libre, marcárono para borrado rápido pero cando lles expliquei que a licenza que tiñan na súa web era libre xa non houbo problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2017 ás 00:35 (UTC)[responder]
Sendo así, o texto da licenza que indican na web debería ser compatible con cc-by-sa. Banjo tell me 2 de marzo de 2017 ás 00:37 (UTC)[responder]


Imaxes do PP de Galicia en Flickr

Contactei en Flickr coa xente da conta do PP de Galicia para preguntarlles se podían cambiar a licenza dalgunhas das súas imaxes para poñer nos artigos da Galipedia e dixeron que non tiñan problema. O caso é que non é doado atopar imaxes para os artigos porque son demasiadas a revisar e tampouco coñezo a moitos dos seus integrantes, así que, se podedes, revisade as fotos do seu álbum para ver que fotos poderíamos usar. Eu atopei esta cos candidatos á alcaldía das sete cidades galegas e outras de Samuel Juárez. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2017 ás 01:02 (UTC)[responder]

Casa en Leiro

Mentres clasificaba imaxes de Leiro atopei dúas imaxes, en realidade a mesma imaxe con dous nomes, Ficheiro:Casa natal de Samuel Eijan San Clodio Leiro.JPG e Ficheiro:Casa natal de Eladio Rodriguez San Clodio Leiro.JPG que no título poñen que son a casa natal de Samuel Eiján e de Eladio Rodríguez González. Non sei se os dous naceron na mesma casa, un deles ou ninguén dos dous. Cómpre confirmar a información do título das imaxes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 2 de marzo de 2017 ás 20:19 (UTC)[responder]

Xornal Certo ou Certo Xornal

Para clasificar as imaxes na categoría imaxes por orixe de Certo necesito confirmar o nome exacto: Certo Xornal ou Xornal Certo. O sitio web orixinal xa non existe e no que queda nas redes sociais aparecen os dous nomes. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 2 de marzo de 2017 ás 20:23 (UTC)[responder]

Non sei se isto che aclarará a dúbida:
--. HombreDHojalata.conversa 2 de marzo de 2017 ás 21:34 (UTC)[responder]
Grazas HombreDHojalata, creo que vou comezar con Certo Xornal, se non é correcto sempre se pode poñer un bot a mudalo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 3 de marzo de 2017 ás 15:38 (UTC)[responder]

Subir imaxes

Ola: son unha editora principiante e ao buscar información sobre como subir unha fotografía fun remitida a este espazo. Alguén me podería axudar?Luciacev (conversa) 11 de marzo de 2017 ás 21:27 (UTC)[responder]

Luciacev, podes concretar que axuda precisas? Un cordial saúdo. --Prevertgl 11 de marzo de 2017 ás 21:43 (UTC)[responder]
Luciacev, podes cargar ficheiros dende esta páxina (podes acceder a ela mirando na marxe esquerda da pantalla, debaixo do logo da Wikipedia no apartado "Ferramentas", concretamente en "Subir un ficheiro") directamente na Galipedia, simplemente tes que ir á caixiña que pon "ficheiro de orixe" e seleccionar o que queiras subir, logo no seguinte cadro podes poñerlle un nome e engadir unha descrición sobre o ficheiro. Lembra que as imaxes deben estar en dominio público ou ser imaxes túas, xa que do contrario incumprirían a licenza e serían borradas. Un saúdo e espero ter sido de axuda, para calquera cousa non dubides en preguntar. Piquito (conversa) 11 de marzo de 2017 ás 22:41 (UTC)[responder]
Luciacev , tamén podes usar esta páxina que ten un asistente para subir os ficheiros que facilita esta tarefa. Como axuda, debes saber que se fas unha foto dun concello de Galicia podes engadir esa imaxe na categoría dese concello indicando simplemente o seu nome oficial (cousa que é moi importante). Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 00:48 (UTC)[responder]

Obrigada, xa subín correctamente o arquivo. Con todo, penso que arrisquei a que mo retiren: trátase dunha foto que eu lle tirei á capa dun libro, descatalogado e sen ningún aviso no exemplar físico que impida a súa copia e distribución, mais aínda de 1973. Catalogueino como obra miña porque é unha foto tirada por min a un obxecto físico non artístico, mais supoño que se poden facer outras lecturas...Luciacev (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 16:07 (UTC)[responder]

Luciacev, esa imaxe é unha obra derivada, non creo que dure. Síntoo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12 de marzo de 2017 ás 16:18 (UTC)[responder]

Fotos de parroquias

Alguén pode actualizar os mapas de Lugo e Ourense do Wikiproxecto fotos de parroquias?? Habería que cambiar as cores de Carballedo, A Pontenova, Riotorto, Begonte (en Lugo) e as de Oímbra e A Mezquita (en Ourense). Grazas por adiantado. --Chairego apc (conversa) 11 de marzo de 2017 ás 22:09 (UTC)[responder]

@Chairego apc: Feito! Feito! Banjo tell me 12 de marzo de 2017 ás 18:32 (UTC)[responder]
@Banjo: Grazas, pero non vexo ningún cambio entre a versión nova e a anterior... --Chairego apc (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 22:09 (UTC)[responder]
@Chairego apc: Proba a recargar a caché, deberían aparecer. Banjo tell me 12 de marzo de 2017 ás 22:20 (UTC)[responder]
@Banjo: Si, tiñas razón. Grazas de novo. :) --Chairego apc (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 22:34 (UTC)[responder]

Galerías con menos de dez imaxes

Comecei a marcar as galerías de imaxes dos concellos coa categoría oculta Categoría:Galerías con menos de dez imaxes para detectar os concellos dos que temos poucas imaxes e para completar nos próximos días aquelas galerías dos concellos dos que haxa imaxes que aínda non foron incorporadas ás galerías. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18 de marzo de 2017 ás 17:48 (UTC)[responder]

Imaxes de Praza Pública

Boas. Sei que as imaxes que comparte Praza Pública con licenza CC-BY ou CC-BY-SA son totalmente compatibeis con Commons e a Galipedia, pero que hai das que teñen as licenza CC BY-NC-SA? E que estiven mirando na súa páxina e vin que teñen moitas con esa licenza e non estou seguro de se as poderiamos usar. Pódemo aclarar alguén que saiba máis deste tema? Un saúdo e grazas de antemán. --Chairego apc (conversa) 7 de abril de 2017 ás 21:58 (UTC)[responder]

Chairego apc, esa licenza non é compatible coa Wikipedia porque non permite uso comercial. Un cordial saúdo. --Prevertgl 7 de abril de 2017 ás 22:12 (UTC)[responder]
Grazas Prevert. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 7 de abril de 2017 ás 22:13 (UTC)[responder]
Chairego apc, tamén ten coidado coas imaxes de Praza, algunhas veces non poñen ben as licenzas, poñen que son CC-BY-SA dunha web, e logo consultas a web e non ten licenza ou ten licenza CC-BY-NC, outras veces fan capturas de vídeos e poñen que son eles os autores con licenza CC-BY-SA, cousa que é incorrecta porque nese caso a súa imaxe é unha obra derivada e o autor orixinal mantén os seus dereitos nela... Non se pode coller a eito aínda que lle poñan CC-BY-SA. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2017 ás 16:48 (UTC)[responder]
Grazas polo aviso. Tereino en conta. --Chairego apc (conversa) 19 de abril de 2017 ás 17:22 (UTC)[responder]

Acceso a todas as imaxes dun tema

Na clasificación das imaxes hai un problema de usabilidade que teño detectado sobre todo en Commons que tamén acontece na Galipedia das imaxes: as imaxes están correctamente clasificadas nas categorías e subcategorías, así e todo non é posible facerse unha idea dunha ollada do material dispoñible sobre un tema, tal e como queren os lectores. Entre as funcións das galerías está servir de mostra pero, polo xeral, só permiten mostrar unha parte dos ficheiros. Por ese motivo penso que é necesario crear, polo de agora cos concellos, unha categoría que se chame Todas as imaxes de nome_do_concello ademais das categorías que xa existen que permita clasificar en conxunto todas as imaxes do tema (en principio, ata un máximo de tres clics, se cada pantalla presenta 200 imaxes serían un total de 600 imaxes, en todo caso na práctica a maioría dos concellos, por non dicir todos agás cidades, non chegan nin a 200 imaxes). Na miña opinión na Galipedia das imaxes temos vantaxe na xestión do material gráfico sobre Galicia e a cultura galega respecto a Commons e hai que mellorar o acceso dos lectores a ese material. Deixo este comentario aquí por se existen visións diferentes a miña, non obstante, se o expresado aquí non funciona un bot pode retirar sen problemas a nova categoría. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13 de abril de 2017 ás 15:11 (UTC)[responder]

Moi boas tardes Prevert. Encántame a idea proposta. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 13 de abril de 2017 ás 15:14 (UTC).[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Eu non o vexo claro. Con ese mesmo argumento, todas e cada unha das categorías deberían ter unha categoría paralela con tódolos ficheiros incluídos na propia categoría e en todas e cada unha das súas subcategorías. Na práctica iso sería contracategorizar e esnaquizar o sistema de categorías. --. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2017 ás 10:04 (UTC)[responder]

O obxecto desa clasificación sería concentrar para solucionar un problema de usabilidade, crear ese tipo de categorías fóra das categorías raíz sería contraproducente. Ademais diso habería que realizar outras accións paralelas e cumprir determinados requisitos. A miña preocupación é que aínda así, debido ao xeito no que acceden os lectores aos contidos, a medida non sexa totalmente efectiva. En todo caso, se a proposta xera dúbidas ou se percibides que pode dar pé a un mal uso, por min, non hai problema en esquecela. O que me parece necesario é pensar en solucións que melloren o acceso dos lectores aos contidos da Galipedia das imaxes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15 de abril de 2017 ás 14:09 (UTC)[responder]

arqueoloxía industrial

¿Temos algunha categoría para fotografías sobre arqueoloxía industrial? Como tal, esta fotografía dunha telleira de principios do XX. Pedro --Lameiro (conversa) 14 de abril de 2017 ás 12:39 (UTC)[responder]

Lameiro, temos a categoría Imaxes sobre a industria en Galicia. Dentro desa categoría podemos crear Imaxes de fábricas en Galicia (ou de) e Imaxes de telleiras en Galicia (ou de). Colgando de fábricas tamén podemos crear Imaxes de antigas fábricas en Galicia (ou de). Tamén temos Imaxes da paisaxe de Galicia, polo de agora só inclúe paisaxe natural pero eu tiña pensado crear tamén Imaxes da paisaxe industrial de Galicia. En resumo, a miña suxerencia é clasificala en Imaxes de telleiras en Galicia e a categoría clasificala en Imaxes de fábricas en Galicia e Imaxes da paisaxe industrial de Galicia. Espero que sirva de axuda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14 de abril de 2017 ás 14:25 (UTC)[responder]
Gústame esa clasificación, pero dálle unha volta máis para diferenciar arqueoloxía industrial (fábricas pechadas, estas telleiras, centrais hidráulicas coñecidas como "fábricas de luz", a fábrica de Caldas, a panificadora de Vigo, etc) da industria actual (Isabel de Galicia, Epifanio Campos, centrais hidroeléctricas actuais, parques solares, etc.). Teño máis telleiras fotografadas e quero fotografar outras que coñezo no Salnés. Xa me contarás, Pedro --Lameiro (conversa) 14 de abril de 2017 ás 14:37 (UTC)[responder]
Lameiro, na categoría raíz e nas subcategorías hai traballo por facer pero hoxe teño que atender a varios asuntos e non podo afondar neste tema, a ver se na fin de semana ou a principios da vindeira semana. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14 de abril de 2017 ás 14:53 (UTC)[responder]

Lameiro, aquí vai aquilo no que podo axudar. No sistema de clasificación actual as imaxes das que estamos falando podemos clasificalas en tres ramas de categorías: aquelas relacionadas coa actividade económica (Imaxes sobre a industria en Galicia), as referidas os edificios e estruturas onde se desenvolven (Imaxes de edificios e estruturas de Galicia) e as que teñen que ver coa paisaxe (Imaxes da paisaxe de Galicia).

Caso por caso:

En Imaxes sobre a industria en Galicia tamén cómpre crear unha categoría chamada Imaxes de instalacións industriais en Galicia dentro dela Imaxes de fábricas en Galicia e Imaxes de antigas fábricas en Galicia.
A categoría Imaxes de instalacións industriais en Galicia tamén colgaría de Imaxes de edificios e estruturas de Galicia. Respecto á paisaxe: dentro de Imaxes da paisaxe de Galicia crear Imaxes da paisaxe industrial de Galicia.
En resumo: Imaxes de telleiras en Galicia estaría clasificada en: Imaxes sobre a industria cerámica en Galicia, Imaxes de antigas fábricas en Galicia e Imaxes da paisaxe industrial de Galicia.

Neste momento é difícil concretar máis. Na aplicación práctica podemos definir e precisar mellor cada caso, en función das imaxes que se publiquen haberá que desenvolver as diferentes ramas. Se ves que o exposto non é abondo ou que outros nomes son mellores fai as modificacións que sexan precisas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15 de abril de 2017 ás 14:09 (UTC)[responder]

Perfecto, Prevert. Entendo que quedaría unha cousa así (fíxate nos comentarios entre paréntesis que inclúo nesta árbore de categorías):

  • Imaxes sobre a industria
    • Imaxes sobre a industria en Galicia
      • Imaxes de instalacións industriais en Galicia
        • Imaxes de fábricas en Galicia (algún día dividiremos a categoría por provincias. Hoxe temos a cat. "Imaxes sobre a industria de Pontevedra")
          • Imaxes de Ence, Galicia
          • Imaxes de antigas fábricas en Galicia
        • Imaxes sobre industrias da construción en Galicia (as canteiras ¿irían aquí ou en industria extractiva? ¿ou nas dúas subcategorías?)
          • Imaxes sobre a industria cerámica en Galicia
            • Imaxes de telleiras en Galicia
          • Imaxes sobre a industria cementeira en Galicia
      • Imaxes sobre a industria alimentaria‎
        • Imaxes sobre a industria alimentaria en Galicia
          • Imaxes sobre industrias da pesca en Galicia
            • Imaxes sobre a industria conserveira en Galicia
            • Imaxes sobre depuradoras de moluscos en Galicia
            • Imaxes sobre cetárias en Galicia
            • Imaxes sobre piscifactorías en Galicia
          • Imaxes sobre panaderías e pastelerías en Galicia
          • Imaxes sobre adegas en Galicia
          • Imaxes sobre industrias lácteas en Galicia
          • Imaxes sobre industrias cárnicas en Galicia
          • Imaxes sobre envasadoras de auga en Galicia
      • Imaxes sobre a produción de enerxía‎
        • Imaxes sobre a produción de enerxía‎ en Galicia
          • Imaxes sobre a produción de enerxía‎ eléctrica en Galicia
            • Imaxes de centrais eléctricas en Galicia
              • Imaxes de centrais hidroeléctricas en Galicia
                • Imaxes de antigas centrais hidroeléctricas en Galicia
              • Imaxes de encoros en Galicia
              • Imaxes de centrais fotovoltaicas en Galicia
              • Imaxes de centrais térmicas en Galicia
                • Imaxes da central térmica de Meirama
      • Imaxes sobre a industria extractiva‎
        • Imaxes sobre a industria extractiva‎ en Galicia
          • Imaxes sobre a mineiría en Galicia
            • Imaxes das minas de San Fins
  • Imaxes de edificios e estruturas de Galicia
    • Imaxes de instalacións industriais en Galicia
  • Imaxes da paisaxe de Galicia
    • Imaxes da paisaxe industrial en Galicia (non acabo de entender a que chamas "paisaxe industrial")
      • Imaxes de telleiras en Galicia

Gustaríame escoitar algunha outra opinión sobre esta recategorización. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de abril de 2017 ás 21:27 (UTC)[responder]

Observacións xerais:

  • Utilizo sempre a forma "imaxes sobre xxx en Galicia". Esixirá renomear a cat. "Imaxes de edificios e estruturas de Galicia".
  • Non sei se procede incluír nesta árbore a industria agroalimentaria (agricultura, viñedos, etc).
  • Seguimos sen ter unha categoría para a "arqueoloxía industrial", que era o propósito orixinal da pregunta. Creo que esas subcategorías ("antigas fábricas", "antigas centrais hidroeléctricas") non abonda.

Pedro --Lameiro (conversa) 15 de abril de 2017 ás 21:36 (UTC)[responder]

Paisaxe industrial

Lameiro, vou tentar responder a pregunta sobre a paisaxe industrial. Pido desculpas de antemán por se non quen de aclaralo por completo, polas simplificacións ou polas posibles inconsistencias teóricas.

Co termo paisaxe refírome ao espazo que se presenta diante dos nosos ollos, unha superficie organizada segundo determinados elementos predominantes que ademais comparten características comúns. Se seguimos o criterio do grao de intervención humana podemos falar de paisaxe natural, paisaxe agraria, paisaxe urbana, paisaxe industrial,... Por exemplo: estas imaxes de campos de niños de térmites, estas pradarías, estas fábricas abandonadas ou estes cemiterios de coches.

Térmites Pradarías Fábricas abandonadas Cemiterio de coches

O que vemos son extensións de terreo que presentan determinado padrón e que en conxunto conforman un “ecosistema” visual (cun uso moi libre da palabra ecosistema). O primeiro problema que xorde refírese ao límite e a escala. Ademais cada disciplina ten un enfoque particular sobre a cuestión.

Segundo o falado ata agora as seguintes imaxes non corresponden á categoría paisaxe e mesmo podemos cuestionar algún dos exemplos anteriores.

Exemplos

Non quero meterme en camisas de once varas, as categorías na Wikipedia son funcionais, polo xeral, na clasificación prima o práctico sobre as cuestións teóricas. Por exemplo, Primo Levi caeu ou tirouse? Un grupo de usuarios pode debater durante semanas sen chegar a ningunha conclusión e un día un paseante despistado chántalle a categoría suicida e aí queda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16 de abril de 2017 ás 15:42 (UTC)[responder]

Sobre o esquema de categorías

Lameiro, o documento Statistical Classification of Economic Activities in the European Community, Rev. 2 (2008) (NACE Rev. 2) paréceme que fornece un bo marco teórico e serve de moita axuda para a clasificación. Nese documento Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca (nós témolas separadas, polo de agora, non lle vexo problema pero quizais teñamos que crear a categoría común da que colguen as catro aínda que o título sexa moi longo) corresponde a unha rama de categorías e Industria manufactureira (para nós simplemente industria) a outra. Se seguimos esa fonte a industria conserveira colga directamente da industria alimentaria e a acuicultura da categoría Pesca. Segundo o que interpreto do documento as cetarias pertencen á rama de pesca. Respecto a clasificar por provincias, a semellanza doutras categorías raíz, supoño que haberá que crealas, así e todo, na miña opinión a unidade de medida fundamental na Galipedia nese aspecto é o concello. Podemos ter as dúas como noutras ramas. Por certo, acabo de reparar en que Imaxes sobre a industria extractiva en Galicia ten que colgar directamente de Imaxes sobre economía de Galicia. Sobre construción, tamén ten que colgar de Imaxes sobre economía de Galicia (xa a temos así). As canteiras, sempre segundo o documento, van na industria extractiva. Quedan pendentes algunhas precisións máis conforme as directrices da clasificación que aparece nese documento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16 de abril de 2017 ás 16:43 (UTC)[responder]

Manuel García Barros

¿Que pasou que non se dan atopadas 8 das 12 imaxes que tiñamos de Manuel García Barros? ¿Pode saberse por que se borraron? Pedro --Lameiro (conversa) 19 de abril de 2017 ás 09:36 (UTC)[responder]

Pois non sei, existían realmente? No historial non aparece nada, tan só que se meteron na súa categoría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2017 ás 12:22 (UTC)[responder]
c:Commons:Deletion requests/File:Manuel García Barros 3.jpg Banjo tell me 19 de abril de 2017 ás 12:31 (UTC)[responder]
Revisareinas pola noitiña en Flickr, grazas Banjo por atopar a orixe do problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2017 ás 13:15 (UTC)[responder]
Atopei algo de información, as fotos están en Flickr porén esa conta obviamente non é o autor delas, por iso se borraron en Commons, e o problema é que non se sabe quen é o autor nin cando se fixeron. A outra pista que atopei é o comentario que deixou Lmbuga en Conversa ficheiro:Manuel García Barros2.jpg. Aí coméntase que as fotos están en dominio público, pero non hai forma de verificalo. Habería que saber algo máis das fotos, a data de realización ou o autor para poñelas ben en Commons, ou se non, obter o permiso por OTRS. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de abril de 2017 ás 00:40 (UTC)[responder]

Fotos de parroquias

Cómpre actualizar o mapa de Lugo do Wikiproxecto fotos de parroquias. Habería que cambiar as cores de Pantón e Outeiro de Rei. Grazas por adiantado. --Chairego apc (conversa) 29 de abril de 2017 ás 10:31 (UTC)[responder]

@Chairego apc: Feito! Feito! Banjo tell me 29 de abril de 2017 ás 22:39 (UTC)[responder]
Grazas @Banjo:! --Chairego apc (conversa) 30 de abril de 2017 ás 11:53 (UTC)[responder]
Acábome de decatar que tamén habería que cambiar as cores da Teixeira no mapa de Ourense. --Chairego apc (conversa) 30 de abril de 2017 ás 12:43 (UTC)[responder]

Galerías de concellos con menos de dez imaxes

Unha vez rematada a revisión das galerías con menos de dez imaxes dos concellos quedan dez galerías de concellos que non chegan ao mínimo de dez imaxes:

Un cordial saúdo. --Prevertgl 29 de abril de 2017 ás 22:06 (UTC)[responder]

Hai máis fotos con licenza compatible en Flickr, por exemplo:
--. HombreDHojalata.conversa 30 de abril de 2017 ás 11:24 (UTC)[responder]

Novas galerías de placas altimétricas

Boas, estes días fixen novas galerías relacionadas cos concellos, as galerías das placas altimétricas que indican a localización e a altitude de cada concello segundo o IGN. Podedes velas en Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia de Ourense, Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia da Coruña, Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia de Lugo e Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia de Pontevedra. Hai xa bastantes e dunha ollada rápida a provincia que menos ten paréceme que é a de Coruña. Outra tarefa máis para ir visitando o país! Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2017 ás 18:48 (UTC)[responder]

Mosaicos

¿Onde tería cabida categorizar unhas fotos de mosaicos de Pontevedra? Graffitis non son; arte paréceme excesivo. Pedro --Lameiro (conversa) 19 de maio de 2017 ás 13:30 (UTC)[responder]

Blog con imaxes do Camiño de Santiago

Contactei coa persoa que leva este blog e aceptou a cambiar a licenza das súas imaxes. Xa subín as que atopei das parroquias que non tiñan foto e outras máis, pero se alguén atopa algunha outra foto de interese que aínda non teña indicada a licenza libre, que me avise e falo con el para pasala a Commons. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de xuño de 2017 ás 22:15 (UTC)[responder]

Concurso de fotos do mar con licenza libre e Plan de Acción de Software Libre 2017

Acabo de atopar que a asociación Xeopesca organiza un concurso de fotografía mariñeira con imaxes con licenza libre. Quizais esta sexa unha oportunidade de conseguir novas fotos libres, e seguro que será unha boa oportunidade de promocionar as licenzas libres. A maiores, nas bases fálase de " Plan de Acción de Software Libre 2017" da Xunta de Galicia, ó mellor a Galipedia podería organizar algunha actividade de promoción/mellora dentro dese plan...Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de xuño de 2017 ás 08:25 (UTC)[responder]

peaxe

Ola! Alguén (Usuario:Beninho?) pode facer dúas novas versións desta imaxe, que poñan "Peaxe / Peaje" e "Peaxe / Toll"? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de agosto de 2017 ás 07:05 (UTC)[responder]

Feito
Sinal de tráfico indicativa de peaxe en galego e inglés.
Sinal de tráfico indicativa de peaxe en galego e castelán.
--Pontevedra78 conversa 22 de agosto de 2017 ás 23:35 (UTC)[responder]

"de" ou "sobre"

Cómpre unificar criterio sobre a forma das categorías imaxes.... --. HombreDHojalata.conversa 13 de agosto de 2017 ás 11:17 (UTC)[responder]

Non se atopou a categoría "Imaxes por tema"
Eu avogo por "Imaxes de..."; habería forma de unificalo cun bot? --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de agosto de 2017 ás 11:28 (UTC)[responder]
Ups! Eu inclínome por "sobre". É mais inclusivo.
Inda que quizais debamos escoller unha opción ou outra dependendo da temática. P. ex. "de+toponimo"; "de+personalidades", porén: "sobre+arte"; "sobre+ciencia"; etc.
Notade, en calquera caso, que estamos a falar de moitiiisimas categorías. Ide despregando, premendo nos trianguliños, e veredes que saen máis e máis e máis subcategorías. --. HombreDHojalata.conversa 13 de agosto de 2017 ás 19:57 (UTC)[responder]
Eu, por eufonía, prefiro de nos casos de imaxes de edificios, de persoas, de obxectos e de símbolos; pero sobre nos demais casos (refírome só á lista principal, non ó que poida xurdir nesas subcategorías. É dicir, que as dúas opcións poden coexistir, segundo o caso será preferible unha ou outra. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de agosto de 2017 ás 20:23 (UTC)[responder]

Comentario Cando teñamos un criterio establecido, marcade as categorías que haxa que renomear con {{Redirección de categoría}} e móvoas eu co bot. Banjo tell me 13 de agosto de 2017 ás 20:27 (UTC)[responder]

Conversa antecedente desta, dé temática relacionada, é esta, na que participaron @Lameiro:, @Xoacas: e @Xas:. --. HombreDHojalata.conversa 14 de agosto de 2017 ás 07:08 (UTC)[responder]