Wikipedia:A Taberna (imaxes)/Arquivo 5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo da sección A Taberna (imaxes) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

Dereitos tras 70 anos da morte do autor[editar a fonte]

Ó face-lo artigo sobre Enrique Campo vin que temos na Galipedia e Commons unha chea de debuxos seus, so pretexto de que xa están libres ó pasar máis de 70 anos da morte (morreu en 1911). ¿Estamos seguros? ¿Podemos, de verdade, escanear calquera cousa de quen morrese hai máis de 70 anos? Tede presentes que o debuxo, cadro ou o que sexa é propiedade dalguén -neste caso, do Museo de Pontevedra- e non me acabo de crer que poidamos nós utilizalos sen máis. Eses debuxos que temos proceden, segundo a descrición da imaxe, dunha obra publicada en 1935 por Ramón Sobrino (morto en 1946). De Enrique Campos teño unha chea de debuxos de petróglifos, igrexas, baldaquinos e cousas semellantes que virían moi ben para distintos artigos da Galipedia. E penso agora en Sarmiento e os seus mapas, ou nas miñas enciclopedias de arte. Demasiado bo para ser certo que se poidan escanear. Pedro --Lameiro (conversa) 17:24, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)

O Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, regularizando, aclarando y armonizando las disposiciones legales vigentes sobre la materia di "Artículo 26. Duración y cómputo. Los derechos de explotación de la obra durarán toda la vida del autor y setenta años después de su muerte o declaración de fallecimiento".
No seguinte artigo pon límite ás obras póstumas, que o caso que nos ocupa: "Artículo 27. Duración y cómputo en obras póstumas, seudónimas y anónimas. 1. Los derechos de explotación de las obras anónimas o seudónimas a las que se refiere el artículo 6 durarán setenta años desde su divulgación lícita. (...) 2. Los derechos de explotación de las obras que no hayan sido divulgadas lícitamente durarán setenta años desde la creación de éstas, cuando el plazo de protección no sea computado a partir de la muerte o declaración de fallecimiento del autor o autores".
Logo especifica o modo de computar eses prazos: "Artículo 30. Cómputo de plazo de protección. Los plazos de protección establecidos en esta Ley se computarán desde el día 1 de enero del año siguiente al de la muerte o declaración de fallecimiento del autor o al de la divulgación lícita de la obra, según proceda".
Eu interpreto que os dereitos de explotación das obras de Enrique Campo venceron en 1981, salvo no caso das súas obras inéditas, que vencerá ós 70 anos de seren creadas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:54, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)
O caso, Xoacas, é que esa lei fala da propiedade "intelectual" do autor da obra, e por aí as cousas estan efectivamente claras. Pero eu pregúntome pola propiedade física, material, do obxecto artístico. Esa lei comeza dicindo que "Los derechos de autor son independientes, compatibles y acumulables con: 1. La propiedad y otros derechos que tengan por objeto la cosa material a la que está incorporada la creación intelectual". É dicir, prevé que existan outros dereitos ademais dos do autor. Aí estaba, e está, a miña dúbida. Pedro --Lameiro (conversa) 11:25, 2 de xaneiro de 2011 (UTC)
Os dereitos de autor das persoas que morreron hai máis de 70 anos xa expiraron, pero eses só son os dereitos das obras orixinais deses autores, os dereitos de autor dos libros e outras obras derivadas que se fagan con eses debuxos, fotos, etc, entendo que non rematan ata que pasen outros 70 anos, o que non sei é dende cándo, si dende a súa publicación ou dende a morte do seu editor... É dicir, si temos obras orixinais dun autor falecido fai máis de 70 anos podemos facer as obras que queramos, nós temos os dereitos desa obra derivada e podemos liberar esa obra derivada sen problema. Si pola contra, o que temos é un libro ou outro material que mostra a obra do autor, os dereitos pertencen á persoa/¿empresa? que fixo a edición, e nese caso non sei moi ben cándo rematan os seus dereitos. No exemplo a obra é de 1935 co cal os 70 anos estarían cumplidos, pero a morte do editor foi en 1946 e si os dereitos se basan nesa data o libro non quedaría libre ata o 2016. Habería que revisar isto porque ó mellor esas imaxes non son adecuadas para estar en Commons, cando teña un momento mirarei a ver dende cándo se contan os dereitos das obras derivadas.
Por iso non concordo co que di Xoacas dos dereitos de explotación das obras, si un editor fai un libro do Quixote, obra claramente libre de dereitos de autor, o seu libro ten os dereitos de autor do editor como obra derivada (isto é porque o que é libre na obra do Quixote é simplemente o texto, o editor no seu libro pode engadir gran cantidade de traballo, dende un tipo de letra, composición, etc, ata comentarios, notas, estudos, adaptacións, etc, propio que é o que lle da os dereitos de autor de todo o libro), polo que o contido exacto do libro non está libre...
Si os debuxos que tes son orixinais (non valen facsímiles xa que esas son obras derivadas con dereitos de autor dos que as publicaron) podes facer tódalas obras derivadas (fotos ou o que sexa) que queras que terás ti tódolos dereitos de autor.
Que, no exemplo, as obras sexan propiedade do museo de Pontevedra non é relevante, xa que eles non teñen os dereitos do libro publicado por outras persoas. Si teñen os dereitos de tódalas obras e mercadorías que xeneren derivadas deses debuxos. Esa obra, a orixinal, xa non ten dereitos de autor (e eles tampouco teñen os seus dereitos, só teñen a propiedade da obra) e toda persoa que teña acceso a ela pode xenerar de forma gratuita obras derivadas, que lle darían dereitos de autor. É dicir, que se imos alí e lle facemos unha foto, esa foto é propiedade nosa. Eiquí entramos na disputa das fotos nos museos, pero polo que me parece, actualmente xa se debe permitir en case todos, polo menos en tódolos museos públicos, a realización de fotos sin usar o flash pero permitindo o uso do trípode, sempre que non se moleste ó resto de visitantes (nalgúns hai que avisar previamente).
Sobre as túas enciclopedias de arte, está claro, mantéñense os dereitos de autor dos editores, o que habería que saber é cándo rematan os seus dereitos, se ós 70 anos da súa publicación ou ós 70 anos da morte do editor...Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:37, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)
Semella moi lóxico o que dis: eu podo face-lo uso que queira se teño un orixinal meu dun artisto morto hai máis de 70 anos, pero non se o que teño é unha edición -mesmo facsímile- que conteña material dese mesmo artista. Supoño que este sería o resumo. Naturalmente, eu non teño os orixinais (¡quen me dera!), que hoxe son propiedade do Museo de Pontevedra, forman parte dos seus fondos e creo que si é relevante: terán que ser eles quen autorice o seu uso en calquera publicación, supoño. Pero o problema, volvendo ó caso concreto dos debuxos de Enrique Campo é que: a descrición das imaxes que temos en Commons di que están tiradas dun libro de 1935. Tes dúbidas se conta desde a edición (xa serían libres) ou desde a morte do editor (aínda non serían libres). Pero eses mesmos debuxos -algúns deles, claro- publícanse noutro libro sobre baldaquinos de 1984; hai un sobre petróglifos que creo é de 1990 máis ou menos, hai un catálogo da exposición que fixo o Museo en 1995; teño outro libro con cousas da historia de Pontevedra de 2006. E en todos eles hai debuxos de Enrique Campo. Así, nunca se van acabar os dereitos. É a historia interminable. E se eu escaneo un debuxo da edición de 2006 ¿quen me demostra que non é da edición de 1935? Bueno, xa nos contarás qué descubres e por onde podemos agarrarnos a unha excepción transacional, porque hai unha verdadeira canteira ó alcance das nosas mans. Pedro --Lameiro (conversa) 13:10, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)
Se escaneas as fotos dun libro editado no 2006 ou doutro editado en 1935 si non hai diferencias nos escaneos ninguén poderá dicirche nada. Pero é de esperar que un libro editado en 2006 teña máis calidade que un de 1935..., aínda que ti tamén poderías retocar as túas fotos para facelas pasar polas escaneadas do libro de 1935 e entón..., quizáis algún experto neses libros e informática podería dicirche algo, o resto dos mortais non, pero sempre estarías en perigo de que alguén nalgún momento puidese descubrirte, xa sabes o dito, Se coje antes a un mentiroso que a un cojo ;). --Elisardojm (conversa) 13:31, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

Teño que disentir no relativo ó que dicides sobre as obras derivadas. A lei antedita di: Artículo 11. Obras derivadas. Sin perjuicio de los derechos de autor sobre la obra original, también son objeto de propiedad intelectual: 1. Las traducciones y adaptaciones. 2. Las revisiones, actualizaciones y anotaciones. 3. Los compendios, resúmenes y extractos. 4. Los arreglos musicales. 5. Cualesquiera transformaciones de una obra literaria, artística o científica. Unha publicación na que estean recollidas as ilustracións das que falamos é unha obra literaria en si, pero as ilustracións mesmas, se están reproducidas de maneira fiel, non son obras derivadas, son unha simple reprodución da obra orixinal. O traballo da persoa que escaneou esas ilustracións (artigos 10 e seguintes) non xenera dereitos de autor, pero a obra gráfica si: tipografía, deseño, maquetación etc. Isto ven coincidir coa política seguida en Commons de admitir imaxes provenientes de calquera sitio web mentres esas imaxes sexan de obras cuxos dereitos de autor caducaron.

Por outra banda os editores non teñen dereitos de autor, pois non son autores, a non ser que lles fosen transmitidos polo propio autor ou os seus herdeiros, pero nese caso caducarían, de novo, ós 70 anos da morte deste. De todos modos esta última posibilidade sería un caso anómalo, o habitual é que o vínculo existente entre o autor e o editor sexa o establecido por medio dun contrato de edición (arts. 58 e seguintes), que mantén nas mans do autor ou nos seus herdeiros os dereitos correspondentes ó autor.

No relativo ó que di Lameiro sobre os "otros derechos que tengan por objeto la cosa material a la que está incorporada la creación intelectual", no artigo 3, non de deixes enganas pola linguaxe dos xuristas, que sempre deixan a porta aberta á continxencias imprevistas. En calquera caso, ó mencionar a modo de exemplo o dereito de propiedade entendo eu que fala de hipotéticos dereitos alleos ós derivados a autoría. Sobre o que di Elisardo, "Si os debuxos que tes son orixinais (...) podes facer tódalas obras derivadas (...) que queras que terás ti tódolos dereitos de autor", tampouco é así: precisamente polo artigo 3 o autor conserva os dereitos derivados da súa autoría ainda que transmita a outro a propiedade da obra. Por iso non é doado publicar catálogos de arte, hai que contar co permiso do autor e do propietario ó mesmo tempo.

Eu recomendaría que nestes casos nos cinguísemos ó expresado na lei, na súa literalidade. As suposicións e deducións de pouco valen. Esta lei é moi breve no que se refire ós dereitos do propio autor, está feita para deseñar os mecanismos de recadación do lucro ó que aspiran os editores, en especial os da industria audiovisual, de modo que pouco espazo hai ás interpretacións, temos dabondo coa letra. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:16, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

Teño unha dúbida concreta sobre unha imaxe. O outro día merquei un libro de Valle-Inclán (que finou hai hoxe 75 anos) de 1926. Podo escanear a capa? --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:27, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)
Se tes constancia de que o autor da capa morreu hai máis de 70 anos, os seus dereitos expiraron xa e pódese empregar o seu deseño na Wikipedia. Se non tes constancia non. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:13, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)
E si a capa é unha reprodución exacta do orixinal sen ningún engadido dos editores. Aínda que podería escanearse e recortar a/s parte/s engadidas polos editores, e así si que valería, ¿non?... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:29, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)

Algunhas cousas que tiña eu pensadas estaban erradas e noutras expliqueime mal. Eu non quería dicir que os editores recibiran os dereitos de autor, quería dicir que teñen os dereitos da súa obra derivada, como quería explicar co exemplo das edicións do Quixote.

Sobre o de si Lameiro tiña os debuxos orixinais referíame a que tivera os debuxos orixinais do señor ese que morreu en 1935, co cal xa non habería dereitos do seu autor orixinal. Si el fai fotos deses debuxos, penso que iso sería unha obra derivada, xa que a súa foto podería ter unha parte técnica e artística co cal Lameiro tería os dereitos de autor desas fotos, e polo tanto, se quixera podería ceder eses dereitos á comunidade. O que non caera é que si simplemente escanea eses debuxos e non lles fai ningún tratamento entón non se considera obra derivada. Entendo que de obras de autores que xa non teñen dereitos de autor porque os autores finaron pasados máis de 70 anos si se poderían facer catálogos sin problema (tendo permiso do propietario obra), ¿non?.

E outra cousa Xoacas, entón según o que comentas, ¿as reproducións facsímiles non xeneran dereitos para os que as crean?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:52, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)

Polo que eu deduzo lendo a lei esa, non os xeneran. Sobre as reproducións desas ilustracións: non estamos falando dunha obra fotográfica que reflicta esas ilustracións (na que o autor estaría introducindo algo da súa colleita), estamos falando dunha simple reprodución delas (por exemplo, un escaneado), de modo que non é unha obra derivada. Pero visto que non chegamos a un acordo, eu tiraría polo camiño fácil: escanear as imaxes e subilas a Commons. Se en Commons deciden que poden quedar, quedan, e nós usámolas, e se deciden que non, que se lle vai facer. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:13, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)

Acabo de revisar algunha información en Commons e polo que entendo tes ti razón Xoacas, as reproducións facsímiles non xeneran novos dereitos de autor xa que non engaden ningún material novo á obra orixinal, así que os usuarios que teñan obras en formato facsímile poden escanealas e poñelas en Commons, sempre e cando a obra orixinal xa non teña dereitos de autor, por suposto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:29, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)
¿Seguros? Teño facsímiles abondo para coller fotos e debuxos de toda clase e condición para enche-la nosa biblioteca de imaxes. Se poño a traballar o escáner, subo as imaxes a Commons, alí non as borran pero... ó cabo remato en chirona por pirata ¿quen me vai leva-lo bocadillo? Onte vin outro caso parecido cunha foto do Perfecto Feijoo de 1901 que procede do arquivo gráfico do Museo de Pontevedra. Tamén a rede está chea de reproducións de imaxes de artistas e fotógrafos mortos hai máis de 70 anos. ¿Nesta casa non temnos ningún avogado? ¿Facémonos de Legalitas e preguntamos? Saúdos e felices Reis. Pedro --Lameiro (conversa) 10:32, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)

Imaxe da semana 3[editar a fonte]

Por favor, votade e propoñede imaxes. Cúmprenos pechar unha imaxe da semana e dúas delas están a un voto da legalidade. [1]. Estamos sempre pechando as votacións ao límite. Saúdos. --Xas (conversa) 15:19, 16 de xaneiro de 2011 (UTC)

Necesito imaxes[editar a fonte]

Necesitaría unha fotografía dun dos carteis que permitían fumar e que ata hai 15 días podiamos ver en case tódolos bares. ¿Alguén tivo a precaución de tirar unha foto? A falta de pan, ¿pódese utilizar unha destas imaxes? Supoño que neste tema non cabe falar de dereitos e copyrights, pero prefiro preguntar antes. Pedro --Lameiro (conversa) 20:17, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

¿Categoría de imaxes sobre saúde?[editar a fonte]

Quero subir fotografías das advertencias dos paquetes de tabaco pero o máis parecido é unha categoría:imaxes sobre Medicina (¿por que a maiúscula?), que non me acaba de cadrar para isto: preferiría categoría:imaxes sobre saúde. Nesta categoría -chámese saúde ou medicina cadrarían tamén as imaxes que temos sobre anisaquis e sóame que hai algunha sobre feridas. E non sei se haberá de hospitais, centros de saúde. Dubido moito que as teñamos sobre enfermidades. ¿Algunha idea a efectos de manter ou renomear esa categoría? Pedro --Lameiro (conversa) 18:59, 22 de xaneiro de 2011 (UTC)

Eu concordo contigo. A miña única dúbida é onde colocar esta nova categoría. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:08, 22 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • O seu sitio sería en Categoría:imaxes de Ciencia, pero temos tres problemas que resolver:
    • Aclararnos sobre o uso de maiúsculas (Imaxes de Astronomía, de Farmacia, sobre Linguística, sobre Medicina) e minúsculas (Imaxes sobre botánica, sobre climatoloxía, sobre meteoroloxía, sobre xeoloxía). Semella que diferenciemos entre ciencias de primeira e de segunda.
    • Aclararnos sobre o uso de Imaxes de ou de Imaxes sobre.
    • E o máis gordo: se substituímos Medicina por Saúde, hai que meter Farmacia como unha subcategoría desta nova categoría Saúde. Tampouco pasaría gran cousa -ó fin son todo ciencias da saúde- e permitiríanos subdividi-la categoría Categoría:Imaxes de ciencias da saúde en
      • Imaxes de centros hospitalarios (hospitais, residencias, clínicas, centros de saúde...)
      • Imaxes de equipos médicos (¿ou instrumental médico?) (ambulancias, instrumental cirúrxico, ortopedia...)
      • Imaxes de medicina (Facultades, enfermidades, parasitos, lesións, operacións, saúde pública (advertencias de saúde, sinaléctica...)
      • Imaxes de veterinaria (facultade de Lugo, clínicas veterinarias, enfermidades veterinarias...)
      • Imaxes de farmacia (a serpe das boticas, tarros das boticas, formatos de medicamentos...)
    • Quédanos por sistematizalo mellor, pensar en conceptos que un día necesiten categorización (tanatorios, gráficas relacionbadas coa saúde, mapas epidemiolóxicos). Non sei se quizais habería que buscarlle sitio tamén ás imaxes de personalidades da medicina, da farmacia e da veterinaria -ou de placas conmemorativas dalgún tipo-. Pensado así, con máis calmna, máis complicado o vexo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:31, 22 de xaneiro de 2011 (UTC)
Completamente de acordo sobre o que dis. Habería que reformular todas (ou moitas delas) as categorías de imaxes. A ver se o podemos ir facendo pouco a pouco. Anoto as túas ideas. Sobre a túa pregunta inicial: existe unha Categoría:Imaxes de saúde e hixiene que quizais fose provisionalmente axeitada para as imaxes que dis. --Xas (conversa) 19:37, 22 de xaneiro de 2011 (UTC)

Problemas coa segunda imaxe[editar a fonte]

Non enbtebdo por que, pero non me deixa carga-la nova versión do rapto de Europa de Botero co nome correcto. Agora chámase "Fernando_Botero_El_rapto_de_Europa_01-01.jpg" pero dime que "Un ficheiro idéntico a este ("Ficheiro:Fernando Botero El raspto de Europa.jpg") foi borrado previamente. Debería comprobar o historial de borrados do ficheiro antes de proceder a cargalo de novo. Por favor, modifique a descrición do ficheiro e inténteo de novo". A foto é a mesma, pero co nome corrixido (vede que o nome do ficheiro non é "idéntico"), e non hai forma. Vou esperar a mañá, a ver que pasa. Pedro --Lameiro (conversa) 13:37, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Algo semellante pasoume a última vez que carguei unha foto. Cargueina e trabuqueime no nome que lle din, así que a eliminei, e despois non me deixaba cargala. Non sei como fixen para que finalmente me deixara. Igual mañá, coa caché eliminada te deixa. --Alberte Si, dígame? 15:54, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Leite galego 100%[editar a fonte]

Non sei por qué, pero non se visualiza a fotografía Ficheiro:Cartel Leite galego 100% 01-02.JPG que subín hai pouco para o artigo Galega 100%. A foto está, porque si clicas sobre o enlace podes vela, pero nin se ve nas imaxes nin no artigo. ¿Pode deberse a ese carácter "%"? Non me veñades co da caché, porque sempre que subo unha foto vese inmediatamente. Espero a vosa axuda. Pedro --Lameiro (conversa) 17:24, 13 de febreiro de 2011 (UTC)

Pois non digo nada da caché, logo ;P... E non creo que sexa polo "%", mais non estou certo de todo. Agarda a mañá, a ver se se arranxa só. --Toliño Fala aquí comigo 20:11, 13 de febreiro de 2011 (UTC)
Pasaron 24 horas e a imaxe segue sen verse. ¿Borrámola e subo outra con outro nome? ¿Deixarame facelo? Pedro --Lameiro (conversa) 17:28, 14 de febreiro de 2011 (UTC)
Eu tamen anduven ollando, quero subila a commons. Tiraches a foto con un aparato novo ? Intenta outra subida con outro nome. Para borrar esta ainda queda tempo, polo caso que alguèn vexa o truco e aprendemos.Elvira (conversa comigo) 18:55, 14 de febreiro de 2011 (UTC)
Ola Elvire. A cámara é a mesma que uso desde hai un ano: por aí tampouco está o problema. Intentei subi-la mesma imaxe con outro nome (cambiando o 100% por 100x100, e non me deixou. Así que collín outra e recorteina máis. E subiu sen problema: Ficheiro:Leite galego 100x100.jpg, así que xa está resolto, aínda que sigamos sen sabe-la causa do primeiro rexeitamento. Vou cambiala agora no artigo. Unha alegría verte por aquí. Un bico, Pedro --Lameiro (conversa) 19:47, 14 de febreiro de 2011 (UTC)
Minha beizòn Lameiro ! Xa esta en Commons, a ver si logo paso a pàxina a wiki francesa. A primeira imaxe teremos que borrala. Elvira (conversa comigo) 22:50, 14 de febreiro de 2011 (UTC)
Mándoa borrar sen problema, pero ¿non dicías que era bo deixala estar ata que alguén descubra a causa do problema? Toliño, por exemplo... Foto xa a temos, así que se pode servir de material de estudo, quede, pero se non, ó lixo. Non sei se sabes que a orixe desta marca é incentivar o consumidor galego a que consuma leite de aquí, non leite francés ou polaco, que nos está invadindo. Pedro --Lameiro (conversa) 23:23, 14 de febreiro de 2011 (UTC)

Fotos da AELG[editar a fonte]

Hoxe atopei que na web da Asociación de Escritores en Lingua Galega teñen unha galería fotográfica de cada un dos socios, e ó final da páxina pon: "* Esta sección da web da Aelg pon a libre disposición da sociedade material gráfico dos asociados/as. A única condición será a de citar a autoría ou fonte das fotos utilizadas.". ¿Collemos esas fotos e mandámolas todas para Commons?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:09, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Si, pero espera un pouco, porque creo que o van ir facendo pouco a pouco os usuarios Ramiro Torres e Alfredo Ferreiro baixo a supervisión de Xas. A AELG quere contribuír coa Galipedia, e puxéronse haberá preto dun mes en contacto comigo para que lles botasemos unha man con imaxes e formato dos contidos. --Atobar (conversa comigo) 01:13, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Moi boa noticia. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:19, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

  • Si, xa llelo trasladei. Unha aposta polo futuro da lingua en toda regra. E ademais poucos novos usuarios se adaptan tan extremadamente como Ramiro Torres, que todos os días está aí choiando polas mañás. En fin, que moi boa nova, si señor. --Atobar (conversa comigo) 01:21, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
Ah, pois moi ben, si precisan dalgo que non dubiden en avisar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:06, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
Desta fonte trouxeron as fotos que temos no artigo de Uxío Novoneira. Fíxoo Lmbuga a través de Flickr. Pedro --Lameiro (conversa) 16:00, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
Na miña modesta opinión, pódense subir imaxes desa fonte cando se desexe e sempre que se cite na orixe o lugar do que se recolle. Eu consideraria de bo gusto que mesmo no título aparecese o texto "Foto da AELG"-- Lmbuga / Conversa comigo  20:53, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Ahá. Eu onte falei con Ramiro Torres e espértanseme máis dúbidas:

  1. Moitas das fotografías na web da AELG non sinala quen é o autor.
  2. Incluso nos casos en que si se sinalan, debemos asumir que os autores llelas cederon á AELG cunha licenza de distribución libre, ou hai que especificar como noutros casos por escrito o tipo de cesión que fai o autor?

Gustaríame que me désedes a bosa opinión --Xabier Cid Talk, please 06:17, 26 de marzo de 2011 (UTC)

  • Xabier, pregunto: hai algunha maneira de que a AELG as libere única e exclusivamente para a Galipedia? Outramente, o modo máis sinxelo de subilas de corrido pasa por lle pedir á asociación que confirme que as imaxes teñen unha licenza de distribución libre. E se, por escrito, din que tal é o caso, eu entendo que o problema estaría solucionado. É así? --Atobar (conversa comigo) 10:05, 26 de marzo de 2011 (UTC)
  • Xabi, o tema é: se a axencia Magnum decidise libera-lo seu arquivo para a Wikipedia sería válido ou habería que pedir permiso tamén a cada fotógrafo (ou herdeiros)? Penso que se a AELG é propietaria das imaxes pode figurar a asociación como orixe. Porén, non son un sabio na materia, seguramente saibades máis ca min. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 18:30, 26 de marzo de 2011 (UTC)

Eu penso que non hai que liarse tanto. A páxina di que son fotos que a AELG pon a libre disposición da sociedade co único requisito de citar a autoría ou a fonte das fotos. Pois entón si ten o autor indicámolo, si non ten autor entón indicamos a fonte, a páxina web da AELG. Si a AELG pon esas fotos a libre en libre disposición debe ser porque ten os seus dereitos ou permiso para liberalas, digo eu... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:13, 27 de marzo de 2011 (UTC)

Vou por partes,

  • Elisardojm, hai que liarse o que faga falla. Subir imaxes que teñen © á wikipedia non é como subir imaxes con © ao noso blog, porque comprometemos todo o proxecto, non esa páxina concreta da wikipedia 40ª. A cuestión é que non sabemos se a AELG ten autoridade legal pra poñer a libre disposición da sociedade algo que evidentemente non é seu.
  • Atobar: como regra, unha licenza que dispuxese que os contidos só poden ser utilizados na Wikipedia non sería compatible coa Wikipedia. A licenza da Wikipedia ten que garatir que os seus contidos poden ser reempregados noutro sitio calquera, mesmo por alguén que saque cartos deles.
  • Alberte: a cuestión é que a Magnum asinou un contrato cos seus fotógrafos. E o problema está nas condicións en que estas fotos foron cedidas a /apropiadas pola AELG, que non sabemos cales son, se as houbo.

Proposta de solución[editar a fonte]

Creo que unha solución é crear unha etiqueta particular que sinale as obras procedentes do catálogo da AELG, onde se recolla:

  1. quen é o autor real (as fotos que non teñen autor real non poderían ser publicadas)
  2. que a wikipedia emprega ese material baixo o entendemento de que foron cedidas polos autores á AELG nas condicións que sinala a AELG na súa licenza
  3. que recolla a literalidade da licenza da AELG
  4. que alguén de nós chequee antes os usos da foto, non vai ser que a foto xa fose distribuída con @ dende hai meses ou anos noutros lugares.

Parécevos? --Xabier Cid Talk, please 09:23, 27 de marzo de 2011 (UTC)

A min paréceme bastante correcto. Entendo todas as restricións e consideracións que se deben ter por temas legais (que coñecedes moito mellor ca min). En todo caso, esa posibilidade de crear unha etiqueta particular paréceme bastante correcta. De todos os xeitos, para clarexar as dúbidas que hai sobre as condicións desas fotos da AELG, hai a posibilidade de comentalo directamente coa Asociación e preguntarlles (a súa predisposición, segundo me consta, é aberta e favorábel a colaboraren no necesario). Que opinades? Ramiro Torres 11:50, 27 de marzo de 2011 (UTC)

A min, moi ben. --Xabier Cid Talk, please 12:14, 27 de marzo de 2011 (UTC)
A min tamén moi ben. A partir de agora sígovos lendo a discusión Imaxes-AELG, mais á calada, que eu destes temas pouco ou nada. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:36, 27 de marzo de 2011 (UTC)
Adiante Xabier, é mui importante propor soluciòns legais. È dificil concientizar ca liberdade individual (tirar unha foto sin contar ganar un euro e intentar con ela dar informaciòn de balde) esta restrinxida polo mercado economìco da imaxe, mercado protexido de xeito diferente en cada paìs. Entendo mui ben a desilusiòn de usuarios de boa vontade e que poden pensar co problema esta nos proxectos Wikimedia, elles dificil entender o problema economico. Saùdos para todos e ànimo para Ramiro Torres Elvira (conversa comigo) 13:05, 27 de marzo de 2011 (UTC)
Eu tamén estou dacordo en que si hai posibilidade de comentar o tema coa AELG, será o mellor para ter máis información desas fotos e ver o que se pode facer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:32, 27 de marzo de 2011 (UTC)

Fixen unha proposta de etiqueta en User:Xabier Cid/Proba Marcador AELG. Dádeme a vosa opinión, por favor. --Xabier Cid Talk, please 14:25, 28 de marzo de 2011 (UTC)

Eu véxoo moi ben. Queredes que envíe eu o correo á AELG explicando a situación para que quede clara a situación das fotos? Ramiro Torres 20:15, 28 de marzo de 2011 (UTC)

No modelo sae CC by 2.0 pero a ligazón vai a CC by 3.0. Supoño que se quería dicir 3.0, non? --Alberte Si, dígame? 20:47, 28 de marzo de 2011 (UTC)

Eu tamén vexo ben a etiqueta, amañando o detalle que comenta Alberte, pero estou tamén con Ramiro en preguntar antes á AELG para ter máis información sobre o tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:10, 28 de marzo de 2011 (UTC)

Moi ben, pois agardo a que Ramiro Torres fale con eles. --Xabier Cid Talk, please 00:14, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Gústame a proposta de Xabier. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:56, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Bos días. Xa recibín o correo de resposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega Botádelle un bo ollo porque define, creo, bastante ben o das imaxes:

"Prezado Ramiro Torres,

Dou resposta ás preguntas que formulas na túa comunicación:

Entendo perfectamente que hai que garantir o libre acceso ás fotos para "blindar" o proxecto da Galipedia nestes temas.

Por tanto, indicámosche que da Fototeca da AELG SÓ deberedes utilizar as fotos coas seguintes autorías:

Santos-Díez (Ollo de Vidro-ACAB), Eduardo Castro Bal fotos que foron encargadas directamente pola AELG, con financiamento público por tanto (concretamente da Deputación da Coruña a través de diversos convenios anuais) e das que podemos garantir a todos os efectos que son de uso libre.

O resto das fotos, incluíndo aquelas que indican 'Arquivo AELG', é mellor non utilizalas na Galipedia: nós temos o permiso dos escritores/as que nolas facilitaron para os efectos de subilas a cadansúa fototeca na web da AELG, quen á súa vez o teñen dos fotógrafos/as, mais verbalmente. A Asociación decidiu subilas nestas condicións, até o momento sen problema ningún, mais entendemos que non deberían subirse á Galipedia.

Espero ter resolvido as túas dúbidas en canto ao uso das fotografías da sección "Fototeca" da web da AELG.


Aproveito para indicarche que existen máis fondos fotográficos na web da AELG www.aelg.org: a sección "Actividades" ten unha subsección "Memoria de Actividades", que permite ver un resumo de todas as iniciativas da AELG, acompañado nos máis dos casos dunha galería fotográfica. Poño un exemplo:

http://www.aelg.org/GetActivityCategories.do

Aí podes escoller por grupos de actividades. Collemos unha, por exemplo, Encontros de Escritores/as Novos, e dentro dela a edición IV:

http://www.aelg.org/GetActivityById.do?id=143

Nela podemos acceder á galería fotográfica:

http://www.aelg.org/GetActivityPhotos.do?id=143

Pois ben, se nalgún momento queredes utilizar fotos destas galerías -e dado que como podes ver aínda non temos preparada a administración da web para indicar a autoría destas fotos, e tendo en conta ademais que NON TODAS ELAS foron encargadas por nós-, quedamos á vosa disposición para esclarecervos cales podedes utilizar, dado que no noso arquivo si nos consta a súa orixe e por tanto se son ou non de uso libre.


Aproveito tamén para comunicarvos á comunidade da Galipedia outros contidos da web, con indicación de se son ou non de uso libre:

Vídeos (por seccións):

Videoteca de obras (os escritores/as recitan/len obras súas e dos seus autores/as favoritos/as: http://www.aelg.org/Centrodoc/GetWorksWithVideos.do . Pódense usar todos os gravados desde 2007 en diante.

Entrevistas a Socios/as (particularmente interesantes son as respostas á pregunta 'Por que comecei a escribir': http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorsWithInterviews.do . Pódense usar todos os gravados desde 2007 en diante. Non se utilizarán nunca aqueles cuxa fonte é a TVG.

Vídeos das polafías: http://www.aelg.org/Polafias/MainPage.do . Pódense usar todos sen excepción, tamén as súas trascricións.


Contidos didácticos:

http://www.aelg.org/DidacticSpace/MainPage.do

NON SON DE USO LIBRE, dado que pertencen aos seus autores/as. Podedes, claro, referencialas.


O Territorio do Escritor:

Por se tedes interese nesa sección, na que hai dúas subseccións:

O escritor/a e o seu territorio: http://territorio.aelg.org/ShowTenantByCouncil.do . Aquí igual pode ser de interese o feito de haber un banco de fotos das casas dos escritores/as. Tomo como exemplo a Avilés de Taramancos: http://territorio.aelg.org/AmosarTerritorioAutor.do?id=autor6&eMembro=true onde podedes descargar fotos de casas (e placas de rúas, etc) con alta calidade. As que poñan "AELG, (ano)" son todas libres e da autoría de Santos-Díez, e son a inmensa maioría. Este material podémosvolo facilitar en dvd para un máis fácil procesamento. NON É DE USO LIBRE A PARTE TEXTUAL, que pertence aos seus autores/as.

Roteiros literarios:Embora seren promovidos pola AELG na parte textual e de xeorreferenciación, non poderedes usar contidos de aquí, dado que a parte textual é dos respectivos/as autores/as e a parte fotográfica de "Patrimonio Cultural Galego".


Resumindo, a web da AELG e a Galipedia comparten o obxectivo de poñer a disposición da sociedade canto material de uso libre sexa posíbel para a promoción e visibilización do sistema literario.

É por iso que ficamos á vosa disposición para esclarecer cantas dúbidas teñades á hora de tomar material da web da AELG. Pregamos, si, que se cite que foi a AELG quen promoveu a xeración dos contidos. Agradecemos, por tanto, que se cite a web da AELG como fonte dos contidos.


Un cordial saúdo,

Ernesto E. Calo, secretario técnico da AELG".

Un pouco longo, pero creo que é ben interesante. Que vos parece? Ramiro Torres 10:44, 29 de marzo de 2011 (UTC)

WOW ---> iso é perfecto. Todo moi clariño. A miña dúbida é que formato lle damos a isto dentro da wikipedia. sta información tería que ser consultable sempre, como proba da licenza, pero non sei exactamente como deberiamos incluíla... Vou facer pescudas. Se alguén ten un exemplo de algo semellante, que avise. --Xabier Cid Talk, please 11:22, 29 de marzo de 2011 (UTC)
Creo que habería que facer unha páxina coma esta, Deutsche Footthek, e aí incluír o texto do correo enviado. Podes facer un .pdf do correo, para fixar o contido? —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xabier Cid (conversacontribucións) 29 de marzo de 2011 ás 14:30
(Conflito de edición) Pois si que tiña miga a cousa :). Agora ten razón Xabier que hai que buscar o xeito de incorporar esta información ós ficheiros que se suban. Eu penso que habería que usar o sistema de Commons de OTRS que é o que usan alí para estes casos. Penso que pode ser o máis adecuado, aínda que nunca o usei. Quizais podería facerse unha petición de OTRS para as imaxes e outra para os videos para que non se complicara tanto a cousa e penso que con iso xa quedaríamos cubertos...
Por certo, a sección O territorio do escritor é un mundo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:41, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Convénceme máis o sistema que propón Xabier: un marcador que dea unha explicación breve sobre a orixe do ficheiro e remita a outra páxina onde se dean todos os detalles, entre eles o pdf do mail de puxo Ramiro aí arriba. A modo de exemplo véxase este ficheiro, que ten todos os sacramentos. Agora veño eu ca miña eterna cuestión: compensa subir todos eses fondos á Galipedia ou mellor a Commons? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:10, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Se se soben a Commons non queda máis volta que facer a petición a OTRS. É moito máis latoso, pero creo que máis eficaz --Xabier Cid Talk, please 13:14, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Eu voto por Commons, estarán dispoñibles para tódalas wikis e penso que iso é bó. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:10, 29 de marzo de 2011 (UTC)
Eu tamén voto para recoller as fotos en commons. Maìs de non sere a subida a commons unha regra, temos que levar a cabo un marcador na Galipedia, inda que pode ser o mismo co que se prepara para commons (eso no no sei). Elvira (conversa comigo) 06:44, 11 de abril de 2011 (UTC)

Dereitos dun video[editar a fonte]

Boas, a ver que vos parece isto. Fixen onte un video dun escritor nun acto público recitando un dos seus poemas. ¿Podo subilo a commons?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:22, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Resposta propia dun avogado: ti súbeo, que se non podes xa cho dirán eles. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:53, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Podes subilo sempre que sexa de autoría propia, teñas permiso en caso de non ser un acto público ou poida haber dereitos reservados (Commons:OTRS) e estea en formato OGG-- Lmbuga / Conversa comigo  20:41, 11 de marzo de 2011 (UTC)
O video fíxeno eu, era un acto público e a única dúbida é de si terá dereitos reservados. A persoa que grabei é un escritor que nese acto leu un poema seu que ten publicado nun dos seus libros, está claro que o poema en forma escrita ten dereitos reservados. O que pasa é que el libremente recitou ese poema nun acto público e de acceso gratuíto..., ¿ten os dereitos de autor do video que fixen eu?, ¿perdeu os dereitos de autor sobre a versión en vídeo dese poema?. Ollo, que eu falo só dos dereitos de autor do video, o poema en forma escrita non se discute que ten os seus dereitos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:42, 11 de marzo de 2011 (UTC)
Non, non se pode. Tes que ter os teus dereitos polo vídeo, e os dereitos do autor polo texto, e os dereitos do performante. Dependendo do plano e protagonismo do vídeo, e de se é nun espazo de acceso público ou de acceso restrinxido —unha casa de cultura é de acceso restrinxido, a Rúa Nova é de acceso público— podes necesitar máis permisos. --Xabier Cid Talk, please 06:20, 26 de marzo de 2011 (UTC)
Era o que me temía, é unha mágoa porque valía ben a pena. Boeno, pois moitas grazas a todos polos comentarios, un saúdo, --Elisardojm (conversa) 00:36, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Eu son da mesma opinión que Xabier. En calquera caso, insisto en que unha opción é subilo a Commons, e que eles decidan. Un dos moitos inconvenientes de termos o noso propio repositorio de ficheiros é que ningún de nós é experto neste tema, mentres que os compañeiros de Commons controlan moito máis disto. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:55, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Tampouco tes por que facer pasar traballo a xente de Commons... A lei española é moi clariña niso e o acto grávase en España. Nun recitado de poemas, xéranse dereitos de propiedade polo texto e polo actuante. Se alguén o filma, ademais polo filmador. Non son un "experto" en imaxes, pero ata aí chego folgado. :) --Xabier Cid Talk, please 01:03, 29 de marzo de 2011 (UTC)
(CdE) Pero é que iso é un perigo..., o video é dun escritor bastante recoñecido e si por algunha razón hai algún problema cos dereitos (cousa bastante probable polo que estamos a comentar) e si por unha desas casualidades da vida sae ós medios de comunicación..., xa a liamos. Penso que neste caso é mellor ir sobre seguro e non tentar a sorte para non levar ningún disgusto, así que o único que podo facer é pedirlle permiso antes ó susodito, pero non sei si me animarei... Estou con Xabier. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:13, 29 de marzo de 2011 (UTC)

"Eu son da mesma opinión que Xabier" quere dicir que estou de acordo contigo. Estaba referíndome ó lío que supón ter que entender de todo, tamén de cousas de licenzas, cando hai outro proxecto irmán que está especializado neste tema, e parece que saben como facelo. De feito estou matinando a posibilidade de propoñer que a Galipedia prescinda do seu fondo de imaxes propias para transferilo a Commons e así aforrar desgustos, porque está claro que se alguén pode cometer erros xestionando imaxes somos nós máis ca eles. O difícil para min é inventar o sistema de transferencia, porque eu de bots entendo ben pouco. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:32, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Xa che pillara Xoacas, só achegaba máis datos para comentar que poñer calquera ficheiro en Commons pode dar os seus problemas e desgustos. Porque, como todo, Commons non é 100% fiable e con elementos sensíbeis hai que andar con pés de chumbo.
Sobre o que comentas de pasar as imaxes a Commons estou 100% contigo, de feito fai tempo que se comentara (na wiki en castelán) que a Fundación tiña pensado obrigar a tódalas wikis a facelo, supoño que esta idea estará freada/estancada pola situación da wiki en inglés e o seu fair use.
Polos bots non te preocupes que penso que hai bastantes que se poden encargar desa tarefa sen problema, eu podo encargarme de buscar axuda para este tema.
O maior problema que vexo eu, xa que estiven mirando tamén este tema fai uns días, é que o nome das categorías de Commons só pode estar en inglés. Aínda que Commons permite páxinas en diferentes idiomas, polo que eu mirei a semana pasada, as categorías só poden estar en inglés, hai unha petición en bugzilla para facer un apaño relacionado con isto pero non pillei exactamente o que van facer e tampouco sei cando se aplicará, si é que o fan ó final. Non sei como quedará a cousa pero polo momento penso que isto non se vai poder cambiar, o cal é o maior atranco que hai. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:03, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Imaxes para a Galipedia[editar a fonte]

Prezada comunidade: Quero lanzar unha pregunta aberta que me ronda desde hai tempo; non sei se hai resposta, pero quizais dea pé a un debate interesante. Xa levaba tempo matinando niso, pero hoxe foi a gota que encheu o vaso. Quixen ir tirar unhas fotos dun partido de fútbol de 3ª división, pero cobraban 10 € por entrar e pasei de todo.

O asunto é: Sería posible conseguir unha especie de "pase de prensa" para tirar fotos para a galipedia? Non penso só en eventos deportivos (fútbol, rugby, balonmán, o que sexa) ou culturais (concertos, recitais, presentacións de libros...), senón tamén políticos (acceder ao Parlamento galego, á Deputación, concellos ou mitins) artísticos (acceso a Museos, arquivos...) ou outras zonas restrinxidas á toma de fotografías (estacións de trens, aeroportos...).

Calquera achega da comunidade será benvida, aínda que só sexan ánimos. Ás veces sinto frustración por non poder tomar fotos de modo libre :/ --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:38, 27 de febreiro de 2011 (UTC)

Pois non che digo que non estaría ben, sería moi interesante para achegar imaxes de actualidade pero non teño nin idea de como funciona iso..., si queres pregunto na lista de correo a ver si alguén sabe algo do tema. Si che interesara tamén podería traducir en:Press pass... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:21, 27 de febreiro de 2011 (UTC)

Axuda[editar a fonte]

User:Orxeira (usuario ó cal descoñezo persoalmnete) subiu tres imaxes procedentes de Flickr. A min solicitoume axuda en Flickr. Estou a prestarlla. Corrixín os datos da primeira das imaxes pois recoñecina. Agradecería que alguén lle prestase axuda desde aquí, pois eu non quero facer estes labores. Ten ganas de colaborar, pero, polo que me dixo, é doado -creo- que se queime-- Lmbuga / Conversa comigo  20:36, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Fotos nas eleccións[editar a fonte]

Agora que veñen as eleccións municipais haberá un cento de eventos nos que se podería facer fotos dos alcaldes dos distintos concellos e dos alcaldables. Deixando de lado si o merecen ou non ;), si teñen artigo poden aproveitarse estes actos para pasar un rato e facerlles unha foto.... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:42, 31 de marzo de 2011 (UTC)

Imaxes a Commons?[editar a fonte]

Unha das cousas que se comentaron no encontro que fixemos en Pontevedra foi o de onde gardar as imaxes, si en Commons ou na propia Galipedia. A idea de poñer as fotos en Commons parece que ten bastante aceptación e a maior pega é que os nomes das categorías teñen que ser en inglés, e iso para os que non controlan ese idioma é un problema.

Commons é un proxecto multiidioma, tódalas páxinas de políticas, noticias, portadas, artigos, poden traducirse ó idioma que se queira, o sistema que usan é algo semellante ás ligazóns interwikis coa salvedade que esas ligazóns póñense ó comezo da páxina usando un modelo especial para iso, e que tódalas páxinas traducidas están nos servidores de Commons, é dicir, todas esas páxinas, sexan na lingua que sexan son de Commons. Podedes ver un exemplo aquí.

Por outra banda, a interface de Commons permite seleccionar o idioma de visualización e isto fai que tódalas mensaxes do sistema, si están traducidas, aparezan nesa lingua. A tradución destas mensaxes ó galego si non é do 100% pouco lle debe faltar, incluíndo a Portada galega que axuda bastante a achegarse ó proxecto.

Unha proposta que saleu na reunión de Pontevedra foi que a xente que non sexa capaz de atopar a categoría axeitada para poñer as súas imaxes pode poñela na categoría xeral de Galicia e deixar que a xente que traballe alí as vaia afinando. O que se me ocorreu é que se pode facilitar a busca e selección de categorías poñendo máis información na Portada galega de Commons ou facendo algunha páxina especial de axuda. Quizais podería facerse unha listaxe das principais categorías coa súa tradución ou o que se nos ocorra. Outra cousa que hai que facer alí é organizar un pouco as categorías que están un tanto revoltas.

Penso que deberíamos debater esta opción e que comentedes o que vos parece, eu estou a favor principalmente porque xa que as imaxes que poñemos están libres de dereitos de autor o mellor sitio para compartilas é Commons xa que así están dispoñibles para tódalas wikis, e xa que nós usamos as imaxes que están alí penso que é de recibo que as nosas tamén as compartamos con eles. Tamén penso que é que o sitio máis axeitado para poñelas, igual que o resto de contidos que non son artigos están nos seus proxectos, como Galifontes, Galilibros, Galicitas, etc, as imaxes teñen o seu proxecto que é Commons.

Boeno, a ver que vos parece a vós esta idea e perdón polo tocho. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:10, 27 de abril de 2011 (UTC)

Pareceme ben e si no que se faga podo axudar, aquí estou con gusto Elvira (conversa comigo) 13:55, 27 de abril de 2011 (UTC)
Non estou moi ao tanto do funcionamento de Commons, pero semella unha proposta coherente e práctica. Non sei se é unha barbaridade o que vou dicir (xa digo que, fóra da Galipedia, ando moi peixe nos outros proxectos irmáns), pero non se podería crear unha sorte de Galifotos? --Paradanta (Cóntame) 14:17, 27 de abril de 2011 (UTC)

Penso que o de poñer as imaxes na categoría xeral Galicia, e que logo outros vaian afinando, é bóa idea. Sobre todo, hai dous motivos polos que que non subimos máis imaxes a Commons; a categorización é moi complexa, e os nomes das categorías están en inglés. Poñendo o arquivo en Galicia, e deixando que outros máis familiarizados as distribúan, seguramente aumenten as contribucións.

Paradanta; se por Galifotos te refiresa a unha especie de Commons só para a Galipedia, ata onde sei, non existe esa opción. --Iago dime 16:09, 27 de abril de 2011 (UTC)

A min paréceme unha boa cousa e póñome á vosa disposición para categorizar o que faga falla. --Beninho 17:17, 27 de abril de 2011 (UTC)

  • Eu fun un dos que tiñan reticencias cando se comentou iso ó redor do café na terraza de Pontevedra, pero só pola miña incompetencia en inglés (son dous problemas: categorizar e logo buscar imaxes). A idea é totalmente razoable e ten todo o sentido que os nosos archivos gráficos estean en Commons á man de calquera wikipedista do mundo mundial. Quero dicir que, á marxe dese problema persoal, secundo a moción. Elvire: lembro que hai tempo estivemos traducindo mensaxes en metawiki, xa non sei a santo de qué (bueno: traducíades Xosé e ti, e eu revisaba por tras). Podemos organizar unha nova volta para "galeguizar" Commons. Xa sabedes que se me dirixides, eu estou disposto case a todo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:30, 27 de abril de 2011 (UTC)
  • Completamente a favor de subir as imaxes de interese enciclopédico directamente a Wikimedia Commons--. HombreDHojalata.conversa 20:23, 27 de abril de 2011 (UTC)

A favor tamén. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:00, 27 de abril de 2011 (UTC)

Para facilitar a busca de imaxes en Commons o que se pode facer é crear alí unha páxina cos nomes en galego das categorías principais cunha ligazón á súa categoría en inglés. Esa páxina tamén sería de axuda para categorizar imaxes, habería que consultala primeiro para atopar a categoría que precisamos e logo poñela na páxina de cargas da imaxe, daría un pouco de choio pero polo momento penso que sería o máis doado de facer, si a alguén se lle ocorre outro sistema pode comentalo. Cando teña un momento a ver si fago esa páxina de categorías en galego e cando a teña avísovos para que lle votedes un vistazo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:06, 27 de abril de 2011 (UTC)
Fixen unha páxina coas subcategorías principais da categoría Galicia en Commons nesta páxina (está adaptada da sección contido da portada galega de Commons). Hai que poñer algo de orden e seguramente haberá que facer algunhas novas, para a seguinte actualización porei a tradución das subcategorías do seguinte nivel. Si alguén quere fedellar nesa páxina tódalas melloras son benvidas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:23, 27 de abril de 2011 (UTC)
Perdoade, borraron a páxina de Commons, xa avisei ó administrador de que é unha páxina de axuda pedíndolle que a restaure. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:09, 28 de abril de 2011 (UTC)

Non hai que terlle tanto medo a categorizar en Wikimedia Commons, é tan doado ou máis que categorízar unha imaxe na Galipedia. Mesmamente pódese deixar sen categoría, un bot marca automaticamente cunha etiqueta de "pendente de categorizar" e a lexión de usuarios (obviamente por ser un proxecto común global hai moia mais participación en Commons que na Galipedia) procede a engadir categorías. O que hai que facer e o de sentido común: 1º Poñerlle un nome ben descritivo as fotos, que aclare que ou quen sae na imaxe, onde é, cando é. E todo iso pode facerse no idioma local do tema fotografado, neste caso o galego. 2º Facer unha completiña descrición da imaxe na caixa de información en tantos idiomas como se desexen: {{en|descrición en inglés}}{{es|descrición_en_castelán}} {{gl|descrición_en:galego}} {{tr|descrición en turco}} etc etc. 3º Se inda por riba dámoslle uso a imaxe nalgún artigo dalgún wikiproxecto a foto queda perfectamente identificada.

Se facemos todo o anterior, que por outra banda é o que debería ser habitual, o tema da categorización non é que sexa doado, e que é cousa ben fácil--. HombreDHojalata.conversa 08:12, 28 de abril de 2011 (UTC)

Todo o dito arriba entendoo mui ben. De presa unhas cousinñas :
  1. Commons (imaxes) como Media (coordinacion dos proxectos) e Wkiespecies (listaxe dos seres vivos) son unha soa comunidade universal (todas linguas), pero unha soa comunidade para fomentar as sùas regras de funcionamento.
  2. É possible ter a "interface" (non sei si dise asi en galego?) en galego, se ha traducimos e logo si a escollemos nas "preferencias" de usuario. Xa houbo galipedistas que nos fixeron boas bases en galego. Hai que segir ise traballo, e é disto que fala Lameiro arriba. Eu podo meterme neso : a)cando xa esiste tradución en francés (ainda que non sexa mui boa, occurre algunhas veces), b) cando Lameiro repasa o meu galego, c) cando Toliño da unha supervisión da fiabilidade "technica". (Falo de Lameiro e Toliño por facilidade, sen rexeitar a ningén, podemosnos pòr un monton).
  3. Tamén é possible ter unha taberna para conversar en galego : aquí esta (cando escollese o galego na lingua das preferencias de usuario, esta marcada na coluna debaixo do logo. Non debemos esquezer que nesa taberna non se poden tomar decisións da comunidade que é commons, é unha axuda entre galeofalantas.
  4. Unha tan grande comunidade (universal, que é o seu interese) ten frenos para acoller (acetar regras dun coletivo que criouse de xeito "axeno", posibilidade de conflitos mui diversos, et etc). Polo tanto penso ca Galipedia ten que consensuar regras propias do seu funcionamento de Galipedia para "administrar" ou seu patrimonio de imaxes en commons (eso fixose na wiki francesa) . Hoxe cando queremos cargar un ficheiro na Galipedia, chegamos a Cargar un ficheiro, e podemos cargar o ficheiro ! Na wiki francesa cando queremos cargar un ficheiro, facendo clic no mesmo sitio, pois chegamos de supeto a Aide:Importer un fichier (Axuda para cargar un ficheiro), tratase dunha paxina que presenta os casos, dando a cada vez unha ligazòn, e case sempre a ligazòn vai para cargar en commons !
  5. Consensuar regras boas (correctas coa fundaciòn Wikimedia, correctas coas politicas da Galipedia - a Galipedia é unha das wikis que favorece moito o patrimonio de imaxes e non seria boo que eso remate coa pasada a commons - ben comprendida e ben acetada por unha boa parte dos usuarios activos de xeito fiel, etc.) necesita tempo, serenidade, paciencia, reflexion ....
  6. Podemos ir pa diante sen perxudicar decisions futuras da comunidade :
  1. Aconsellar (na taberna, nas paxinas de conversa dos usuarios, "mini-proxecto", etc.) os usuarios de botarse a commons e de usar a taberna galega de commons para praticar as regras de commons. Un xeito de fazer praticas.
  2. Comezar nos vindeiros dias o punto 2 darriba. (Son lenta, pero si Toliño dame tarefas (ligazòns aos puntos de traduciòn) e que Lameiro pasa corrixirme), botome hoxz ou maña)
Xa falei moito, e non sei si entendedesme ben, perdoar a fala e a escrita ruins. --Elvira (conversa comigo) 12:46, 28 de abril de 2011 (UTC)

Rapidamente vou tratar os puntos nos que me movo habitualmente:

  • Dicir que a tradución do que é a interface está completa. Paso sempre que podo paso por translatewiki.net para ir actualizando e traducindo as novas mensaxes.
  • Outra cousa diferente son as páxinas de axuda. Actualmente coido que hai poucas traducidas ao galego, as básicas, pero entre todos podemos ir aumentando o número.
  • A Elvire: Nós temos unha páxina similar á francesa que apuntas: Wikipedia:Guía de carga de imaxes. De feito, foi traducida da Wikipedia en francés por Prevert aló polo 2007.

Contade comigo se precisades axuda. --Toliño Fala aquí comigo 19:36, 28 de abril de 2011 (UTC)

  • En commons rexistrome na Portada galega e nas miñas preferencias teño o francés, polo tanto podo decir tonterìas, Toliño é o que di ben.
  • Wikipedia:Guía de carga de imaxes sera traducida dunha pàxina antiga da wiki en francés. O proceso xa non é valido. Hoxe en dia cando na Galipedia cargase un ficheiro nas ferramentas da coluna de esquerda entrase en Cargar un ficheiro, na wiki en francés cando se usa a misma ferramente entrase en Aide:Importer un fichier (Axuda para cargar un ficheiro), é decir que non se entra para cargar un ficheiro, entrase para ir a commons, en en casos mui excepcionales para ir a outra pàaxina de carga directa na wiki fr. Insisto às paxinas de axuda para cargar un ficheiro na wiki fr e na wiki gl, teñen aspeto semellante pero contido mui diferente. Se pode axudar a refexion da comunidade, maña podo traducir rapidamente o primeiro parafo de [2], qu esplica moi ben a politica da wiki fr, redicalmente diferente da galega, a wiki fr considera que non é un recurso de imaxes. Por outro bando, un dos casos que se debe cargar o ficheiro na wiki fr é cando se necesita a axuda do obradoiro grafico (atelier graphique), ese obradoiro pode mellorar a calidade da foto, traducir imaxes con contido de texto noutras linguas, amañar cartas de xeografia, etc etc. Xa é tarde D: --Elvira (conversa comigo) 23:52, 28 de abril de 2011 (UTC)
Todos os que falamos ata o de agora estamos dacordo en facer que as imaxes deixen de cargarse na Galipedia e que se aloxen en Commons, penso que agora estaría ben contar con algunha opinión en contra, si hai algunha, por si pode xerarse algún tipo de debate. Porque si non hai outras ideas agora o único que se me ocorre facer é unha páxina similar á francesa que comenta Elvira, posiblemente adaptando a páxina que comentou Toliño, e logo só habería que facer unha votación para facer isto oficial e listo... Cando teña tempo poreime coa páxina esa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:09, 4 de maio de 2011 (UTC)


Boas, como o asistente de cargas de Commons xa está traducido (ver a conversa sobre ese tema nesta mesma discusión), agora estou facendo a páxina Wikipedia:Como cargar imaxes collendo cousas da páxina francesa e da outra que temos aquí (está a ligazón nos comentarios de enriba), para ir facendo camiño. Eu vou ir ós poucos así que o que quera engadir cousas ou revisala, que haberá moito que revisar, pode pasar por alí e meterlle man sen medo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:05, 11 de agosto de 2011 (UTC)

Asistente de cargas de Commons[editar a fonte]

Xa funciona o novo asistente de cargas de Commons. A idea por un lado é presentar unha interface menos intimidante, onde o usuario novo teña que ler menos parrafadas antes de subir os ficheiros. Por outro lado ten varias melloras (por exemplo xa se poden subir varios ficheiros de forma simultánea) e cambios.

Os formularios anteriores seguirán estando dispoñibles; é unha adición, non unha sustitución. dispoñible aquí. Magister 06:16 19 may 2011 (UTC) (Tradución disto)

E eu engado que está totalmente traducido ó galego, si atopades algún erro avisádeme para amañalo, sobre todo na imaxe inicial que foi onde eu metín o pezuño. Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 23:21, 19 de maio de 2011 (UTC)

Grazas Elisardo--. HombreDHojalata.conversa 08:34, 20 de maio de 2011 (UTC)
Eu fixera a tradución en Meta, pero non ma publicaran. Está aquí: meta:Licensing tutorial/gl. Eu faría unha fusión entrámbalas dúas traducións para termos un texto mellor redactado. --Toliño Fala aquí comigo 09:14, 20 de maio de 2011 (UTC)
Vaites!, non sabía que estaba o texto en meta. Moi ben, vou facerlle a fusión cando teña un momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:50, 20 de maio de 2011 (UTC)
Estiven probando o Asistente de cargas e vai de luxo. E toda unha vantaxe iso de poder subir imaxes de 10 en 10--. HombreDHojalata.conversa 19:17, 20 de maio de 2011 (UTC)
Coido que a ligazón é a mesma para todas as linguas. Non se pode modificar. --Toliño Fala aquí comigo 12:15, 21 de maio de 2011 (UTC)
Tes razòn Toliño. Desde que estamos a conversar sobre o tema das politicas da Galipedia con commons, puxen nas miñas preferencias de commons o galego e perdìn as miñas costumes de traballo. Volvo polo de momento ao francés para fazer algo que sexa productivo. Sigo vixiando todas conversas eiqui sobre o tema. E de todos modos podedes contar comigo. Elvira (conversa comigo) 15:51, 21 de maio de 2011 (UTC)

Xa fixen a fusión dos textos e puxen a nova versión en Commons. Votádelle un ollo por si hai algo que amañar porque logo teñen que protexer a imaxe de novo e é un pouco coñazo andar protexendo e desprotexendo. Eu tamén usei onte esta nova ferramenta e a verdade é que vai de maravilla e axuda moito na carga de imaxes, anímovos a que o vaiades probando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:27, 23 de maio de 2011 (UTC)

(Hai algúns problemas coa caché e ás veces aínda vexo a versión anterior.) Atopo dous erros na "maquetación" (por así dicilo) que fan que nos dous primeiros recadros verdes dúas liñas aparezan superpostas. Tamén hai un "calquera" que sobrepasa o límite no cadro esquerdo debaixo de "...con dúas excepcións". Por último, quita o punto que é incorrecto despois de signo interrogativo, no último cadro. Máis nada. Bo traballo! --Toliño Fala aquí comigo 08:48, 24 de maio de 2011 (UTC)
Esperade un pouco que carguei a versión que non era, a ver si pola noitiña podo amañalo e xa vos aviso.
Outra cousa, ¿cómo é iso de que o punto é incorrecto despois do signo de interrogación?. Non atopo iso na Normativa oficial do galego... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:10, 24 de maio de 2011 (UTC)
Que eu saiba nunca se aceptou o punto despois de signo de interrogación ou admiración porque se considera que xa o leva incorporado o signo; nin en galego, nin en castelán, nin en francés, nin en inglés. O único opcional en galego é poñer o signo ao comezo (e recoméndase, pero non se prohibe, non poñelo). --Toliño Fala aquí comigo 15:57, 24 de maio de 2011 (UTC)
Vale, a ver si o amaño mañá que aquí non teño o programa. Xa vos aviso cando esté. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:07, 24 de maio de 2011 (UTC)
Boeno!, por fin amañei isto, cambiei os detalles que dixo Toliño dos problemas de maquetación e o punto, e penso que agora xa debía de estar ben. Si podedes votádelle un ollo por si queda algo máis e despois xa aviso para que protexan o ficheiro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:06, 27 de xullo de 2011 (UTC)

vilaboa,valdoviño[editar a fonte]

non sei porque me esforzei en buscar nas web de concellos, castros e relisioxos os datos sobre vilaboa (valdoviño) pa que a cada momento os quitedes. E QUE NON SE ENTENDE. TODO ESTA MAIS QUE CONTRASTADO. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 87.217.68.62 (conversacontribucións)

Os contidos da wikipedia son orixinais. Ti copiáchelos deste blog. Copiar/pegar, sen miramentos. --Atobar (conversa comigo) 22:27, 13 de xuño de 2011 (UTC)

imaxes da web de Xavier Queipo[editar a fonte]

Ola, xente; na web de Xavier Queipo dise que as imaxes, feitas por Ce Tomé, poden ser usadas sempre que se cite a autoría. Hai algunha licenza válida? Pódense subir as imaxes, xa que logo?
Agradécense as colaboracións. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 04:02, 14 de xuño de 2011 (UTC)

Si, si que se poden subir. Hai que usar a licenza Cc-by-3.0 (cando cargas o ficheiro selecciona a licenza Recoñecemento 3.0), e indicar o sitio web de onde se colle e o nome do autor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:22, 14 de xuño de 2011 (UTC)
Discordo. A frase "Autorizase a reprodución sempre que se cite ao autor" non especifica explicitamente, por exemplo, se se admite a obra derivada (por non falar do uso comercial). Non constitúe unha licencia válida--. HombreDHojalata.conversa 11:06, 14 de xuño de 2011 (UTC)
Pois ten toda a razón HombreDHojalata, estaba a durmir antes porque só me preocupei de buscar a licencia axeitada. Perdón polo lapsus. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:33, 14 de xuño de 2011 (UTC)

flickr — Galiza. Dominio público[editar a fonte]

flickrGaliza. Dominio público

O 24 de xuño, o grupo de Flick, Galiza. Dominio público, intimamente ligado á wikipedia en galego, chegou (cunha de juantiagues) as 5.000 fotografías libres de Galicia.

Como mostra de excelentes fotógrafos que comparten o seu traballo, pódense citar ós cinco contribuíntes principais: José Luis Cernadas Iglesias (jlcernadas) (823 achegas), José Antonio Gil Martínez (freecat) (654), Juan de Santiago (juantiagues) (653), Chito (amaianos) (330) e Xornalcerto (313).

Parabéns aos 119 membros! --. HombreDHojalata.conversa 12:30, 24 de xuño de 2011 (UTC)

Certamente, parabéns para todos eles e que sigan así de ben co seu ilustrativo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:09, 24 de xuño de 2011 (UTC)