Wikipedia:A Taberna (imaxes)/Arquivo 9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo da sección A Taberna (imaxes) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

Xa están as imaxes do escritores da AELG en Commons[editar a fonte]

Boas, grazas ó usuario de Commons Smallman12q, agora temos alí 265 carpetas con fotos de escritores galegos que foron trasladadas dende a web da AELG (pasando únicamente as que tiñan licenza compatible coa da Galipedia). As fotos están nesta carpeta así que os que queran poden ir poñendo as fotos nos artigos, e sería xenial que as foran engadindo coa caixa de {{Escritor}} :). Se alguén atopa algún problema nalgunha das imaxes pode avisarme e eu tentarei revisala, xa vos adianto que algunhas imaxes non se visualizan correctamente na vista previa en Commons pero só é un problema temporal de visualización, a foto está subida correctamente e pode usarse sen problema. Tamén vos aviso que as ligazóns que hai ós ficheiros orixinais non funcionan pero tamén se vai a amañar en breve co mesmo bot. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2013 ás 12:52 (UTC)

Imaxe da semana[editar a fonte]

É domingo e non temos ningunha proposta con votos suficientes para imaxe da próxima semana. Pasádevos por Wikipedia:Imaxe da semana/Votacións e votade as propostas que hai e/ou engadide novas propostas. Grazas. --Xas (conversa) 27 de xaneiro de 2013 ás 19:03 (UTC)

Mapa de imaxes solicitadas[editar a fonte]

Moi boas, vendo o modelo de imaxes solicitadas esta tarde ocorreuseme que se podería facer un mapiña en Google Maps coas localizacións dos lugares en cuestión. Penso que pode ser práctico por dous motivos principais: primeiro porque moitas veces que nos trasladamos co coche pasamos por lugares dos que precisamos fotografías e non o sabemos; e segundo porque de facer unha saída a propósito para fotografar co mapa é moito máis doado de localizar os sitios que nos interesan. Cun teléfono intelixente con só ter o Google Maps e o navegador de Google o propio aparatiño nos pode levar (outra cousa é que os puntos estean ben marcados no mapa, que xa é outro conto). Esta noite comecei a trabalar nel e vos envío unha ligazón para que lle botedes un ollo e opinedes. É moitísimo choio (xa coas parroquias que nos faltan temos para horas poñendo marcadores), pero pouco a pouco pódese ir ampliando entre todos para ir facendo del unha ferramenta útil. En teoría o mapa está aberto a que calquera edite nel (se non o fixen mal), así que se alguén se anima... Un saúdo! --Beninho (conversa) 13 de febreiro de 2013 ás 22:56 (UTC)

  • Ups, esquecíame da ligazón jeje . [[1]] (dádelle a reducir, que non sei porque mo centra aí).
Penso que isto podería facerse doutra forma máis sinxela. Pode facerse unha páxina na wiki, que sería moito máis sinxela de actualizar e manter xa que estaría dentro da Galipedia, e logo simplemente hai que poñerlle o modelo {{Mapa lista de coordenadas}} ó comezo, igual que está por exemplo na páxina Castros da provincia da Coruña e iso xa xenera de forma automática o mapa de Google Maps. O único que non sei se se podería facer é o das iconas diferentes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de febreiro de 2013 ás 23:39 (UTC)
    • Non sabía que esxistía tal cousa. A verdade é que si semella máis cómodo. --Beninho (conversa) 15 de febreiro de 2013 ás 01:30 (UTC)

Solicitude de Grant, consolidar o proxecto de implicar as escolas de arte[editar a fonte]

Ola, disculpad que no escriba en galego. Disculpeu que no escrigui en gallec.

Quisiera informaros que he pedido una IEG (subvenciones personales para proyectos que beneficien al movimiento Wikimedia) a la Fundación Wikimedia que me permitiría impulsar la iniciativa wikiArS durante los próximos meses, entre primavera y otoño.

Desde el curso pasado (ver Llotja y Serra i Abella) estamos colaborando con escuelas de arte y diseño para que sus estudiantes generen imágenes que faltan en Wikipedia (y publicarlas en Commmons) o materiales para difundirla (y publicarlas en Outreach). Este curso ya hay 7 escuelas contactadas de las cuales 4 ya han empezado a colaborar. Con el Grant podría aumentar mi tiempo de dedicación a la coordinación y a dar soporte a los voluntarios, consolidando así el proyecto. La idea es también producir una exposición itinerante y materiales de apoyo.

Podéis leer la propuesta aquí:

http://meta.wikimedia.org/wiki/Grants:IEG/Consolidate_wikiArS_to_involve_art_schools

Cualquier comentario o sugerencia serán bienvenidos en este mismo Café o bien en la página de discusión de la propuesta. Además para que la IEG salga adelante hace falta el apoyo de la comunidad, por lo que os pido que, si os parece interesante la iniciativa, mostréis vuestro apoyo en la sección Endorsements.

Grazas, saúdos --Dvdgmz (conversa) 14 de febreiro de 2013 ás 13:19 (UTC)

Moi boa proposta David, tes o meu apoio e espero que vaia adiante xa que esta é unha oportunidade única de conseguir material gráfico con licenzas libres que na maioría dos é imposible de atopar (por exemplo, tiven que quitar unha imaxe do artigo de Uxío Novoneyra, xa que non estaba ben en Commons, e esta sería unha boa forma de conseguir retratos de autores xa falecidos que non teñen fotos con licenza libre). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2013 ás 14:16 (UTC)
Apoio a proposta. --Xas (conversa) 14 de febreiro de 2013 ás 14:41 (UTC)

Escudo de Laxe[editar a fonte]

A páxina sobre Laxe ten un escudo diferente ao que aparece na páxina do concello. Saúdos --Nemigo Bandeira galega civil.svg Bandera de la II República Española.PNG 17 de febreiro de 2013 ás 13:25 (UTC)

O da web do concello non é un escudo, é un logotipo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17 de febreiro de 2013 ás 13:48 (UTC)

Imaxe con varios políticos[editar a fonte]

Raquel Jabares-Praza Publica-2013.jpg

Subín agora unha imaxe de Praza Pública que ten varios políticos, está Raquel Jabares, Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, e Francisco García Suárez, alcalde de Allariz. Se alguén recoñece a algún alcalde máis que avise porque se está ben podería recortarse a foto para poñer nos artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 09:40 (UTC)

Tamén está Somoza, o concelleiro en Ourense (3º pola dereita). Non sei se ten artigo como político, como xeógrafo ou se non ten. Hai máis xente que coñezo, pero non me sae o nome --Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de marzo de 2013 ás 16:13 (UTC)
Teño a un colega ben relacionado con esta xente investigando na fotografía. Por agora dime o seguinte: "O de pelo canoso ao lado de Lores é Luciano Sobral, alcalde de Poio. O primeiro pola dereita, con suéter de raias é Secundino García, alcalde de San Sadurniño. O primeiro pola esq é Antón Bao, concelleiro en Lugo". Engade que seguirá indagando polos demais. Pedro --Lameiro (conversa) 26 de marzo de 2013 ás 19:38 (UTC)
E acaba de mandarme un correo cos nomes de case todos: "Xa teño case todo o puzzle, de esq a dta: Antón Bao, concelleiro en Lugo; Iván Rivas, concelleiro de Ferrol; Fco García, Alcalde de Allariz; Xose Regueira, concelleiro en Carballo; Raquel Jabares; Bieito González, concelleiro en Noia; Lores; Luciano (entre Lores e Luciano vese media cabeza de Raimundo González, concelleiro en Pontevedra); o seguinte despois de Luciano non o atopo; o seguinte é Federico Gutiérrez, alcalde de Riotorto, e finalmente Secundino García, alcalde de S. Sadurniño. Con estes datos xa teriamos a todos, se ese terceiro pola dereita fose Xosé Somoza, concelleiro de Ourense [2] [3], como di Xabier. Pedro --Lameiro (conversa) 26 de marzo de 2013 ás 19:43 (UTC)
Xenial investigación! estes días estou fóra de xogo por un gripazo, pero cando poda fedellar un pouco farei anaquiños esa foto para ver se pode poñerse algunha imaxe nos artigos deses señores. Moitas grazas!, saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2013 ás 13:14 (UTC)

Xa está a galería, se atopades algún erro avisade, agora vou poñer as fotos dos alcaldes. Moitas grazas a todos pola vosa axuda! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de abril de 2013 ás 00:33 (UTC)

Tódolos artigos de concellos de Galicia xa teñen imaxe[editar a fonte]

Boas, se non mirei mal, coa última contribución de La fabrica de nubes no artigo Castrelo do Val, xa temos imaxe en tódolos concellos de Galicia. Aínda que pareza raro ata hai poucos meses había 15 concellos de Galicia que non tiñan nin unha soa imaxe (podedes ver o comezo desta historia precisamente ó principio desta taberna), penso que hoxe é outro día importante para a Galipedia ó acadar este fito xa que foi superado grazas non só á colaboración dos editores do proxecto se non tamén á liberación de imaxes de moitos usuarios doutros proxectos como son Flickr e Panoramio. Debemos ter isto presente xa que esta é tamén unha forma de colaboración moi importante que axuda a enriquecer en gran medida os artigos. Penso que esta nova ben vale unha nota en Wikipedia:Actualidade, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de marzo de 2013 ás 01:19 (UTC)

Ben merece a mención na páxina citada. Procedo a engadila. Parabéns a todos e grazas ás persoas que axudaron a facelo posible! --Toliño Fala aquí comigo 28 de marzo de 2013 ás 15:16 (UTC)
Grazas Toliño. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de marzo de 2013 ás 18:40 (UTC)

dereitos no caso dun mural interior[editar a fonte]

Unha pregunta. Imaxinade un mural ou mosaico no interior dunha igrexa ou calquera outro edificio, pintado por un autor recente. ¿Ten dereitos de autor? ¿Podo fotografar o mural e utilizar as fotos na Galipedia? Temos xa varias fotos na Galipedia nestas condicións, por exemplo: Ficheiro:Templo Palacios 30.jpg (Palacios morreu en 1945) ou Ficheiro:Fresco na Capela Santo Antón.JPG (o mural está asinado por un tal ¿Felix Sesto? en 1982). Teño unhas fotos duns murais que pintou Rafael Úbeda en 1978 no santuario dos Milagres de Amil que quero subir e non me atrevo. Pedro --Lameiro (conversa) 26 de marzo de 2013 ás 15:28 (UTC)

Se mal non lembro, se está en interior non hai que facerlle a ningunha. Esas non poderían subirse e as outras dúas deben ser borradas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de marzo de 2013 ás 16:14 (UTC)
Eu case que estou con Xabier, pero de tódolos xeitos preguntarei en Commons para asegurarme. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2013 ás 13:21 (UTC)
Postos a aclarar casos problemáticos, lembra que temos pendente a posibilidade ou non de escanear facsímiles, nos que temos que resolver o posible dereito da editorial que o publica. Non sei se falaches disto na recente Xornada de Santiago. Tamén temos exemplos de obras escaneadas pero calquera vos dá exemplos, que enseguida sacades as tesoiras. A vantaxe é que temos aí unha canteira inesgotable de imaxes que nos virían ó pelo. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de marzo de 2013 ás 20:03 (UTC)
Pois fas moi ben en lembrarme ese caso porque quedara un pouco parado porque o socio de WM-ES que me estaba axudando con ese tema marchou e a cousa quedou no aire, tomo nota para seguir mirando iso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2013 ás 23:11 (UTC)
Eu entendo que, no caso dun facsímil, se estamos falando dunha reprodución exacta e directa (escaneado), non son pertinentes os dereitos de autor... se o autor cumpre cos requirimentos de falecer antes do ano que toque. Obviamente iso exclúe portadas, prólogos actuais, etc. --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de abril de 2013 ás 17:39 (UTC)

Boas, xa me confirmaron que non se poden subir fotos a Commons de obras con dereitos de autor no interior de edificios xa que iso non está contemplado na liberdade de panorama. As fotos que indicou Lameiro deberían ser borradas da wiki como dixo Xabier. Vou preguntar agora polo outro tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2013 ás 12:01 (UTC)

Teño boas novas sobre o outro tema. Confirmando o que dicía Xabier de novo :), si, poden subirse imaxes escaneadas de facsímiles de obras que estén en dominio público. Iso si, evitando escanear as partes que a propia editorial puidera engadir xa que esas partes si teñen dereitos de autor, e sempre e cando fagas un escaneo fidedigno da obra, é dicir que non lle fagas alteracións de brillo, saturación ou poñerlle boliñas enriba para escanealo con elas, etc, é dicir, que co escaneo non engadas ningún elemento que poda facer que se considere unha obra derivada con novos dereitos de autor (nese caso teus). Aínda que nese caso tamén poderías subir a imaxe a Commons se liberas os dereitos de autor que xeneraches :)

En resumo, que si, poden escanearse facsímiles pero só as partes que están no dominio público no orixinal. Así que xa sabes, a darlle ó escáner rapáz! Ah, e cando subas as imaxes a Commons tes que poñerlles na licenza o modelo PD-old pero isto teñen que confirmarmo mañá. CONFIRMADO: na licenza tes que poñerlle o model PD-Old que teñen en Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2013 ás 23:10 (UTC)

Velaquí un exemplo de imaxe de facsímile escaneada. --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de xuño de 2013 ás 13:33 (UTC)

Licenzas Creative Commons[editar a fonte]

Interesante e completa guía sobre as licenzas de Creative Commons. Por se a alguén lle axuda-- Lmbuga / Conversa comigo  1 de abril de 2013 ás 16:40 (UTC)

Si, ten contidos interesantes, tomo nota da páxina, grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2013 ás 00:39 (UTC)

Máis fotos para recortar[editar a fonte]

Oposición.
Comisión demografía Xunta de Galicia.

A ver se alguén coñece á xente destas fotos para recortalas e poñelas en artigos, eu aquí si que non coñezo a ninguén. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2013 ás 10:57 (UTC)

Na primeira foto a que está falando é Carme Adán, esa era doada, agora seguide vós ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2013 ás 13:27 (UTC)
Penso que a do medio é Eva Solla de AGE, cf isto [4] e a da esquerda penso que é Carmen Gallego do PSOE. ver [5]--Servando2 (Dime) 16 de abril de 2013 ás 13:51 (UTC)
Pois paréceme que si, boa vista :) Da segunda foto estou vendo que non hai moita resolución e as imaxes van quedar moi pequenas co cal terán unha calidade moi pobre co cal non paga a pena recortala. Vou recortar a primeira foto, Grazas e saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2013 ás 00:48 (UTC)
Xa están recortadas as fotos, a de Carmen Gallego xa a puxen, agora hai que facer un artigo de Eva Solla para poñer a súa imaxe Ficheiro:Eva Solla BNG.png ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2013 ás 12:20 (UTC)
Xa o fixo Xas, moitas grazas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2013 ás 17:26 (UTC)

Imaxes a Commons[editar a fonte]

¿Como era que se subían as imaxes desde Galipedia a Commons? Pedro --Lameiro (conversa) 12 de abril de 2013 ás 18:20 (UTC)

Se te refires ás que xa están subidas na Galipedia, pois eu descárgoas e súboas manualmente, pero hai algunha ferramenta por aí. A ver outro usuario nola di. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12 de abril de 2013 ás 20:35 (UTC)
Eu usaba esta ferramenta pero agora non sei que pasa que non funciona, pasa algo raro, vou preguntar ós da asociación a ver se alguén sabe algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2013 ás 22:17 (UTC)
Acaba de funcionarme estoutra, aínda que algunhas veces falla, debe ser que hoxe o servidor de toolserver está algo sobrecargado. Esta ferramenta ten dous usos, o básico, sen rexistro, o único que fai é xenerar o modelo de información dunha imaxe para que a podamos copiar cando a subamos a Commons. O uso automático é o máis útil xa que pasa a imaxe de forma automática, para poder usarlo desta forma hai que estar rexistrado en TUSC, na mesma páxina tedes unha ligazón para crear a conta, cousa que é moi recomendable. O TUSC é un sistema para que o programa comprobe os usuarios, é gratuito e non é complicado rexistrarse, só hai que crear o usuario cunha contraseña, pode ser o mesmo de Commons, e logo hai que escribir un texto na páxina de conversa do usuario de Commons, xa se explica na páxina. Se alguén ten algún problema con isto pode avisarme e tentarei botarlle unha man, se alguén quere que suba algunha imaxe concreta tamén pode avisarme. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2013 ás 23:40 (UTC)