Axuda:Como limpar a caché

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para facer máis rápida a navegación e conservar ancho de banda, os navegadores adoitan manter unha copia local das páxinas web, imaxes e outros contidos visitados, para non ter que descargalos de novo máis tarde. Ás veces os navegadores seguen amosando dita copia local que non inclúen cambios recentes nas páxinas, polo que é necesario limpar a caché e forzar ao navegador a descargar o contido actualizado da páxina.

Instrucións para limpar a caché[editar | editar a fonte]

Internet Explorer[editar | editar a fonte]

Usa un dos métodos seguintes:

  • Mantén pulsado Ctrl e preme F5.
  • Mantén pulsado Ctrl e fai clic en Refrescar na barra de ferramentas.

Google Chrome[editar | editar a fonte]

En Windows, usa un destes métodos:

  • Mantén pulsado Ctrl e preme F5 key.
  • Mantén pulsado Maiús e preme F5 key.
  • Mantén pulsado Maiús e fai clic en Recargar na barra de ferramentas.
  • Mantén pulsado Ctrl e fai clic en Recargar na barra de ferramentas.

En Mac OS X:

  • Mantén pulsado Cmd+ Maiús e preme R.

En Linux:

  • Mantén pulsado Ctrl e preme F5.

Firefox e relacionados[editar | editar a fonte]

Estas instrucións funcionan en Firefox, SeaMonkey, Netscape 6 e outros navegadores relacionados.

En Windows e Linux, usa un destes métodos:

  • Mantén pulsado Ctrl+ Maiús e preme R.
  • Mantén pulsado Maiús e fai clic en Recargar na barra de navegación.
  • Mantén pulsado Ctrl e preme F5.

En Mac OS X:

  • Mantén pulsado Cmd+ Maiús e preme R.
  • Mantén pulsado Maiús e fai clic en Recargar na barra de navegación.

Safari[editar | editar a fonte]

Versión 4 e posteriores:

  • Mantén pulsado Maiús e fai clic en Recargar na barra de ferramentas.

Versión 3 e anteriores:

  • Mantén pulsado Cmd e preme R.

Opera[editar | editar a fonte]

Usa un dos métodos seguintes:

  • Mantén pulsado Ctrl e preme F5.
  • Mantén pulsado Ctrl e fai clic en Recargar na barra de navegación.
  • Mantén pulsado Maiús e fai clic en Recargar na barra de navegación.
  • Mantén pulsado Maiús e preme F5.

Konqueror[editar | editar a fonte]

  • Preme F5 ou fai clic en Recargar na barra de ferramentas.

Trebello Purgetab[editar | editar a fonte]

O trebello Purgeab engade unha ligazón en forma de lapela na cabeceira da páxina para purgar a caché e refrescar o contido da páxina. Este trebello pode activarse en Preferencias->Trebellos.


Frecha. Volver á páxina de axuda.