Nós Televisión
Nós Televisión | |
---|---|
Inicio das emisións | 2013[1] |
Fundado por | Isidro Barco, Diego Frey |
Propiedade de | Nós Televisión S.L. |
Formato da imaxe | HDTV 16:9 |
Slogan | Unha televisión aberta á cidadanía |
País | Galicia |
Lingua | Galego |
Área de emisión | Galicia |
Sede central | O Milladoiro (Ames) |
Nome(s) anterior(es) | Canal Deza, DEZTV |
Dispoñibilidade | |
Cable | |
R | Dial 119 |
Na rede
| |
Nós Televisión | |
Nós Televisión, antigamente Canal Deza e DEZTV, é unha canle de televisión galega impulsada por Isidro Barco e Diego Frey.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a emitir a través da Televisión dixital terrestre nas comarcas de Tabeirós - Terra de Montes, Deza, Arzúa, Terra de Melide, Ordes e Santiago pasando o día 14 de marzo de 2019 a facelo exclusivamente a través da canle 119 da plataforma de televisión de pagamento de R.[3]
Esta mudanza está dentro do seu proceso de expansión a toda Galicia[4][5], pasando de ser unha canle local para cubrir todo o territorio galego e inaugurando unha nova etapa con programas realizados en colaboración coas editoriais Kalandraka[6] e Galaxia[7] ou coa Real Academia Galega, así como co informativo diario Espazo Aberto.[8]
O 28 de xuño de 2016 emitiu en directo o debate especial Rabela de carballo, con entrevistas a escritoras, xornalistas, comerciantes, artistas e docentes e alumnado de distintos centros de ensino galegos para tentar facer unha radiografía da lingua galega.[9][10]
O 22 de decembro de 2016 produciu o debate arredor do feminismo "A nación das mulleres. Do teito de cristal ao cantil de cristal", organizado xunto á revista Luzes no complexo cultural Matadoiro Compostela e que reuniu catro mulleres políticas do momento: Alexandra Fernández, Ana Pontón, Carmela Silva e Marta Lois.[11]
Alén de emisora, tamén é produtora de documentais. Algúns deles son Véndese litoral. A Coruña deféndese (2018) e Redes contra a política do espolio (2019), ambos dirixidos por Xosé Bocixa, Un país de cinzas (2018), de Galiza Contrainfo,[12] e San Finx 1960 (2019), de Irene Pin.[13]
Programas
[editar | editar a fonte]- Espazo Aberto: programa informativo diario
- A cámara branca: programa de entrevistas
- KalandrakaTv: novidades editoriais e crítica literaria
- Universo Galaxia: novidades editoriais e crítica literaria
- Rede galega de videoblogues: vídeos curtos de opinión
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Comienza sus emisiones el canal Nós Tv". La Voz de Galicia. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ "Nace Nós TV unha televisión para o corazón de Galicia" Praza Pública.
- ↑ Espazo Aberto, o primeiro programa da nova etapa de Nós Televisión (Nós Televisión). 14/03/2019. Escena en 11:39.
«Desde o luns 19 de marzo, Nós Televisión deixará de emitirse a través da Televisión Dixital Terrestre como viña facendo nos últimos anos»
- ↑ "Area de influencia". Consultado o 10 de setembro de 2016.
- ↑ "Unha televisión aberta á cidadanía". Nós Televisión. Consultado o 24 de maio de 2018.
- ↑ Editora, Kalandraka (2019-03-15). "@NosTelevision e @kalandrakatv tecen sinerxias na difusión de contidos #engalego relacionados coa #literaturainfantil e xuvenil. Mañá sábado ás 16:30h comeza a emisión de vídeos de #KalandrakaTv na grella de #NosTelevision, que tamén se pode sintonizar no dial 119 de @os_de_Rpic.twitter.com/JUVhU3y2dW". @KalandrakaEdit. Consultado o 2019-03-18.
- ↑ "Universo Galaxia". Nós Televisión. Consultado o 2019-03-18.
- ↑ "Nós Televisión chega a toda Galicia a través da plataforma R". Nós Televisión. 2019-03-11. Consultado o 2019-03-18.
- ↑ "Rabela: especial pola lingua". Nós Televisión. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2017. Consultado o 2019-03-18.
- ↑ Redacción (2016-06-16). "28 de xuño: programa especial sobre lingua". Nós Televisión. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-03-18.
- ↑ "A nación das mulleres: do teito de cristal ao cantil de cristal". Matadoiro Compostela. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2018.
- ↑ "Documental". Nós Televisión. Consultado o 2019-03-18.
- ↑ "San Finx 1960". Nós Televisión. 2019-04-03. Consultado o 2019-04-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nós Televisión |