Wikipedia:A Taberna (imaxes)/Arquivo 10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (imaxes) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

Novo documento de benvida a Commons[editar a fonte]

En Commons están facendo un novo documento de benvida ó proxecto no que se explica como subir os ficheiros, que ficheiros se poden subir, que licenzas escoller, como poñer os ficheiros nas wikis, etc. É un borrador que aínda está a retocarse e piden colaboración para melloralo nos aspectos que se vaian atopando. Hai dúas pegas, está en inglés e son 12 páxinas pero por outra banda ten bastante boa pinta, a discusión do documento está aquí. Cando se remate haberá que traducilo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2013 ás 09:50 (UTC)[responder]

Nuevos gráficos de wikiArS: animales, animaciones, cuentos y retratos[editar a fonte]

Disculpad que no escriba en galego, disculpeu que no escrigui en gallec.

(en castelán) Hola, en febrero pasado pedía vuestro apoyo para una petición de Grant que había presentado a la Fundación Wikimedia para trabajar en la consolidación de la iniciativa wikiArS. Pues bien, me la dieron (¡gracias por vuestro apoyo!) y estoy trabajando en ello desde abril pasado y hasta el próximo otoño (podéis ver lo que vamos haciendo aquí). La red de colaboradores de la iniciativa va creciendo y también el número de escuelas y estudiantes participantes.

Llegamos al final de curso del segundo año de wikiArS y los estudiantes que participan están publicando mucho durante las últimas semanas. Son gráficos que pueden ser usados en los artículos de Wikipedia. Hago un repaso de ellos a continuación.

Ilustración científica de animales extinguidos (o en peligro de extinción) que han realizado estudiantes de la escuela Llotja y ha asesorado Leptictidium:

Animaciones (¡no sólo hay imagenes estáticas!) en 3D que han producido los estudiantes del Campus de Jerez de la Universidad de Cádiz (UCA) usando Blender, sobre aspectos de física, construcción, mágia y salud:

Animación sobre la Crisis salina del Messiniense que ha realizado una estudiante de la UCA a partir de imágenes que en el curso pasado hizo un estudiante de Llotja (¡Viva el copyleft y la obra derivada en Commons!) asesorados por el geofísico Daniel García-Castellanos:

Hay varias personas asesorando estudiantes para crear gráficos sobre procesos geológicos. Àngels Canals, de la UB, ha asesorado a estudiantes de la escuela edRa (de Rubí) que han seguido dos enfoques distintos para expicar la Mina de Naica y sus cristales gigantes.

Por una parte Albertvila1 y Andreu Modenas han creado infografías para los artículos de Wikipedia (ver l'explicación del proceso de trabajo):

Y por otra parte Laia Sabán y CarolGC han creado dos wikilibros para Wikichicos:

Y hay estudiantes que siguen aportando retratos de personas fallecidas que vivieron durante el siglo XX. Como estos retratos de escritoras de una estudiante de Llotja:

Y los retratos de escritores de una compañera suya en la misma escuela:

Y otra estudiante de Llotja que ha retratado varios ex-consejeros de la Generalitat de Cataluña:

Y aún hay estudiantes trabajando que en los próximos días publicarán más cosas. Ya iré informando. Y si tenéis ideas de imágenes que falten y que podríamos convertir en encargos para el próximo curso, por favor, escribirlas en Ask for images. Cualquier comentario, crítica o suggerencia es bienvenido (y también las felicitaciones y ánimos a sus autores en las páginas de Commons si creeis que se lo merecen :-) --Dvdgmz (conversa) 30 de xuño de 2013 ás 18:48 (UTC)[responder]


Fabuloso!! Grazas, Dvdgmz, pola información!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xuño de 2013 ás 18:59 (UTC)[responder]
Esta é unha das moitas cousas que tiña pendentes comentar, grazas por vir por aquí a avisar David :). Sobre este proxecto o que estiven pensando que se podería propor serían retratos de escritores galegos que non teñan imaxe libre e que nos podan interesar. Que vos parece solicitar un retrato de Xosé María Díaz Castro xa que se lle vai adicar o Día das letras galegas do ano que ven? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2013 ás 00:49 (UTC)[responder]
(en castelán)Se puede incluir aquí. Podéis añadir otros escritores, estaría bien dar al estudiante un grupo de retratos relacionados (escritores galegos, personalidades galegas, ... que tengan algo en común). Les solemos dar 7 u 8 y acaban eligiendo 5 en función del trabajo de documentación y bocetos.
De paso os pido si podéis colaborar en la traducción al galego de las páginas que hay en las diferentes pestañas de outreach:wikiArS. En la parte superior hay un enlace para traducir, se clica, se elije el idioma (si no te sale ya) y se va traduciendo por partes. Se puede hacer entre varios. Gracias de antemano! --Dvdgmz (conversa) 3 de xullo de 2013 ás 16:17 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── É unha boa iniciativa e na Wikipedia sabemos ben chuchar o traballo dos demáis. Sorprende que non exista algunha escola jalleja na iniciativa, o país necesita produtos específicos. De todolos xeitos áinda é máis sorprendente que nun ano lectivo ese sexa todo o traballo feito... --Nemigo 3 de xullo de 2013 ás 21:19 (UTC)[responder]

(en castelán) Y además es el trabajo de varias escuelas :-) Te explico: en muchos casos son estudiantes en prácticas; cada uno tiene un tutor wikipedista, un profe tutor de la escuela y, en la mayoría de casos, un asesor temático o científico. En cada imagen hay varias personas implicadas. Aunque visto el resultado pueda parecer fácil la mayor parte de esas imágenes han requerido de un trabajo previo de documentación y de varias correcciones antes de tener su versión final para publicar. Puedes ver la "historia" de uno de esos procesos aquí para un caso de geología. Piensa, por ejemplo, en el caso de los animales extinguidos, han tenido que basarse en hipótesis y ha habido varias correcciones. No queremos meter muchas imágenes pero que no hayan tenido ninguna supervisión.
Por otra parte nos encantaría que hubiera alguna escuela gallega. Si hay un wikipedista que quiera coordinar la iniciativa en Galicia y que quiera llevar la tutoría de los estudiantes Wikimedia España podría ser la asociación dónde hacer las prácticas. Por mi parte le daría mi apoyo a distancia. Si alguien está interesado que contacte conmigo. --Dvdgmz (conversa) 6 de xullo de 2013 ás 16:47 (UTC)[responder]
Me gusta el dibujo (siempre se me ha dado bien aunque por motivos profesionales solo use ordenador) y mi hermana es pintora. Pero volviendo a la iniciativa que debería tener algún centro en Galicia participando quizá podais probar suerte aquí -> http://www.eapicasso.com es la Escola de arte Pablo Picasso de A Coruña. A ver si algún profesor del centro está interesado en participar y organizar alguna actividad. Saludos --Nemigo 9 de xullo de 2013 ás 17:04 (UTC)[responder]
(en castelán) @Nemigo, gracias por la sugerencia. Pero además de un profesor interesado es importante también que haya un wikipedista local que pueda hacer de tutor desde la comunidad. La idea de la iniciativa wikiArS es crecer de forma sostenible y extenderse a nuevas áreas geográficas cuando haya alguien ahí que lo pueda dinamizar. Si tu mismo estás interesado en hacerlo o conoces a un wikipedista que lo podría hacer escríbeme. Saludos. --Dvdgmz (conversa) 22 de xullo de 2013 ás 14:18 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Pensé que lo prioritario era buscar gente en centros de enseñanza en arte. En Galipedia tenemos multitud de proyectos simultáneos y la coordinación con la comunidad no es un problema. Habiendo alguien que quiera aportar contenido hacer encajar esas colaboraciones no es problema y siempre habrá quien pueda hacer esa función. Saludos --Nemigo 26 de xullo de 2013 ás 21:06 (UTC)[responder]

Estiven pensando que como o artigo de Xosé Díaz Castro xa ten imaxe dun busto del, case non paga a pena que fagan o seu retrato. Pola contra atopei o artigo de Luís Amado Carballo que non ten ningunha imaxe del, ou o de Armando Cotarelo Valledor, e que ademais non atopei ningunha escultura deles. Na web da RAG hai algunhas fotos deles nas que se poderían basear para facer os retratos, ¿que vos parece a idea? Tamén se poden buscar outros escritores máis actuais, que non teñan foto libre e que xa finaran, e dos que sexa máis difícil conseguir imaxes libres... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2013 ás 15:03 (UTC)[responder]

Appropriately Licensed[editar a fonte]

De interese: Commons:Requests for comment/AppropriatelyLicensed. --. HombreDHojalata.conversa 5 de xullo de 2013 ás 19:11 (UTC)[responder]

Necesito fotografía[editar a fonte]

¿Non temos ningunha fotografía do novo edificio do Museo das Peregrinacións (praza Praterías, antigo Banco de España)? Necesitaba unha foto para o artigo que acabo de comezar e, aínda que crin tela visto, aquí ou en Commons, agora non atopo nada. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 2 de agosto de 2013 ás 23:24 (UTC)[responder]

En Commons atopei esta na que se ve de refilón, ningunha de frente. Pero hai varias persoas na capital que poden tirarlle unha fotiño cando den un paseo por alí... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de agosto de 2013 ás 00:39 (UTC)[responder]
Si. Esta foto ou alguna similar xa estaba seleccionada tamén para o artigo: a Casa do Cabido forma parte do complexo museístico, que son tres edificios: a Casa Gótica (o museo das peregrinacións de sempre), a Casa do Cabido (engadido en 2011, para exposicións temporais) e a joya de la corona: o antigo edificio do Banco de España, incorporado e inaugurado en 2012. Se non temos fotos, xa tirarei eu unha a semana que vén, a non ser que algún galipedista a faga e a suba antes. O caso é que eu estiven no Museo esta primavera, pero só teño fotos do interior. Grazas, Elisardo, e non deixes de ir velo cando poidas, que ben paga a pena. Pedro --Lameiro (conversa) 3 de agosto de 2013 ás 00:56 (UTC)[responder]
Tomo nota, que non sabía que ese edificio agora tamén é museo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de agosto de 2013 ás 09:49 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── A ver se vale esta:

Imaxe do Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela A Coruña Galiza Spain

Escudos franquistas[editar a fonte]

Por motivos que descoñezo estanse a empregar nos concellos galegos imaxes de escudos con textos errados a pesares de ter alternativas jallejas.

galipedia Non usar

Saúdos --Nemigo 19 de agosto de 2013 ás 13:15 (UTC)[responder]

  • Eu xa o denunciei na páxina de conversa de Oia, e non se me deu explicación correcta ningunha, só que hai unha asociación que así o avala, non se me dixo nin cando o avalaron nin a razón pero vale máis o que diga unha asociación privada que o escudo que pon o concello na súa web.--Sernostri (conversa) 19 de agosto de 2013 ás 13:29 (UTC)[responder]
Me dejas que piedra que alguén tente xusfiticar un escudo onde pon OYA en nome dunha asociación... pasando por riba do propio concello que si ten o escudo en galego. Saúdos --Nemigo 19 de agosto de 2013 ás 14:53 (UTC)[responder]

Desfixen a edición de HombreDHojalata e deixei o escudo en galego. Na páxina de conversa propuxen crear unha sección de símbolos onde se explique o caso de OYA, se é que hai algo que explicar (eu non sei deso). Piquito (conversa) 19 de agosto de 2013 ás 16:52 (UTC)[responder]

Entendo perfectamente que alguén se escandalice de ver un escudo no que aparece "Oya" na Wikipedia en galego. Porén hai que facer varias consideracións. Estanse a mesturar dous temas distintos. Os topónimos e os escudos.
Os topónimos: En alusión ao título desta sección, cómpre aclarar que en absoluto Oya, Bayona ... son topónimos franquistas, falacia moi estendida. Empregábanse centos de anos antes de que nacera Franco. Consulten bibliografía e cartografía, por favor, aqueles que estean convencidos do contrario, mesmo editadas fora de España e en linguas distintas do español. Dito o anterior, no caso dos topónimos non hai discusión ningunha. Nós empregamos o actualmente oficial: Oia, Baiona...
Indo o tema dos escudos. Hai que ter en conta a oficialidade, a representatividade do escudo. O escudo é un símbolo, baseado nun brasón. Un brasón é unha descrición heráldica. Pensade, logo, por un momento, no escudo como conxunto da súa simboloxía, non pesedes nunha representación gráfica concreta que faga un deseñador ou outro, empregando diferentes técnicas. Pensade no brasón.
Certamente Oia non ten escudo aprobado oficialmente. Se despregades a provincia de Pontevedra no Portal da Administración Local de Galicia veredes que aínda non aparece. Non hai decreto que aprobe o brasón. Si o hai para moitos outros, por exemplo para Bueu, moi moi recente (maio de 2013).
Entón, se aínda non hai escudo oficial, ¿cal escudo empregamos? Aquí hai que lembrar (1) Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria e (2) Wikipedia:Citar as fontes (Wikipedia:Verificabilidade). A Deputación de Pontevedra recolle na súa páxina web [1] unha descrición heráldica, un brasón, e advirte de que non está adaptado á normativa e así consta, perfectamente, na ficha de descrición de Commons:File:Oya.svg. Especifíca, amais, que a descrición foi facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia. ¿Esta asociación non é fonte acreditada a considerar, falando de heráldica galega?! Penso que si.
Agora eu pregunto. Alguén pode citar/existe algunha publicación acreditada que dea unha descrición distinta? O concello de Oia, por exemplo?
Moi ao contrario. Certamente, na páxina web do concello, na parte inferior do escudo pon "Oia", porén, se ampliades a imaxe e a observades ben, poderedes apreciar que na cinta azul pon: "AYUNTAMIENTO DE SANTA MARIA LA REAL DE OYA".
O que nos leva a que Commons:File:Escudo galego Oia.png é unha manipulación dun escudo que sí estaba baseado en referencias. Escudo galego Oia.png é unha invención dun usuario concreto.
Finalmente, e esta xa é unha cuestión técnica menor. O escudo en formato vectorial (svg) foi substituído por un en formato png. O anterior formato, o vectorial, é preferible porque é ampliable ata o infinito sen perda de calidade.
En canto a "Eu xa o denunciei na páxina de conversa de Oia, e non se me deu explicación correcta ningunha"... contestando de forma distendida: home, para sabelo para outra, canto tempo teño de prazo para contestar? Todos temos vida fora da Galipedia, penso. E estamos en agosto. Déixame ir a praia algún día, non? --. HombreDHojalata.conversa 20 de agosto de 2013 ás 08:35 (UTC)[responder]
Por canto o escudo é o que emprega o concello de Oia na súa web, non pode ser invención; estamos de acordo en que oficialmente Oia non ten escudo aprobado, se fosemos estritos non debería aparecer logo ningún escudo pero como o concello si emprega un, polo menos na súa web e seguramente noutros sitios tamén pero iso é especulación, podemos falar dun escudo oficioso (é posible mesmo que estea en trámite de aprobación pola Comisión de Heráldica da Xunta por iso o emprega o concello aínda que non estea aínda aprobado), polo tanto de empregar algún será o que utilice o concello (o que está en galego co topónimo correcto), non o proposto por unha asociación que aínda que trate da heráldica non é unha entidade pública, e máis sen saber cando o propuxeron (quizais antes de 1981, isto é antes de haber estatuto e ser o galego oficial) e que ademais legalmente nunca podería ser aprobado oficialmente por canto non utiliza a toponimia oficial.--Sernostri (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 08:46 (UTC)[responder]
Non sei onde miraches ti o escudo, pero onde o mirei eu está en galego, vese ben claro: [2]--Sernostri (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 08:51 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Véxoo, como dixen, na páxina do concello http://www.concellodeoia.es/ e pon "AYUNTAMIENTO DE SANTA MARIA LA REAL DE OYA", e inda que non fora así. Se non hai descrición heráldica é un mero debuxo, a diferencia do anterior, que sí ten descrición heráldica, por unha fonte acreditada.

O que non entendo a insistencia de desbotar a fonte citada. Por non ser un organismo oficial? ¿E? ¿Nos artigos desta enciclopedia unicamente admitimos como fontes aos organismos oficiais? Desde cando? Pois mira que non hai milleiros de artigos baseados no blog de Fulanito de Tal. Neste caso, e á falta de normativa oficial da Xunta, a min paréceme unha referencia sumamente válida. Repito: ¿alguén pode achegar unha mellor?

A Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia (colaboradora coas institución [3]) foi fundada en 2001 e a páxina da Deputación de Pontevedra consta como modificada en 2005. Todo iso de que si a fonte podería ser de antes de 1981 é unha especulación e, volvemos ao mesmo, aínda que así fora, nós non podemos inventar algo novo porque non hai ou non nos guste o que había (WP:NFP).

Se hai un "escudo oficioso é posible mesmo que estea en trámite de aprobación..." é algo que, ata que non estea publicado, é tramen unha especulación e está fora dos obxectivos deste proxecto. Lémbrese WP:NFP. Por favor, sexamos obxectivos, cingámonos a achegar referencias e non nos deixemos levar polo sentimento, está claro que aquí a todos nos gusta máis un escudo que poña "Oia" que un que poña "Oya".

Podemos facer moito mal inventando un escudo. Os contidos de Wikipedia cópianse é empréganse en ducias de páxinas web. Un escudo erróneo, polo uso estendido, podería acabar sendo tomado como bo.

Como curiosidades: non sei se tes a man a Gran Enciclopedia Galega. Alí aparece un escudo bastante diferente e sen lenda ningunha, nin "Oya", nin "Oia". Por outra banda, a EGU online non está operativa, bágoa. E mesmo neste proxecto hai máis versións Commons:File:ESCUDOYA2.jpg e Commons:File:Escudoya.jpg. Ningunha delas achega referencias fiables.--. HombreDHojalata.conversa 20 de agosto de 2013 ás 11:21 (UTC)[responder]

De feito estase metendo o escudo traducido noutras wikipedias. O único que ten referencias válidas é o que ten a divisa en castelán, que non constitúe caso aparte, unha boa parte dos escudos de Pontevedra teñen á antedita Asociación como única referencia. O cambio á versión traducida ó galego é propaganda. Hai moitas cousas que a min tampouco me gustan, pero non por iso vou editar o artigo sobre Rouco Varela para dicir que é sancristán. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20 de agosto de 2013 ás 12:19 (UTC)[responder]

E eu me pregunto: se o escudo non é oficial por que o poñemos na caixa de información? Visto o visto coido que o máis axeitado sería non poñer escudos non aprobados por lei, explícome: se un concello non aprobou o seu escudo pero ten un escudo "oficioso" penso que o mellor sería crear unha sección de símbolos do concello (escudos, bandeiras e logos) onde se expuxera a imaxe do escudo e se aclarase que non é un escudo oficial e que se adoita empregar o que sexa polo concello, e que tal asociación heráldica propón tal outro escudom, mais nunca poñer un escudo non oficial na caixa. Para min esta solución é a máis enciclopédica (para min, repito), de feito eu pensaba que todos os concellos galegos tiñan os seus escudos aprobados, xa que en ningures nos artigos dicía o contrario. Piquito (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 12:30 (UTC)[responder]

Comentario Aquí estase a mezclar o touciño ca velocidade e franco ca democracia. As argumentacións valen ata onde convén e máis lonxe non porque xa non as di o mesmo? A páxina web do concello de oia pon ese escudo. Non se entende que alguén dubide entón da súa auditoría ou legalidade por uso. Por aí xa temos base. Nese escudo do propio concello de oia (despois vamos polos amigos dos castelos desfeitos polos irmandiños) emprega o topónimo Oia. Tampouco ten senso algún dicir que esa non é unha toponimia franquista xa que era a que se empregaba nos tempos de franco, esa e só esa. Claro que algunha é anterior pero foi o réxime quen a oficializou. Antes claro que non tiña representación escrita a galega. Non había nin cartas náuticas en galego nin mapas publicados en galego. Tampouco había unha institución para fixar a toponimia galega no territorio. Oiga que para todo eso tivo que morrer franco. Tampoco ten senso algún dicir que por empregar na wikipedia algo que non é oficial se lle dea sona e chegue a oficializarse. Por moito que na wikipedia en español poñan Sangenjo, Rianjo, Valle del Oro o Germane segue sen ter oficialidade algunha e moito menos máis uso. Que chegaron a poñer Bueymuerto ou La Capilla (e puxérono sen basearse en asociación algunha, por certo). Se o problema do escudo é o formato... (non entendo como hai imaxes de escudos en jpg) pódese trocar sen problema algún. Ou aínda mellor: que o faga o autor do escudo. ¿Por que o autor desa crítica non llo pide el mesmo? Ah, non que esta moi ocupado. Tanto que cando volve poñer o mesmo escudo non ten tempo para explicalo. O concello de oia chámase así. Non ayuntamiento de oya. Pouco máis se pode engadir (espero)

Unha bandeira en jpg E este escudo en gif!

Saúdos --Nemigo 20 de agosto de 2013 ás 13:34 (UTC)[responder]

Wiki Loves Monuments 2013[editar a fonte]

Hoxe comeza de novo o maior concurso fotográfico do mundo, Wiki Loves Monuments! Se tedes imaxes de monumentos de Galicia, España ou dos outros países participantes aproveitade para subilas este mes a Commons e participade. As bases están en www.wikilm.es. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 00:48 (UTC)[responder]

Xa se deron a coñecer as 10 fotografías gañadoras da fase nacional, están aquí, hai unha da torre de Hércules :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2013 ás 02:22 (UTC)[responder]

O xurado internacional xa escolleu as imaxes gañadoras da fase internacional de WLM, podedes atopalas aquí. Tanto as gañadoras coma as finalistas de cada país teñen unha gran calidade e entre elas hai imaxes que son simplemente impresionantes, se vos gustan as fotos non podedes deixar de ver esta galería que ademáis é cento por cento libre!. Este é un gran valor que está a conseguir o evento de Wiki Loves Monuments.

Por certo, na asociación avisaron de que van facer uns calendarios con estas fotos, creo que será un calendario deses de pousar na mesa, sairán a uns dous ou tres euros (gastos de envío a parte), se alguén está interesado en ter algún que me avise antes do sábado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 10:07 (UTC)[responder]

Fotos Manuel Quiroga[editar a fonte]

Boas, subín unhas fotos aquí. Son estas de Manuel Quiroga. Gustaríame que estiveran en Commons, mais non sei se haberá problemas con elas, xa que son moi antigas e non se coñece o autor (a máis nova é de 1915). Deixoas aquí para que opinedes e se vedes que poden ir a Commons as trasladedes se queredes. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 29 de novembro de 2013 ás 19:58 (UTC)[responder]

Como son fotos moi antigas non hai problema, xa están no dominio público e poden pasarse a Commons sen problema. Cando teña un momento xa as paso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2013 ás 21:33 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de novembro de 2013 ás 01:07 (UTC)[responder]

A British Library libera un millón de imaxes[editar a fonte]

A imaxe xa estaba en Commons pero agora ten máis calidade.

Estes días saleu a nova de que a British Library liberou un millón de imaxes de libros antigos, do século XVII, XVIII e XIX, e publicounas no Dominio Público en Flickr, podedes consultalas aquí. Todas estas imaxes poden ser utilizadas nas wikis, pasándoas previamente a Commons. Das imaxes que subiron podedes ollar as que teñen o texto "Galicia" aquí (non todas son de Galicia pero hay algunhas sorpresas). A organización da subida das imaxes en Commons está aquí. Para subir unha imaxe de Flickr a Commons non fai falta copiala no ordenador, o novo asistente de carga faino automáticamente poñendo a dirección da páxina web que ten a foto, o único que hai que facer é poñer un nome, unha descrición e a categoría (tamén hai que poñer os modelos que se indican no Wikiproxecto de Commons pero seguindo os exemplos non é complicado). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2013 ás 01:40 (UTC)[responder]

Galicia na Guerra Civil[editar a fonte]

¿Non temos ningunha categoría que agrupe as imaxes relacionadas coa Guerra Civil en Galicia? Aínda que só fose para reunir as fotos que temos dos monumentos ós fusilados na Guerra, xa sería necesaria. Antes de creala prefería preguntar non sexa que exista e non a saiba atopar. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de decembro de 2013 ás 17:04 (UTC)[responder]

Non temos, que eu saiba. --. HombreDHojalata.conversa 27 de decembro de 2013 ás 18:03 (UTC)[responder]
Eu tampouco atopei nada en Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de decembro de 2013 ás 01:40 (UTC)[responder]

Pois xa a temos: Categoría:Imaxes sobre a Guerra Civil en Galicia. Agora só falta ir enchendo a categoría. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de decembro de 2013 ás 14:34 (UTC)[responder]

Votación a imaxe do ano 2013 en Commons[editar a fonte]

Comeza o período de votación para escoller a mellor imaxe do ano 2013 en Commons, os que queiran poden ver a información sobre o tema aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 08:26 (UTC)[responder]

Vergonza[editar a fonte]

Sinto vergonza allea tras ver que Ficheiro:Hugo van der Goes - The Adoration of the Kings (Monforte Altar) - Google Art Project.jpg foi imaxe da semana.

A foto é moi boa, pero as zonas negras superiores (parte de arriba da imaxe) son indignas. Poderían ter sido recortadas. É só unha opinión. Sexa como sexa, esas zonas negras non din nada bo deste proxecto, ou iso creo eu.

En realidade eu non me sinto parte deste proxecto, pero vendo as imaxes da semana, penso con certa frecuencia que vós vos queredes pouco a vós mesmos. Sorry, é só unha opinión-- Lmbuga / Conversa comigo  9 de febreiro de 2014 ás 04:25 (UTC)[responder]

Creo firmemente que para darlle maior entidade ó proxecto as imaxes da semana teñen que ter unha calidade mínima-- Lmbuga / Conversa comigo  9 de febreiro de 2014 ás 04:28 (UTC)[responder]
Propoño que as imaxes da semana procedentes de Commons se escollan de Quality images ou de featured pictures maiormente. Non é preciso que sexa norma escrita. É só unha proposición para evitar erros coma o anterior.-- Lmbuga / Conversa comigo  9 de febreiro de 2014 ás 04:38 (UTC)[responder]
Entendo que foi un erro que aparecera dese xeito a imaxe do cadro, pero penso que non se debe limitar a procedencia das imaxes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 22:59 (UTC)[responder]

Pois tes razón Lmbuga, a imaxe é realmente penosa. Non me decatei no momento de votar, pero agora fixándome (tampouco había que fixarse moito) vin que dita imaxe é penosa e vergonzosa para a portada. A partir de agora cando vote prestarei máis atención a esas cousas e procurarei que as imaxes que propoña sexan imaxes de calidade, canto menos nalgunha Wikipedia. Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 23:15 (UTC)[responder]

Problemas técnicos coa imaxe[editar a fonte]

Recentemente fixen un mapa da Coruña para o artigo do paseo marítimo. A min no Inkscape aparecíame todo correctamente, pero ao cargalo aquí aparecen uns rectángulos negros onde debería verse texto.

Alguén sabe arranxalo? Pontevedra78|Conversa 10 de febreiro de 2014 ás 16:11 (UTC)[responder]

Hai que seleccionar todo o texto e pasalo a trazo (es:Wikiproyecto:Ilustración/Taller gráfico/Problemas típicos con SVG en Wikimedia). Amáñocho cando estea na casa. . HombreDHojalata.conversa 11 de febreiro de 2014 ás 12:18 (UTC)[responder]
Grazas, non sabía diso. Pontevedra78|Conversa 11 de febreiro de 2014 ás 14:08 (UTC)[responder]

Preponderancia das imaxes sobre o texto[editar a fonte]

A conta do artigo uniforme estiven revisando nas políticas se había algún tipo de política sobre a inclusión de máis imaxes que texto nos artigos, non atopei nada pero como regra xeral penso que as imaxes han ilustrar pero debe ser o texto o que guíe o artigo, non obstante en uniforme seguín o modelo do artigo sueco que lle daba unha gran preponderancia á imaxe e ao texto arredor desa imaxe, creo que en determinados artigos sobre temas moi visuais ese é un modo de proceder correcto pero por se alguén non o ve así creo que debía comentalo nalgún sitio.--Sernostri (conversa) 18 de marzo de 2014 ás 16:43 (UTC)[responder]

Estiven buscando mais non atopei nada, e no libro de estilo tampouco... seica habería que tentar chegar a un consenso con isto. A verdade e que o que comentas é de sentido común, mais... --Norrin (Fálame) 19 de marzo de 2014 ás 12:20 (UTC)[responder]

Imaxe do ano de Commons[editar a fonte]

Xa rematou a votación a Imaxe do ano de Commons, hai unhas cantas imaxes incribles alí. Algunhas xa pasaron pola portada da Galipedia pero quedan moitas por poñer aínda. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 23:21 (UTC)[responder]

Imaxes da gala dos premios de teatro María Casares 2014[editar a fonte]

Algúns dos premiados ó final da gala.

A finais de marzo puiden asistir á gala de entrega de premios de teatro María Casares do 2014 para facer unhas fotos que xa están en Commons. Os que queiran poden ir mirando se hai algún artigo que poda usalas ou facer algún artigo para algunha delas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2014 ás 00:35 (UTC)[responder]

Imaxes de moedas antigas[editar a fonte]

Subíronse a Commons algunhas imaxes de moedas antigas, principalmente de España, que poden ser interesantes para engadir nos artigos. Poden atoparse en Commons:Category:Images of coins from Pliego. Máis información sobre o tema aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2014 ás 21:42 (UTC)[responder]

Hai un debate arredor dos dereitos de autoría desta imaxe, un autorretrato. O dono da cámara, o fotógrafo David Slater, entende que a súa publicación en Commons é unha violación dos seus dereitos de autoría. "Wikipedia refuses to delete photo as 'monkey owns it'", artigo de Matthew Sparkesen en The Telegraph, 6 de agosto de 2014 (en inglés). --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de agosto de 2014 ás 19:16 (UTC)[responder]

A resposta da wikipedia é absurda. Os animais nin as cousas teñen dereitos que poidan reclamar como seus ou ceder. O contrario levaría a situacións absurdas. Penso que o importante sería saber quen subiu a foto ou como a conseguiu. ¿Tamén a subiu o mono? Terá que ser un xuzgado o que decida. Outra parvada que custará cartos sen senso. tamén sería bo saber que dereitos ten a foto na wikipedia. Podería o tal autor (o dono da cámara, non o mono) facer catro modificacións na foto e dicir que é súa. Pero eso que o faga fora da wikipedia que aquí non lle pagarán ren. Por outra banda para subir unha foto xa che pregunta se es o autor da foto (supoñendo que o mono non subiu a foto) o que a subiu xa diría que non era súa, que amañen entre eles. Pero a wikipedia debera quitar a foto e deixarse de lerias, se non está claro de quen é non pinta nada aquí. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 5.10.206.195 (conversacontribucións) 6 de agosto de 2014 ás 23:18
This file is in the public domain, because as the work of a non-human animal, it has no human author in whom copyright is vested. --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de agosto de 2014 ás 21:28 (UTC)[responder]
Se un mono amaestrado (ou tolo) se pon a tirar fotos... ¿ese material pasa ao dominio público? Entón cal sería a diferenza entre un animal -non humano- e un droide? Se ciscan robots que tiren fotos ao chou... ¿todo para o dominio público? Segue sen se entender porque na commons pregunta se os arquivos son teus ou doutra persoa. Debera poñer: arquivos ao chou. Nos USA, os dereitos de autor din que os equipos para facer e reproducir material deben ser teus. Non podes facer copias, nin crear contidos con dereitos de autor se non es o propietario do equipo. Ben o saben en google books que deben dixitalizar os libros cunha cámara libre. Que se saiba os animais non teñen posesións.
O xulgado xa decidiu que a foto pertence ó dominio público. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de agosto de 2014 ás 23:53 (UTC)[responder]
Como vai decidir iso o xulgado? Pode o xulgado decidir de quen é o sol ou a lúa? Poden dicir como moito que non é túa, se a reclamas. O que se decidiu é que non procede que o dono da cámara reclame como de seu a foto.

Wiki Loves Monuments 2014[editar a fonte]

Como cada ano volve a organizarse o concurso Wiki Loves Monuments, para os que non o coñezan: este é un concurso fotográfico organizado polos capítulos da Fundación Wikipedia para conseguir imaxes libres de tódolos monumentos que forman parte do tesouro cultural e artístico de cada país. Dende o luns e ata final de mes poderán participar nel tódalas fotos de monumentos que se suban a Commons. Tedes máis información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de agosto de 2014 ás 23:53 (UTC)[responder]

Grazas polo aviso! Deixo outras ligazóns de interese relacionadas co tema: Wiki Loves Monuments (gl), Lista de monumentos da provincia da Coruña, Lista de monumentos da provincia de Lugo, Lista de monumentos da provincia de Ourense e Lista de monumentos da provincia de Pontevedra. --. HombreDHojalata.conversa 31 de agosto de 2014 ás 10:20 (UTC)[responder]
Tamén sería interesante que se coñecedes a xente que sexa aficionada á fotografía, lles comentarades a existencia desta actividade xa que moita xente non sabe que pode colaborar de forma moi doada coas wikipedias. Esta é unha forma sinxela de entrar no neste mundo xa que a través de Flickr pode participarse sen ter que facer unha conta en Commons nin nas wikis, as imaxes que se agreguen ó grupo de Flickr e sexan aceptadas subiranse automaticamente a Commons cando remate o concurso e logo xa poderán ser usadas en tódalas wikis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de setembro de 2014 ás 00:02 (UTC)[responder]
Un BIC bo candidato a ser fotografado: A Torre de Alarma de Barciela (Forcarei) 42°33′38.9″N 8°21′56.4″O / 42.560806, -8.365667. --. HombreDHojalata.conversa 1 de setembro de 2014 ás 11:09 (UTC)[responder]

Xa se deron a coñecer as fotos gañadoras de WLM 2014 na fase nacional, podedes atopalas, xunto coas 100 mellores nesta páxina. Agora as dez mellores fotos, que tamén podedes atopar aí, pasarán á fase internacional do concurso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 01:10 (UTC)[responder]

Acaban de publicarse as fotos gañadoras de WLM 2015 da fase internacional, podedes velas aquí, delas dúas son da fase nacional española o que indica o alto nivel dos participantes no noso país. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2014 ás 18:14 (UTC)[responder]

Commons xa ten dez anos[editar a fonte]

Primeira imaxe subida a Commons, un paspallás de México e EUA.

O 7 de setembro de 2004 comezou Commons, o proxecto da Fundación Wikimedia para o almacenamento de ficheiros multimedia e documentos, e que actualmente xa garda máis de 22 millóns de ficheiros. Como moitos xa sabedes, ese almacén é o servidor común (de aí o seu nome) de imaxes de tódolos proxectos Wikimedia, e onde se comparten e xestionan de forma colaborativa.

Tedes máis información no blog da Fundación e no de Wikimedia España. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de setembro de 2014 ás 08:16 (UTC)[responder]

Proxecto que a algunha xente desta Wikipedia non lle gusta moito.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 6 de outubro de 2014 ás 03:30 (UTC)[responder]

Cruz do Castro en Vigo[editar a fonte]

Alguén podería achegarse ata a Cruz do Castro, en Vigo, para tirarlle unhas fotacas antes de que a derruben? O interese é únicamente para que quede constancia de que estivo alí e teñamos unha imaxe libre diso. A repanocha sería ter fotos de cando a derrubaran! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de setembro de 2014 ás 08:20 (UTC)[responder]

Temos unha de 2006 de User:Dantadd. --. HombreDHojalata.conversa 9 de setembro de 2014 ás 21:33 (UTC)[responder]
Pois non a vira, se Commons é a repanocha! :) Grazas HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2014 ás 22:13 (UTC)[responder]
A ver se un día vou eu por alí, a sacar outra. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 6 de outubro de 2014 ás 03:26 (UTC)[responder]

Vuelta a España 2014 en Galicia[editar a fonte]

Fixen unha categoría en Commons coas fotos da Vuelta en Galicia, está aquí, se a alguén lle coincide facer algunha foto máis, pode poñela aí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de setembro de 2014 ás 00:06 (UTC)[responder]

Vale, cando suba as miñas, categorízoas aí. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 6 de outubro de 2014 ás 03:24 (UTC)[responder]

¿Ficheiros sem licença legível por máquina?[editar a fonte]

Temos 87 ficheiros categorizados como "Ficheiros sem licença legível por máquina" (por exemplo este: Ficheiro:Ferro couselo 2-2.jpg), aínda que logo non existe tal categoría (está en vermello). ¿Que significa esa categoría? ¿Que pretende dicir?. Pedro --Lameiro (conversa) 16 de novembro de 2014 ás 22:56 (UTC)[responder]

É unha categoría automática "implementada" na última actualización do softwarte. O nome en portugués ven de que está disposto que, cando aínda non hai versión en galego, se tire doutra lingua, neste caso o portugués.
Definín o nome en galego en MediaWiki:Commonsmetadata-trackingcategory-no-license. Agora chámase: Categoría:Ficheiros sen licenza lexible por máquina.
Pasa o mesmo con Categoría:Pages using duplicate arguments in template calls -> Categoría:Wikipedia:Páxinas con modelos con argumentos duplicados, e outras. --. HombreDHojalata.conversa 17 de novembro de 2014 ás 07:45 (UTC)[responder]
Pero siguen estando en Categoría:Ficheiros sem licença legível por máquina... (creo que é porque o sistema aínda non colleu as novas categorías) A categoría quere dicir que os datos da licenza non poden ser lidos automáticamente por un programa, un bot vamos, o que non sei é como hai que poñer os datos para que non pase isto. A ver se á noite podo revisalo mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de novembro de 2014 ás 12:32 (UTC)[responder]

Nalgúns casos, a cuestión soluciónase mudando o formato de táboa de datos (moi antigo) polo que empregamos dende hai anos: Así

É dicir, a táboa que hai que empregar é esta:


{{Information
| description = 
| source      = 
| date        = 
| author      = 
| permission  = 
| other_versions = 
}}

--. HombreDHojalata.conversa 17 de novembro de 2014 ás 19:39 (UTC)[responder]