Freia: Diferenzas entre revisións
m Bot: Retiro 49 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1647325 |
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética |
||
Liña 6: | Liña 6: | ||
== Historia == |
== Historia == |
||
Freia é, como tódolos [[Vanir|Vanes]], unha deusa da fertilidade, e, como seu irmán [[Frey]], deusa do amor. Así mesmo, a máis fermosa de entre as deusas tamén é considerada deusa da sensualidade, a sexualidade e a riqueza, personificando as forzas sagradas da vida. Polas súas características, tamén se lle considera a deusa protectora da primavera e de tódalas criaturas asociadas a ela: as [[flor]]es, as [[andoriña]]s, os cucos, as fadas e elfos, a música |
Freia é, como tódolos [[Vanir|Vanes]], unha deusa da fertilidade, e, como seu irmán [[Frey]], deusa do amor. Así mesmo, a máis fermosa de entre as deusas tamén é considerada deusa da sensualidade, a sexualidade e a riqueza, personificando as forzas sagradas da vida. Polas súas características, tamén se lle considera a deusa protectora da primavera e de tódalas criaturas asociadas a ela: as [[flor]]es, as [[andoriña]]s, os cucos, as fadas e elfos, a música etc. |
||
Tamén é unha gran maga, experta na lectura das [[runa]]s máxicas, os trances e o lanzamento de [[conxuro]]s, sabedoría que transmitiu ó resto dos deuses, e en particular, a [[Odín]], a quen se dí que lle ensinou a [[arte]] do Seidr. A estreita relación entre Odín e Freia queda máis patente aínda se temos en conta que esta última é tamén considerada líder das Valkyrias, e neste rol, repártese ás medias con Odín os heroes mortos en batalla, sendo polo tanto asociada tamén en certo modo á morte. |
Tamén é unha gran maga, experta na lectura das [[runa]]s máxicas, os trances e o lanzamento de [[conxuro]]s, sabedoría que transmitiu ó resto dos deuses, e en particular, a [[Odín]], a quen se dí que lle ensinou a [[arte]] do Seidr. A estreita relación entre Odín e Freia queda máis patente aínda se temos en conta que esta última é tamén considerada líder das Valkyrias, e neste rol, repártese ás medias con Odín os heroes mortos en batalla, sendo polo tanto asociada tamén en certo modo á morte. |
||
Liña 19: | Liña 19: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
=== Outros artigos === |
=== Outros artigos === |
||
*[[Lista de deuses xermánicos]] |
* [[Lista de deuses xermánicos]] |
||
{{Mitoloxía nórdica}} |
{{Mitoloxía nórdica}} |
Revisión como estaba o 13 de abril de 2015 ás 01:28
Freia, tamén chamada Freyja é a deusa nórdica do amor e da fertilidade. Tamén é a muller do deus Óðr.
Nomes
Existen dúas grafías para o nome de esta deusa: “Freyja” e “Freya”, usadas indistintamente nas diferentes linguas xermánicas e escandinavas. En castelán, porén, a forma normalmente utilizada é a segunda, “Freya”. En galego, pódese utilizar a forma alternativa “Freia”, que respectando a fonética orixinal da palabra, adecúase máis a unha grafía propiamente galega. O seu nome significa “A Señora”.
Historia
Freia é, como tódolos Vanes, unha deusa da fertilidade, e, como seu irmán Frey, deusa do amor. Así mesmo, a máis fermosa de entre as deusas tamén é considerada deusa da sensualidade, a sexualidade e a riqueza, personificando as forzas sagradas da vida. Polas súas características, tamén se lle considera a deusa protectora da primavera e de tódalas criaturas asociadas a ela: as flores, as andoriñas, os cucos, as fadas e elfos, a música etc.
Tamén é unha gran maga, experta na lectura das runas máxicas, os trances e o lanzamento de conxuros, sabedoría que transmitiu ó resto dos deuses, e en particular, a Odín, a quen se dí que lle ensinou a arte do Seidr. A estreita relación entre Odín e Freia queda máis patente aínda se temos en conta que esta última é tamén considerada líder das Valkyrias, e neste rol, repártese ás medias con Odín os heroes mortos en batalla, sendo polo tanto asociada tamén en certo modo á morte.
Xenealoxía
Filla do deus do vento e dos mares Njord e da xiganta Skadi, é irmá de Frey e a muller do seu amado, pero a miúdo ausente deus viaxeiro Orlorval.
Atributos
Freia, a fermosa deusa, é a miúdo representada cunha longa cabeleira loira, montada no seu carro tirado por dous gatos dos bosques (máis en concreto, gatos da raza chamada “Bosque de Noruega”). O seu símbolo é o colar “Brisingamen”, forxado polos ananos con estrelas. Tamén é coñecida por chorar lágrimas de ouro que se transforman en ámbar, pedra que a simboliza e que, ademais, é denominada tamén “lágrimas de Freia”. Entre as súas posesións destaca, á parte do seu carro, un manto máxico de plumas que a converte en falcón.