Buenos Aires: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SassoBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: or:ବୁଏନ୍ସ ଏଆରସ
DragonBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: so:Buenos Aires
Liña 392: Liña 392:
[[sk:Buenos Aires]]
[[sk:Buenos Aires]]
[[sl:Buenos Aires]]
[[sl:Buenos Aires]]
[[so:Buenos Aires]]
[[sq:Buenos Aires]]
[[sq:Buenos Aires]]
[[sr:Буенос Ајрес]]
[[sr:Буенос Ајрес]]

Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2013 ás 00:17

Coordenadas: 34°35′59″S 58°22′55″O / -34.59972, -58.38194

Bos Aires
Bandeira Escudo
Mapa
Información
País Arxentina
Superficie 202 km2
Poboación 3.120.435 (2009)
Densidade 13.679,6/km²
Alcalde Mauricio Macri
Páxina Oficial
Congreso da Nación Arxentina
Mapa de Bos Aires na Arxentina
Casas de estilo alemán no distrito de Belgrano
Casas do distrito de La Boca, poboado por italianos orixinarios de Xénova
Catedral Metropolitana de Bos Aires
Casa Rosada en Bos Aires
Puente de la Mujer deseñado por Santiago Calatrava
Teatro Colón

Bos Aires (en castelán: Buenos Aires) é a capital da Arxentina. Os seus habitantes denomínanse porteños, mentres que o morador da veciña Provincia de Bos Aires é denominado bonaerense.

A cidade atópase situada na beira dereita do esteiro do río da Prata, fronte á cidade uruguaia de Colonia del Sacramento. É, principalmente, unha cidade de servizos.

Historia

Artigo principal: Historia urbana de Bos Aires.

Bos Aires foi fundada por primeira vez o 3 de febreiro de 1536 polo español Pedro de Mendoza, baixo o nome de Nuestra señora del Buen Ayre, (Nosa señora do Bo Aire). A cidade foi abandonada e esnaquizada polos indios en 1541, e refundada o 11 de xuño de 1580 por Juan de Garay co nome de Ciudad de La Santísima Trinidad y Puerto de Santa María del Buen Ayre (Cidade da Santísima Trindade e Porto de Santa María do Bo Aire).

Trala súa segunda fundación Bos Aires tivo un escaso desenvolvemento ata que en 1776 foi nomeada capital do Virreinato do Río da Prata. Dende ese momento comezou a evolucionar rapidamente debido ao empurre comercial que a beneficiou, principalmente grazas ao contrabando, desenvolvéndose non só economicamente senón tamén culturalmente. A chegada de ideas liberais e fundamentalmente a ocupación de España polo exército napoleónico, permitiu a creación de movementos emancipadores, que desataron en 1810 a Revolución de Maio e a creación do primeiro goberno patrio.

Durante o longo proceso que levou á creación do Estado Nacional Arxentino, Bos Aires foi elixida lugar de residencia do Goberno Nacional, aínda que este carecía de autoridade administrativa sobre a cidade, que formaba parte da provincia de Bos Aires. A necesidade do goberno nacional de federaliza-la, sumada ao movemento de tropas ordenado polo gobernador da provincia, Carlos Tejedor, produciu en 1880 unha serie de enfrontamentos que rematarían coa derrota da provincia de Bos Aires e a federalización da cidade. Posteriormente, a Provincia de Bos Aires cedeu os partidos de Flores e Belgrano, os cales foron anexados ao territorio da Capital Federal. A cambio diso, a Provincia de Bos Aires recibiu unha compensación económica.

En 1882 o Congreso Nacional creou as figuras do intendente e o Concello Deliberante da Cidade. O intendente non era elixido polo voto popular, senón que era designado polo Presidente da Nación en conformidade co Senado. O primeiro en exercer o novo cargo foi Torcuato de Alvear, designado en 1883 por Xullo A. Roca.

Cara finais do século XIX e comezos do século XX a cidade sufriu unha transformación importante; a prosperidade económica que atravesaba o país sumada ás preparacións para o I Centenario que se celebraría en 1910 permitiron que a infraestrutura urbana se desenvolvése. Isto incluíu non só a construción de novos edificios, prazas e monumentos, senón tamén un mellooramento xeral nos servizos públicos que lle permitiu contar en 1913 co primeiro metro de Iberoamérica.

Durante o século XX a cidade experimentou un grande crecemento demográfico que a situou entre as maiores cidades da Terra, non só a nivel demográfico, senón tamén artístico, cultural e económico.

Trala Reforma da Constitución Arxentina de 1994 a cidade poido contar coa súa propia Constitución e cun goberno autónomo de elección directa. O 30 de xuño de 1996 celebráronse as eleccións que designarían ao Xefe de Goberno da Cidade, así como aos lexisladores que sancionarían a Constitución da Cidade. Nas eleccións do Poder Executivo resultou gañadora a fórmula da Alianza para a Xustiza, o Traballo e a Educación de Fernando de la Rúa, converténdose deste xeito no primeiro Xefe de Goberno. Tras dous meses de deliberacións, a Convención Constituínte finalmente sancionou o 1 de outubro de 1996 a Constitución da Cidade de Bos Aires.

No ano 2003 foi promulgada a Unión Civil[1], tanto para as parellas homosexuais como para as heterosexuais, converténdose na primeira cidade en América Latina en oficializar devanditas unións.

Relación con Galiza

Bos Aires foi cidade de acollida para numerosos galegos na emigración ou o desterro. Na realidade, é a cidade do planeta con máis habitantes galegos. É coñecido o seu Centro Gallego pola súa enorme influencia e instalacións (editorial, centro cultural, hospital,...) que tivo unha importancia básica na sociedade arxentina do século XX (máis aínda cando foi o corralito no 2001).

Xeografía

A cidade de Bos Aires atópase no hemisferio sur a 34º 36' de latitude e 58º 26' de lonxitude. A cidade autónoma (tamén coñecida como Capital Federal) esténdese sobre un terreo chairo con 19,4 km de norte a sur e 17,9 km de leste a oeste. Na súa superficie de 202 km2 vivian, en 2009, 3.120.435 habitantes. No entanto, cando se examina súa rexión metropolitana (a chamada Gran Bos Aires), a superficie atinxe 3880 km2 e a poboación chega aos 13 millóns de habitantes, converténdoa nunha das cidades máis populosas do mundo e a segunda na América do Sur, despois de San Paulo, no Brasil.

Na marxe oposta do Río da Prata, atópase a cidade uruguaia de Colonia del Sacramento. Bos Aires lígase a Colonia e a Montevideo por barco (que cobre a ruta Bos Aires-Montevideo en pouco máis de tres horas, e Bos Aires-Colonia en cerca dunha hora). O Río da Prata (Río de la Plata) e mailo Riachuelo forman os límites naturais da Cidade Autónoma de Bos Aires a leste e a sur. O resto do seu perímetro está demarcado pola Avenida General Paz, que circunvala a cidade de norte a oeste. Esta avenida liga de forma rápida a cidade coa Gran Bos Aires, unha rexión de alta concentración de habitantes e forte actividade comercial e industrial.

Clima

O clima da cidade é temperado oceánico (ameno durante todo o ano). As temperaturas medias anuais son de 18º Celsius. No inverno a temperatura pode caer a 3º C, encanto no verán, húmido, a temperatura media é de 28º. Só unha vez na súa historia, en 1918, rexistrouse caída de neve.

Demografía

Os habitantes de Bos Aires son coñecidos como porteños (xente do porto), isto é debido á grande importancia que tivo o porto da cidade no desenvolvemento da cidade e da nación. Os habitantes da provincia de Bos Aires (as veces excluíndo os arrabais da cidade) son coñecidos como bonaerenses.

Censo poboacional

Crecemento poboacional dende 1740
Ficheiro:Buenos Aires -Argentina- 131.jpg
A densidade poboacional da cidade é duns 13.000 hab/km².

Segundo o censo do 2002, a cidade ten unha poboación de 2.768.772, mentres que a área metropolitana do Gran Bos Aires ten unha poboación de 13 millóns de habitantes (censo do 2001). A poboación da cidade atópase estancada dende 1960, debido as baixas taxas de natalidade e á pouca emigración á cidade.

Orixe

A maioría dos porteños teñen orixen europea, sendo maioría os descendentes de españois e italianos, destacando os descendentes dos galegos, asturianos, e vascos entre os españois, e os calabreses, lingurianos, piemonteses, lombardos e napolitanos entre os italianos.

Entre as outras orixes europeas destacan os alemáns, portugueses, polacos, irlandeses, rusos, franceses, croatas, ingleses e galeses. Dende a década dos anos 90 produciuse unha pequena onda migratoria provinte da Ucraína e da Romanía.

Na cidade existe unha pequena minoría de orixe criolla, orixinaria do período imperial español. A poboación criolla e mestiza incrementouse nas últimas décadas grazas á emigración, principalmente das provincias e dos países veciños (Bolivia, Perú e Paraguai).

Dende comezos do século XX, estableceuse na cidade unha importante comunidade árabe, formada principalmente por sirios, libaneses e armenios.

A comunidade xudía do Gran Bos Aires está formada por uns 250.000 membros, e constitúe a maior da Latinoamérica. A maioría son de orixe Asquenací, provintes de Alemaña e Rusia. Destaca tamén a pequena comunidade xudía de orixe sefardí, formada principalmente por xudeus de orixe siria.

A comunidade asiática de Bos Aires ten a súa orixe no Xapón, destacando a rexión de Okinawa como emisora de emigrantes. Dende a década dos 70 produciuse un importante fluxo migratorio dende China e Corea.

Relixión

A maioría dos habitantes de Bos Aires son católicos. Destacan tamén as comunidades ortodoxas e anglicanas. A partir da década dos 80 produciuse un importante medre da Igrexa Evanxélica.

A cidade tamén conta con importantes comunidades xudías e islámicas dende fai máis dun século.

Economía

A Torre BankBoston, inaugurada no 2001.

No 2004 o Produto Interior Bruto (PIB) da cidade de Bos Aires foi de aproximadamente $100.455 billóns[2], o que equivale a $36.185 per capita. Os ingresos superiores aos 10.000 dólares per capita triplica a media nacional, o que converte á cidade nunha das de maiores ingresos per capita da América Latina.

O principal sector económico de Bos Aires é o sector Servizos, o cal representa o 73% do PIB da cidade, superando o 66% da media nacional. Dentro do sector servicos o sector de maior importancia é o de servizos imobiliarios, empresariais e de aluguer, sector que xera 17.195 billóns de pesos.

Dentro do sector servizos, o segundo maior sector en importancia son os servizos financeiros, xerando 12.622 billóns de pesos. A cidade xera o 67% do valor engadido deste sector a nivel nacional, concentrando o 53% dos depósitos e o 68% dos emprestimos.

A industria representa o 20% do PIB, xerando 20.308 billóns de pesos. O desenvolvemento dos sectores produtores de bens é elevado dende a saída da convertibilidade. No 2004 o sector tivo un crecemento do 21%, mentres o sector servizos medrou un 19%.

No ano 2004, o PIB da cida medrou un 8,5% en relacion ao ano 2003[3], sendo a construción o sector de maior crescemento (un 50%), seguido da Electricidade, o Gas e a Auga (25,7%) e os Servizos de Transporte (18,7%). Con todo, o sector dos servizos financeiros caeu un 8%, acumulando unha caída do 44% dende o 2001.

Nos últimos anos, Bos Aires vén de converterse nun polo turístico, en especial grazas á desvarolización do peso o cal orixinou unha acentuada baixada dos custos para os visitantes estranxeiros. Entre o ano 2002 e 2004, a cantidade de establecementos hoteleiros medrou un 10,7%, mentres que a taxa de habitacións ocupadas sufriu un medre do 42,9%.[4]

Turismo

A cidade conta co Aeroporto Internacional de Ezeiza (situado a 35 km da cidade) e cun aeroporto doméstico, o Aeroparque Jorge Newbery. Conta co terminal viario de Retiro, de onde parten e chegan liñas de autobús para todas as rexións do país e para cidades do Chile, Perú, Bolivia, Paraguai, Uruguai e Brasil. Conta tamén con ferry-boats que a conectan coas cidades de Colonia del Sacramento, Montevideo e Piriápolis, no veciño Uruguai. Fica a 1630 km ao norte doutro importante destino turístico arxentino, a cidade de Bariloche.

Mapas Interativos: Acceso a información que lle interesar, nos mapas Monumentos e lugares de interese:

  • Centro
    • Cabildo Histórico
    • Casa Rosada
    • Catedral Metropolitana
    • Congreso Nacional
    • Palacio Municipal
    • Plaza de Mayo (onde fica a Casa Rosada e maila Catedral)
    • Puente de la Mujer (ponte móbel situada en Puerto Madero)
    • Puerto Madero (e os seus cafés e restaurantes)
    • Manzana de las Luces
    • Obelisco
    • Reserva Ecolóxica Costanera Sur (próxima a Puerto Madero)
    • Teatro Colón
  • Bairro Norte
    • Biblioteca Nacional
    • Cemiterio da Recoleta
    • MALBA (Museo de Arte Latinoamericano de Bos Aires)
    • Museo Nacional de Bellas Artes
    • Praza (Plaza) Francia
  • Bairro de Palermo
    • Parque Tres de Febrero
    • Jardín Japonés
    • Planetário
    • Jardín Botánico
  • Bairro de La Boca
    • Caminito
    • Estádio de fútbol do Boca Juniors
    • Museo Histórico Nacional
  • Bairro de Mataderos
    • Feira de artesanía e tradicións arxentinas
  • Bairro de San Telmo
    • La Casa Mínima
    • Praza Dorrego
    • Museo Nacional de Arte Decorativa

Cidades irmás

A Cidade de Bos Aires ao longo da súa historia irmandouse con cidades de varios continentes, ademais dalgunhas comunidades autónomas e rexións.[5]

Cidades irmás de Bos Aires:

Rexións, estados e comunidades autónomas irmanadas coa cidade de Bos Aires:

Notas

  1. Véxase Ley 1004
  2. A prezos básicos, Dirección General de Estadísticas e Censos. Informe de Resultados Nº245.
  3. A prezos constantes de 1993.
  4. Enquisa de Ocupación Hoteleira (EOH), Dirección Xeral de Estatística e Censos (G.C.B.A.) e Secretaría de Turismo da Cidade de Bos Aires.
  5. Lista de irmanamentos e convenios
  6. Ley Nº 682

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Link FA Modelo:Link GA Modelo:Link FA ak:Buenos Aires