Unión civil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A convivencia superior a dous anos ou un fillo en común supoñen a acreditación de unión estable de parella, sen ter en conta a orientación sexual dos membros da mesma.

Unha unión civil é unha das varias denominacións empregadas para estabelecer un estado civil distinto ó casamento civil. Creada tipicamente para que as parellas homosexuais vivan de semellante e iguais dereitos e obrigas das que gozarían as parellas heterosexuais ó estar civilmente casadas.[1] Baixo unha interpretación xurídica, normativa e constitucional, o número de dereitos e obrigacións que enmarcan unha unión civil dependen en maior ou menor grao do ordenamento xurídico doméstico. Nalgunhas xurisdicións chámanse pacto civil de solidariedade ou sociedade de convivencia. Tamén a unión civil busca protexer o libre exercicio dos dereitos humanos das persoas LGTBI ante as hostilidades da sociedade, calquera que fose o motivo. A intervención do estado a través das súas políticas públicas é importante ó realizar unha labor tutelar da súa integridade e benestar permanente, definindo así a súa vixencia como sector da sociedade.

A fonte dos dereitos e obrigas da unión civil proveñen da decisión de dúas persoas de estar xuntas, motivada xeralmente por un vínculo afectivo ou un de índole contractual. Iso obedece ó sistema xurídico do país onde se asegure que ambas as persoas alcancen a concretar o seu desenvolvemento libre e o seu benestar común.

Nalgúns países ou estados, as unións civís están dispoñibles tamén para os heterosexuais que desexen estabelecer unha convivencia, pero que non desexan alcanzar o estado que lles outorga o matrimonio civil. A unión libre é un acto que pode ser válido segundo a comunidade onde se faga.

Galicia recolle este dereito dende o ano 2008.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]