Kíiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «Kiev»)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 50°03′42″N 19°56′14″L / 50.06167, -19.93722

Kíiv
Ки́їв
Ки́ев
Flag of Kyiv Kurovskyi.svg
COA of Kyiv Kurovskyi.svg
Collage of Kiev.png
Vistas da cidade
Localización
Kíiv en Ucraína
Kíiv
Kíiv
PaísUcraína Ucraína
ConcelloConcello da cidade de Kíiv
Xeografía
Altitude179 msnm
Superficie839 km²
Demografía
Poboación2 847 200 hab. (2013)
Densidade3299 hab/km²
Outros datos
Código postal01xxx-04xxx
AlcaldeVitalii Klychko
Páxina oficial de Kíiv

Kíiv[1], anteriormente Kiev[2][3][4] (en ucraínoКиїв, tr. "Kyiv"[5][ˈkɪjiw] (AFI)Uk-Київ.ogg escoitar; en rusoКиев, tr. "Kiev") é a capital e maior cidade da Ucraína, cunha poboación de arredor de 3 millóns de habitantes en 2020.[6] Segundo o censo de 2001 a maioría da poboación é de nacionalidade ucraína, concretamente o 82,2%, a principal minoría é a rusa co 13,1% seguido da xudía (0,7%), bielorrusa (0,6%), polaca (0,3%) e armenia (0,2%). A maioría da poboación, un 75%, declara no censo que o ucraíno é a súa lingua materna pero segundo unha enquisa sociolingüística realizada en 2003 o ruso é a lingua que fala a maioría da poboación, un 52% fala habitualmente principalmente ruso, 32% ruso e ucraíno, 14% principalmente ucraíno e só o 4,3% só ucraíno.

Administrativamente, Kíiv é unha cidade cun status especial, independente do oblast (rexión) de Kíiv que a arrodea. Kíiv constitúe un centro industrial, científico, educativo e cultural importante no leste de Europa. A cidade é atravesada polo río Dniéper.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Igrexa de San Miguel 
Porta de Ouro 
Pechersk Lavra 
Pechersk Lavra 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Seminario de Onomástica aproba a adaptación dos nomes da capital e doutras cidades ucraínas". Real Academia Galega. 8 de marzo de 2022. 
  2. Kiev foi a forma considerada pola RAG ata o 8 de marzo de 2022, adaptada da forma rusa do topónimo. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ucraíno.
  3. Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 2104. ISBN 9788482893600. 
  4. SNL da CRTVG. "Atlas Mundial Galego Online". Consultado o 2 de abril de 2014. 
  5. Sistema nacional de transliteración ucraíno. Resolución N. 55 do Gabinete de Ministros de Ucraína do 27 de xaneiro de 2010.
  6. "Kyiv, Ukraine". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

LIgazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.