Freia: Diferenzas entre revisións
asimesmo -> así mesmo |
m r2.6.4) (bot Modificado: nl:Freya (godin) |
||
Liña 47: | Liña 47: | ||
[[lv:Freija]] |
[[lv:Freija]] |
||
[[nds-nl:Frieja]] |
[[nds-nl:Frieja]] |
||
[[nl:Freya]] |
[[nl:Freya (godin)]] |
||
[[nn:Gudinna Frøya]] |
[[nn:Gudinna Frøya]] |
||
[[no:Frøya (gudinne)]] |
[[no:Frøya (gudinne)]] |
Revisión como estaba o 15 de febreiro de 2011 ás 00:50
Nome propio. Deusa nórdica do amor e da fertilidade.
Nomes
Existen dúas grafías para o nome de esta deusa: “Freyja” e “Freya”, usadas indistintamente nas diferentes linguas xermánicas e escandinavas. En castelán, porén, a forma normalmente utilizada é a segunda, “Freya”. En galego, pódese utilizar a forma alternativa “Freia”, que respectando a fonética orixinal da palabra, adecúase máis a unha grafía propiamente galega. O seu nome significa “A Señora”.
Historia
Freia é, como tódolos Vanes, unha deusa da fertilidade, e, como seu irmán Frey, deusa do amor. Así mesmo, a máis fermosa de entre as deusas tamén é considerada deusa da sensualidade, a sexualidade e a riqueza, personificando as forzas sagradas da vida. Polas súas características, tamén se lle considera a deusa protectora da primavera e de tódalas criaturas asociadas a ela: as flores, as andoriñas, os cucos, as fadas e elfos, a música, etc.
Tamén é unha gran maga, experta na lectura das runas máxicas, os trances e o lanzamento de conxuros, sabedoría que transmitiu ó resto dos deuses, e en particular, a Odín, a quen se dí que lle ensinou a arte do Seidr. A estreita relación entre Odín e Freia queda máis patente aínda se temos en conta que esta última é tamén considerada líder das Valkyrias, e neste rol, repártese ás medias con Odín os heroes mortos en batalla, sendo polo tanto asociada tamén en certo modo á morte.
Xenealoxía
Filla do deus do vento e dos mares Njord e da xiganta Skadi, é irmá de Frey e a muller do seu amado, pero a miúdo ausente deus viaxeiro Orlorval.
Atributos
Freia, a fermosa deusa, é a miúdo representada cunha longa cabeleira loira, montada no seu carro tirado por dous gatos dos bosques (máis en concreto, gatos da raza chamada “Bosque de Noruega”). O seu símbolo é o colar “Brisingamen”, forxado polos ananos con estrelas. Tamén é coñecida por chorar lágrimas de ouro que se transforman en ámbar, pedra que a simboliza e que, ademais, é denominada tamén “lágrimas de Freia”. Entre as súas posesións destaca, aparte do seu carro, un manto máxico de plumas que a convirte en falcón.