Comarca dos Ancares: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: {{ConcellosAncares}}
Liña 17: Liña 17:
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Serra dos Ancares]]
* [[Serra dos Ancares]]
{{ConcellosAncares}}

{{Comarcas}}
{{Comarcas}}
{{véxase}}

[[Categoría:Comarcas galegas|Ancares, Comarca dos]]
[[Categoría:Comarcas galegas|Ancares, Comarca dos]]



Revisión como estaba o 11 de setembro de 2010 ás 14:08

Comarca dos Ancares
Comarca dos Ancares

Os Ancares é unha comarca que toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental da Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León.

Localización e características

É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao N) e O Courel (ao S). Os Ancares teñen 12.480 habitantes (datos de 2007), e uns 907 km2, por tanto posúen unha baixa densidade poboacional. Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.

Galería de imaxes

Vexa tamén a Galería de imaxes da comarca dos Ancares

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Véxase