Sorg og glæde
Sorg og glæde | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sorg og glæde |
Director | Nils Malmros |
Guión | Nils Malmros John Mogensen |
Intérpretes | Jakob Cedergren Helle Fagralid |
Estrea | 7 de novembro de 2013 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | ![]() |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sorg og glæde é un filme dinamarqués de 2013 dirixido por Nils Malmros. O filme autobiográfico conta o acontecemento tráxico no que a muller de Malmros, que padece de trastorno bipolar, matou a súa filla pequena cun coitelo.[1] Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2]
Argumento[editar | editar a fonte]
O director de cine Johannes está casado coa mestra de escola Signe, que padece de trastorno bipolar. Tras volver á casa despois de estar ingresada, Signe matou a súa filla de nove meses. O filme conta como se coñeceron Johannes e Signe e que pasou despois.
Os feitos reais vivifos polo director Nils Malmros tiveron lugar en 1984.[3]
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Jakob Cedergren como Johannes
- Helle Fagralid como Signe
- Ida Dwinger como Else
- Kristian Halken como Laurits
- Nicolas Bro como Birkemose
- Helle Hertz como nai de Johannes
- Niels Weyde como pai de Johannes
- Søren Pilmark como avogado
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Lindberg, Kristian (7 de novembro de 2013). Berlingske Tidende, ed. "»Det er kun de uvidende, der tillægger Marianne et ansvar for tabet af vores barn«" (en dinamarqués). p. kultur. Consultado o 31 de marzo de 2017.
- ↑ Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Denmark Nominates 'Sorrow and Joy' in Foreign-Language Category". Consultado o 18 de setembro de 2014.
- ↑ Thorsen, Nils (2 de novembro 2013). "Nils Malmros: "Her og nu var der ikke andet i verden end at redde Mariannes liv"" [Nils Malmros, "Here and now there was nothing else in the world than to save Marianne's life"]. Politiken (en dk). pp. Film og TV. Consultado o 31 de marzo de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sorg og glæde na IMDb (en inglés).