En kongelig affære
Aparencia
En kongelig affære é un filme de 2012 dirixido por Nikolaj Arcel, e protagonizado por Mads Mikkelsen, Alicia Vikander e Mikkel Følsgaard. É unha coprodución internacional entre Dinamarca, Suecia e a República Checa. A historia está ambientada no século XVIII, na corte do rei mentalmente doente Cristián VII de Dinamarca, enfocándose no idilio amoroso entre a súa muller, Carolina Matilde de Gran Bretaña, e o médico real Johann Friedrich Struensee.
O filme recibiu dous Osos de Prata na 62ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín,[1] e foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 85ª edición dos premios.[2] Foi nomeado na mesma categoría na 70ª edición dos Globos de Ouro.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mads Mikkelsen como Johann Friedrich Struensee
- Alicia Vikander como Carolina Matilde de Gran Bretaña
- Mikkel Følsgaard como Cristián VII de Dinamarca
- David Dencik como Ove Høegh-Guldberg
- Søren Malling como Hartmann
- Trine Dyrholm como Xiana María de Brunswick-Wolfenbüttel
- William Jøhnk Nielsen como Frederico VI de Dinamarca
- Cyron Bjørn Melville como Enevold Brandt
- Rosalinde Mynster como Natasha
- Laura Bro como Louise von Plessen
- Bent Mejding como J.H.E. Bernstorff
- Thomas W. Gabrielsson como Schack Carl Rantzau
- Søren Spanning como Münster
- John Martinus como Ditlev Reventlow
- Erika Guntherová como Lady in Waiting
- Harriet Walter como Augusta de Saxonia-Gotha
- Klaus Tange como Ministro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ berlinale.de, ed. (19 de febreiro de 2012). "62ND BERLIN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL FEBRUARY 09 - 19, 2012: Surprising and surprised winners". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2014.
- ↑ BBC News (ed.). "Oscars: Hollywood announces 85th Academy Award nominations". Consultado o 10 de xaneiro de 2013.
- ↑ Olsen, Mark (13 de decembro de 2012). Los Angeles Times, ed. "Golden Globe nominations 2013: Foreign category flies to France". Tribune. Consultado o 13 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- En kongelig affære na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
Categorías:
- Filmes de 2012
- Filmes en lingua dinamarquesa
- Filmes de Dinamarca
- Filmes de Suecia
- Filmes da República Checa
- Filmes dirixidos por Nikolaj Arcel
- Filmes rodados na República Checa
- Filmes ambientados en Copenhage
- Filmes ambientados en Inglaterra
- Filmes ambientados en Dinamarca
- Filmes ambientados no século XVIII
- Filmes sobre políticos