A cidade é un dos principais centros económicos e industriais de Colombia, ademais de ser o principal centro urbano, cultural, económico, industrial e agrario do suroccidente do país e o terceiro a nivel nacional. Como capital departamental, acolle as sedes da Gobernación del Valle del Cauca, a Asemblea Departamental, o Tribunal Departamental, a Fiscalía Xeral, Institucións e Organismos do Estado, tamén é a sede de empresas oficiais como a municipal EMCALI.
A cidade ten un nome composto como case todas as fundacións españolas en América. Santiago (un dos nomes máis difundidos no continente grazas ás devocións de Santiago de Compostela en España), fai honra ó Apóstolo Santiago. Cali fundouse o 25 de xullo, día no que se celebra a data do Apóstolo Santiago. Por iso se lle deu este nome á cidade. O nome de Cali, en troques, ten varias lecturas: pode provir da lingua paezCaly (tecido sen agullas)[6] ou se cadra fai alusión a un dos pobos amerindios ou ó nome que daba á rexión e a un río ó sur da cidade, Lili (en paez, "húmido").[6] Tamén se cavilou sobre que foron indíxenas aztecas ó servizo dos conquistadores quen deron o nome a Cali, do náhuatlcalli ("casa") ou posiblemente sexa unha verba de orixe quechua introducida polos indios Yanaconas que foron traídos polo fundador Sebastián de Belalcázar dende Ecuador, interpretación respaldada pola existencia dunha poboación indíxena de nome "Cali Cali" nas proximidades de Quito. A etimoloxía máis probable é a paez, xa que varios nomes de Valle del Cauca teñen o seu significado nesa lingua,[7] especialmente se se segue o antigo dicionario de Eugenio del Castillo y Orozco.[8]
A cidade atópase no departamento de Valle del Cauca. Xeograficamente, Cali está no val do río Cauca, o segundo en importancia do país. Á altura de Cali, este val ten 35 quilómetros de ancho e a zona urbana está sobre a beira occidental do río. A parte occidental da cidade atópase custodiada polos Farallóns de Cali, que forman parte da cordilleira occidental dos Andes colombianos.
O clima é de sabana tropical. A cordilleira Occidental bloquea as frontes de aire húmido provenientes do océano Pacífico, aínda que é notable que a airexa mariña chega até a cidade. A cordilleira occidental ten 2000m de altitude no norte da cidade e acada os 4000m no sur. Isto fai que a rexión suroccidental sexa máis chuviosa que a noroccidental. As precipitacións anuais van dende os 900mm nas zonas máis secas até os 1.800mm nas zonas máis chuviosas, con 1.000mm sobre a maior parte da área Metropolitana de Cali. A temperatura media é de 23.1°C (73.6°F) cunhas mínimas de 15°C (66°F) e unhas máximas de 32°C (86°F), cun máximo absoluto de 36°C e mínimo absoluto de 13°C. As estacións secas van de decembro a febreiro e de xullo a agosto, e a estación de chuvias de marzo a maio e de setembro a novembro.
A temperatura máis alta rexistrada en Cali foi de 39°C o día 16 de agosto de 1979, e a máis baixa foi de 4°C o 18 de xuño dese mesmo ano. Cali só rexistrou dúas veces acumulación de neve, nos anos 1979 e 1983.
↑Buga (ola de barro grande), Yumbo (asolagamento, beira do río, río grande), Sonso (ra), Dagua (especie de árbore), Petecué (ancián), Tuluá (horta), Chipichape (choclo cocido), Yotoco (aviva a chama), Quilichao (verte a chama), Changos (escoupro)
↑Castillo y Orozco, Eugenio (1877). Vocabulario Paez-Castellano. París: Maisonneuve y Cía Libreros Editores.
↑Instituto de Hidrologia Meteorologia y Estudios Ambientales (ed.). "Climate of Cali-Table of Values"(en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 4 de septembro de 2012.