Saltar ao contido

Conversa usuario:Miguelferig/arquivo2018

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wikirreto 2018

[editar a fonte]

Feliz Aninovo!!! Hoxe dá comezo o Wikirreto 2018. Anímate a participar. --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de xaneiro de 2018 ás 15:15 (UTC)[responder]

curto de máis vs. en progreso

[editar a fonte]

Hola Miguelferig. En determinados casos non importa que teñan o marcador en progreso, se son extremadamente curtos merecen o marcador correspondente. O límite entre o que é demasiado curto ou non adoita estar ó redor dos 2kb, nalgúns casos máis ou menos, dependendo da cantidade de texto vs. código wiki. Habería que reverter algúns dos cambios que fixeches na retirada deses marcadores. Podes ver unha conversa anterior sobre o tema aquí. Banjo tell me 3 de xaneiro de 2018 ás 00:10 (UTC)[responder]

Si, o do cambio do marcador en progreso foi hai tempo. Houbo dúas conversas, esta de 2007 e estoutra máis nova de 2016 de tras acordarse o cambio fixérao eu co bot para poñelos ó final do artigo. Non son exclusivos e son cuestións distintas, o marcador {{curto de máis}} creouse para os artígos moi curtos que non chegan a un mínimo, o de en progreso é para os artigos curtos que xa teñen unha base mínima. A conversa máis xeral que indicas é esta e non foi conclusiva, moitos decantáronse por límites máis baixos de ~1kb ou ~1,5kb, e condicionándoo ó contexto do artigo, outros consideraron que non era necesario o marcador. En todo o caso o marcador está nos artigos que, como xa indiquei, constan dunha simple definición e son relativamente doados de ampliar. Para Viroloxía, Adenoma, Dunita, Nervio pectoral lateral e Ágata, todos eles <1kb, hai fontes suficientes na rede e noutras wikipedias como para ter un mínimo artigo, son en todos esos casos insuficientes no seu estado actual e merecen o marcador de atención. Banjo tell me 3 de xaneiro de 2018 ás 00:47 (UTC)[responder]

Votación Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras

[editar a fonte]

Boas, hai un aviso na taberna para votar as imaxes de Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras, participa para escoller o mellor retrato de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 6 de xaneiro de 2018 ás 01:55 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para escoller ó usuario Estevoaei como burócrata

[editar a fonte]

Boas, hoxe comezou unha votación para decidir se escoller ó usuario Estevoaei burócrata da Galipedia. Podes participar en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Estevoaei. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 16:59 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Obradoiro Wikidata

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar un obradoiro para coñecer mellor Wikidata e as súas posibilidades. Se estás interesado no tema avisa alí que queres participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 08:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

A wild polio appears...

[editar a fonte]

Ola Miguelferig. Unha consulta e procura de consello. No artigo inglés en:Poliomyelitis indícase o seguinte:

there were 37 cases of wild polio and 5 cases of vaccine-derived polio

Entendo que con "wild polio" fai referencia ós casos "non controlados" da doenza, cando os outros son dalgunha forma "controlados" por ser efecto da vacina, pero non estou seguro de como traducilo. A tradución literal "polio salvaxe" non me parece nada correcta, non sei que che parece a forma "non controlados", ou se coñeces algún outro térmo ou frase que adoite utilizarse nestes casos.

Grazas! Banjo tell me 23 de xaneiro de 2018 ás 13:07 (UTC)[responder]

URXENTE: Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para solicitar unha bolsa de cartos á Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario. Se queres comentar algunha cousa sobre esa solicitude podes participar en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario. Polo momento é só un borrador, pero a solicitude ten que presentarse este domingo a última hora, polo que se consideras que hai que cambiar ou engadir algo, é urxente que o comentes na taberna e que sigas ese fío para axilizar todo o posible a solicitude. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 16:35 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Apoio á solicitude de bolsa para as actividades do aniversario

[editar a fonte]

Boas a todos, xa está presentado o presuposto para as actividades do aniversario, agora sería preciso que os que apoien esa proposta engadan o modelo {{support}} no apartado "Endorsements". Podedes acceder á proposta aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 08:48 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018

[editar a fonte]

Boas, está a organizarse un obradoiro para coñecer o funcionamento de Wikidata, como mellorar a información que hai alí e como pode usarse nos artigos. Se é do teu interese tes máis información en Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 08:55 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Bioloxía

[editar a fonte]

Saúde Miguelferig. Levo días traballando con diferentes artigos propostos a calidade e máis dunha vez notei que aparecías neles (Linné e outros, se non lembro mal). Hoxe correxíchesme un sobre un termo filosófico que me xurdíu ao darlle voltas ao señor Mahler, Gustavo, as veces aparece un en lugares insospeitados ;). O caso é que rematei na túa páxina de usuario e comprobo que temos algunha cousiña en común ademáis desta wiki. Eu tamén son biólogo e profesor, interesado en bioquímica, xenética, etc... Tal vez podamos facer cousas xuntos nesta maravillosa ferramenta, hai un demo de artigos destes temas por mellorar. Estamos en contacto.--Viascos (conversa) 12 de febreiro de 2018 ás 03:03 (UTC)[responder]

Saúde de novo Miguelferig. Pois de entrada ocórreseme que o feito de coñecerte faime máis doado buscar axuda cando teña problemas cun artigo de bioloxía, e propóñote o mesmo. Aparte diso, infórmote dos meus plans de futuro. Estou amañando a miña páxina de usuario para organizar o traballo, e tamén para que ti ou calquera interesado saiba o que estou a facer e poda revisalo ou botar unha man. Podes consultalo aquí. Despois de un tempo revisando artigos propostos a calidade decidín centrarme (o cal neste sitio é cousa complexa) nos artigos relacionados coas ciencias, especiamente a bioloxía, e platéxome comezar por unha revisión dos 1000 artigos que toda enciclopedia debería ter relacionados coas ciencias. A idea sería ir mellorandoos e, chegado o caso, presentarlos a "Bos" ou "Calidade". É un traballo a moi longo prazo, pero se te animas poderíamos coordinar a revisión para no seu caso partir de dous votos seguros antes de propor nada. Xa me contas o que vexas. Saúde --Viascos (conversa) 19 de marzo de 2018 ás 23:52 (UTC)[responder]

Premio Xoán Manuel Pintos para a Galipedia

[editar a fonte]

Boas, o concello de Pontevedra acaba de anunciar os gañadores do Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua e a Galipedia foi escollida nun dos seus apartados. Tedes máis información na Taberna. Parabéns a toda a xente que colabora e que colaborou no proxecto, e que este recoñecemento sexa un impulso para facer a enciclopedia aínda mellor cada día. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 14:21 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Actividades do décimo quinto aniversario, sábado 10 de marzo

[editar a fonte]

Boas, como sabedes o vindeiro día 10 de marzo, sábado, vanse realizar en Ourense as diferentes actividades de celebración do décimo quinto aniversario da Galipedia. Ese día comezaremos co Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, no que degustaremos a torta de aniversario, despois faremos unha galecomida para charlar de todo o relacionado coa Galipedia, e o que non estea relacionado con ela, e para rematar faremos un Wiki Takes para facer fotos pola cidade. Nesta ocasión, e grazas á bolsa concedida pola Fundación Wikimedia, temos dispoñibles unhas bolsas de transporte para facilitar que as persoas interesadas poidan achegarse sen problema, hai que apuntarse na páxina das actividades, Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario, igual que para a galecomida. Canto antes vos anotedes mellor, así poderemos organizalo todo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de marzo de 2018 ás 17:13 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Anticorpo

[editar a fonte]

Olá Miguelferig, como vai? Assim que tiver um tempo, queira revisar o artigo Anticorpo para o qual pretendo abrir uma votação para artigo bo brevemente. Saudações, Shgür Datsügen (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 02:14 (UTC)[responder]

O artigo está perfeitamente apto para uma candidatura a artigo bo, mas estou um pouco em dúvida relativamente a uma eventual proposta para artigo de qualidade. Contrastando com o artigo da en.Wiki, e haja vista que a tradução para o catalão se deu em meados de 2009, este verbete está agora muito diferente do artigo anglófono, o qual tem vindo a sofrer profundas melhorias ao longo dos últimos anos, melhorias essas que podemos certamente identificá-las consultando o histórico deles e trazê-las para cá. Pena é que o meu galego deixa muito a desejar, e não me sinto confortável em revirar, rever e corrigir alguns dos principais trechos que foram modificados na en.Wiki desde então. Shgür Datsügen (conversa) 10 de marzo de 2018 ás 03:02 (UTC)[responder]
Concordo e já abri a votação. Admirável o seu trabalho, parabéns. Shgür Datsügen (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 00:22 (UTC)[responder]

Anticorpo

[editar a fonte]

Na sección "historia", no principio, menciónase as toxintas da difteria e do tétano. Mentres que a ligazón de difteria leva á enfermidade, a do tétano leva a tetanospasmina (toxina producida polo bacilo e sen artigo). Non pensas que sería mellor cambiar a ligazón á enfermidade tétano, con artigo feito?. Ademáis, parece que o Clostridium tetani produce máis dunha toxina. Xa me contas qué che parece. De paso, coméntoche que o artigo paréceme bo de sobra, incluso penso que podería chegar a calidade con pouco máis. Saúde. --Viascos (conversa) 25 de marzo de 2018 ás 01:28 (UTC)[responder]

Tes razón. Xa o engadín ao artigo de tétano. Voume poñer a mellorar os de tétano e difteria, que están un pouco froxos. Tamén me decatei que hai un premio Nobel sen artigo. Seguimos en contacto. --Viascos (conversa) 25 de marzo de 2018 ás 18:46 (UTC)[responder]

Merchandise Giveaway Nomination - Successful

[editar a fonte]

Hey Miguelferig

You have been successfully nominated to receive a free t-shirt from the Wikimedia Foundation through our Merchandise Giveaway program (https://meta.wikimedia.org/wiki/Merchandise_giveaways). Congratulations and thank you for your hard work!

Please email us at merchandisegiveawayErro en Modelo:Resposta a: Nome de usuario non indicado.wikimedia.org and we will send you full details on how to accept your free shirt.

Thanks! Seddon (WMF) (conversa) 29 de marzo de 2018 ás 16:36 (UTC)[responder]

Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global survey

[editar a fonte]
WMF Surveys, 29 de marzo de 2018 ás 18:41 (UTC)[responder]

Informe sobre a bolsa da Fundación Wikimedia

[editar a fonte]

Boas, na taberna está dispoñible un pequeno resumo do borrador do informe da bolsa da Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia e coméntase que quedan 416 EUROS por gastar e hai que decidir que se fai con eles, se devolverllos á Fundación ou organizar algunha outra cousa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de abril de 2018 ás 22:56 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Reminder: Share your feedback in this Wikimedia survey

[editar a fonte]
WMF Surveys, 13 de abril de 2018 ás 01:39 (UTC)[responder]

Proposta para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para engadir á páxina da portada o logotipo do Premio Xoán Manuel Pintos, outorgado á Galipedia este ano. Tódalas ideas e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 18 de abril de 2018 ás 07:41 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia survey

[editar a fonte]
WMF Surveys, 20 de abril de 2018 ás 00:48 (UTC)[responder]

Thank you for being one of Wikipedia's top medical contributors!

[editar a fonte]
please help translate this message into your local language via meta
The 2017 Cure Award
In 2017 you were one of the top ~250 medical editors across any language of Wikipedia. Thank you from Wiki Project Med Foundation for helping bring free, complete, accurate, up-to-date health information to the public. We really appreciate you and the vital work you do! Wiki Project Med Foundation is a user group whose mission is to improve our health content. Consider joining here, there are no associated costs.

Thanks again :-) -- Doc James along with the rest of the team at Wiki Project Med Foundation 26 de abril de 2018 ás 03:27 (UTC)

Votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada

[editar a fonte]

Boas, na taberna anunciouse a votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada da Galipedia. Pode participarse nela ata o 2 de xuño. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de maio de 2018 ás 08:48 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para bloquear a Galipedia durante 24 horas como medida contra a votación de certos puntos da nova lei europea de copyright. Precísase un consenso da comunidade para poder realizar esta acción, por eso animamos a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:55 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Ciclo celular: consulta sobre unha edición dun libro

[editar a fonte]

Ola!Estaba a revisar as páxinas con erros no ISBN e na de Ciclo celular teño un problemiña. Poderías confirmarme que edición (ollo, edición, é probable que ademais sexa reimpresión) e ano do seguinte libro que aparece nas notas usaches?[nota 10]

Mathews, C. K.; Van Holde, K.E et Ahern, K.G (2003). "6". Bioquímica (3 ed.). pp. 204 e ss. ISBN 84-7892-053-2 |isbn= incorrecto: checksum (Axuda). 

Sen présa, moitas grazas! -Maria zaos (conversa) 9 de xullo de 2018 ás 21:15 (UTC)[responder]

Ola, non te preocupes, xa o dei amañado, tamén axudou o que corrixiches do ano. O ISBN foi correcto no sei día, como isbn 10, cambieino ao correspondente ISBN 13 ao final, porque semella que o outro quedou invalidado. Graciñas igual! :)Maria zaos (conversa) 10 de xullo de 2018 ás 15:43 (UTC)[responder]

Botany Bay

[editar a fonte]

Boas Miguelferig, estivenlle dando voltas ó tema e creo que tes razón. Vouno mover a Baía Botany. Antes de crealo considerei en chamalo Baía Botánica, pero como non estaba convencido de todo deixeino na lingua orixinal. Pero tal como mo explicaches creo que está xustificado o cambio. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 20 de xullo de 2018 ás 07:18 (UTC)[responder]

Santo Andrés

[editar a fonte]

San Andreas para min ten o problema que non existe referencia ningunha mentres que Santo Andrés, aínda que escaso, xa conta con certo uso, pero non hai ningunha fonte relevante logo segundo a norma da wikipedia non queda outra que empregar a forma oficial Wikipedia:toponimia, así e todo se existisen fontes relevantes de uso de San Andrés non habería máis remedio que empregar esa forma para titular o artigo.--HacheDous=0 (conversa) 20 de xullo de 2018 ás 14:42 (UTC)[responder]

xeoloxía de Galicia

[editar a fonte]

Ola, Miguel! Como vai?

En relación co artigo xeoloxía de Galicia, no que estás a traballar, saberás dalgunha referencia para o artigo Depresión Meridiana?

Mil grazas. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de xullo de 2018 ás 22:10 (UTC)[responder]

En relación coa xeoloxía de Galicia: anímaste a crear o artigo do río Cenza, falando do val do Cenza, que é de orixe glaciar? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de novembro de 2018 ás 13:58 (UTC)[responder]

Hola!. Soy médico y dibujo. Del dibujo de este diagrama, hice una versión totalmente rediseñada y corregida. Puedes ver la versión en español File:Nervous system diagram-es.svg. Creo que podrías modificarlo y hacer una versión en SVG en gallego. Si no sabes como editar un SVG, envíame las palabras que se habrían de modificar en la versión en español, ya lo cambio y creo "File:Nervous system diagram-gl.svg". Si no sabes y prefieres hacerlo tu mismo, prueba y usa Inkscape. --Jmarchn (conversa) 7 de agosto de 2018 ás 20:52 (UTC)[responder]

Seguindo coa asociación

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para continuar avanzando na creación da asociación de amigas e amigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 23:17 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Para a RAG coruxa é unha forma incorrecta. Banjo tell me 9 de agosto de 2018 ás 21:45 (UTC)[responder]

Wikipedia:A_Taberna_(políticas)/Arquivo_15#Castelanismos nos artigos, e formas incorrectas en xeral Banjo tell me 9 de agosto de 2018 ás 22:11 (UTC)[responder]

Votación administradores da interface e enmendas administradores

[editar a fonte]

Ola. Acaba de comezar a votación para a proposta de definición do novo grupo de administradores da interface e dúas enmendas para a actual política de administradores. As conversas previas a esta votación pódense atopar neste fío da Taberna e na propia páxina de conversa da votación. Saúdos. Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:20 (UTC)[responder]

Cuspe/saliva

[editar a fonte]

Como vin no historial que traballaches no artigo saliva, vouche comentar: modifiquei o artigo xa que se facía referencia a formas populares e saliva como forma principal, non obstante o DRAG non distingue cuspe (e chuspe) de saliva e mesmo no digalego saliva remite a cuspe. Pero realmente, nun rexistro culto ou académico, non sei se cuspe se pode empregar no canto de saliva. Coñeces algunha fonte que aclare a cuestión? Se desexas podes comentar na conversa de saliva, grazas.--HacheDous=0 (conversa) 12 de agosto de 2018 ás 15:24 (UTC)[responder]

Recordatorio de revisión dos estatutos da asociación

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento Europeo

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)[responder]

Continuamos organizando a asociación de apoio á Galipedia

[editar a fonte]

Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na Galipedia

[editar a fonte]

Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Modiificación en texto de portada

[editar a fonte]

Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:Modelo de biografías

[editar a fonte]

Iso é porque esa ocupación aínda non ten etiqueta en galego e polo tanto Wikidata devolve as etiquetas que ten nas outras linguas. Normalmente saen en inglés, neste caso hai etiqueta tamén en portugués e en castelán, non teño nin idea de por que sae en portugués e non en castelán ou inglés, debe ser algún tipo de configuración de Wikidata pero non sei onde estará.

Hai moitas etiquetas en Wikidata que non teñen a tradución ó galego, hai que ir engadíndoas ós poucos, as profesións máis habituais xa están traducidas, pero as máis específicas aínda faltan. Pero se atopas outro caso como este o único que tes que facer é editala en Wikidata e listo. Eu acabo de modificar esta e nuns minutos xa sairá correctamente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2018 ás 23:10 (UTC)[responder]

Ola Miguel. Por favor, mira a "páxina de conversa" do artigo Antilopininos que acabo de redactar, a ver que che parece. (E se deberías poñer o título de Hominini, tal como está, en cursiva). Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 16 de outubro de 2018 ás 20:56 (UTC)[responder]

Ola, Miguelferig. Entendo que ao haber nome galego referenciado, cómpre mover Ammodorcas clarkei a díbatag e que o nome científico quede como referencia, non si? --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2018 ás 18:59 (UTC)[responder]

É abondo, é. Cando haxa un termo no DRAG, primará ese. Vouno pasar. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2018 ás 19:09 (UTC)[responder]

Índice de Guía das aves de Galicia

[editar a fonte]

Boas Miguel, comecei a páxina Usuario:Elisardojm/Índice Guía das aves de Galicia, que contén o índice do libro, polo momento só ten a letra A e B, pero antes de continuar quería saber se pensas que podería ser de utilidade para poder facer consultas de nomes comúns á xente que non teña o libro. Está feito escaneando as páxinas, pasándolle un OCR e logo revisando o texto, e ten marcados en grosas os nomes comúns que están marcados así no libro. É un pouco longo porque o índice contén tamén os nomes en inglés e en castelán, pero polo momento penso que é mellor deixalos para que teña máis información e porque é como aparece no libro e así é máis doado comparar o contido. Se che parece que pode ter algo de utilidade, irei facendo o resto de letras ós poucos.

O que hai que ter en conta é que esta páxina non valería de referencia para os artigos, tan só sería unha páxina de uso interno da Galipedia para facilitar o acceso ós contidos do libro ós usuarios que non o teñan en papel. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2018 ás 08:14 (UTC)[responder]

Xa, o que pasa é que ese contido é exactamente o que hai no índice, só indica a maiores o número de páxina do paxaro. Como os nomes comúns non son moitos podería ir indicándolle, a maiores, o nome científico ó lado.
Os nomes de Conde Teira non deben preocuparnos, eses poden consultarse en internete, por exemplo aquí, co cal todos os usuarios da Galipedia poden consultar ese contido.
E si, sobre o artigo tes razón que hai moitas cousas raras polo que comentas, por exemplo o caso do papamerda subantártico do outro día, resulta que só hai un rexistro en Galicia en decembro dun exemplar morto pola contaminación do Prestige, entón realmente, ese paxaro non é de Galicia... O que pasa é que é moi complicado separar eses casos, en que punto consideramos que "están" en Galicia? Sería unha lea aplicar un criterio no artigo, a maiores de que nós non somos quen para facer establecer eses criterios... Por iso eu diría de deixar na lista tódolos paxaros que estean referenciados nas fontes, e logo en cada artigo xa se indicará a súa distribución.
Co libro de Penas Patiño, refíreste á Guía das aves de Galicia ou a outro? Neste libro di que ten 434 especies, aínda que só ten fichas de 406... Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2018 ás 17:19 (UTC)[responder]

Preparación do servizo ORES na Galipedia

[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Socalcos

[editar a fonte]

Boas Miguel, o artigo terraza fluvial, que estás traducindo, penso que debería moverse a socalco fluvial ou quizais bancal fluvial, xa que terraza non ten esa acepción en galego segundo o DRAG. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 19:51 (UTC)[responder]

Vale, non coñecía esas referencias, así non hai problema :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 22:32 (UTC)[responder]

RE:Lista das aves

[editar a fonte]

Pois como o vou ver..., que está xenial! :D Fixen algúns cambios, é que non podo quedar quieto :) Engadín referencias ós nomes comúns e puxen "cómpre ref" nos que non atopei a fonte. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de novembro de 2018 ás 02:48 (UTC)[responder]

Boas de novo, onte esquecinme comentar que movín o voitre común a voitre leonado porque o de común estaba referenciado só coa web da Chave. Hai que ter coidado con iso porque sei que hai varios artigos que teñen referencias á Chave e pode que non todas sexan correctas.
A maiores acabo de facer algúns arranxiños na lista, cousiñas pequenas de formato, pero vin que ó mellor estaría ben separar a columna de presenza e status, incluso na columna de status, ó mellor poderían poñerse as imaxes que se usan nas fichas, así penso que quedaría un pouco máis claro. Que che parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de novembro de 2018 ás 12:33 (UTC)[responder]
As semellantes a esta que che poño que se engaden nas fichas para indicar o status. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de novembro de 2018 ás 12:54 (UTC)[responder]
E que che parece se engado na lista unha columna co son? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 16:50 (UTC)[responder]

Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos

[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

*Vencellos

[editar a fonte]

Boas Miguel, segundo a RAG *vencellos non é correcto, aínda que apareza así na Guía penso que non podemos aceptar ese nome común. Como moito podemos poñelo nos artigos como nota, pero nada máis, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2018 ás 19:47 (UTC)[responder]

Si, xa vin que está así na Guía, haberá que ir revisando pouco a pouco. Pero penso que este caso é claro, non podemos usar nos títulos dos artigos *vencello, e penso que tampouco debemos poñelo na lista porque a RAG di que é incorrecto... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2018 ás 20:16 (UTC)[responder]
Os *vencellos que hai son o mongol, o apardazado e o de cheminea, os dous primeiros teñen outro nome común referenciado, o último non, eu ese deixaríao co nome científico xa que a RAG di que *vencello non é correcto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2018 ás 21:13 (UTC)[responder]
Eu dicía que non podemos poñer como nome común o *vencello de cheminea, aínda que estea na Guía, a RAG di que non se pode dicir *vencello, e entendo que neste caso eles deben prevalecer sobre a guía xa que non aceptan ese termo en galego... Nese caso eu penso que debemos deixar só o nome científico. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2018 ás 21:36 (UTC)[responder]
Moi ben :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2018 ás 21:48 (UTC)[responder]

Lågskär

[editar a fonte]

Boas Miguelferig. Veño de crear o artigo da illa Lågskär, oderías revisalo se tes un momento? Hai nomes de aves que non sei se están ben, e termos xeolóxicos... bueno, todo o que poidas e cando poidas. Un saúdo e grazas, Piquito (conversa) 11 de novembro de 2018 ás 01:21 (UTC)[responder]

Graciñas por todo o traballo de revisión do artigo. Un saúdo! Piquito (conversa) 11 de novembro de 2018 ás 21:09 (UTC)[responder]

Cuarta malla de artigos da Galipedia

[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Cuarta_malla_de_artigos_da_Galipedia fíxose unha proposta para organizar a Cuarta malla de artigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:05 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Entrega do Premio Rosalía de Castro

[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Entrega_do_Premio_Rosalía_de_Castro hai información sobre a cerimonia de entrega do Premio Rosalía de Castro de Lingua á Galipedia, será o día 12 de decembro ás 17.00 h no Pazo de Mariñán (Bergondo). As persoas interesadas en asistir deben anotarse nese lugar para indicar a asistencia á Deputación. Tamén se pode facer entre todos unha nota en nome da comunidade para ler no momento da recollida. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 16:07 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Ola, Miguelferig. Anímaste a facer a páxina de homónimos para chasco? Ía creala eu como redirección o outro día pero vexo que hai diversos chascos. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 28 de novembro de 2018 ás 19:02 (UTC)[responder]

Brucelose

[editar a fonte]

Miguel, moitísimas grazas polo magnífico traballo que estás facendo co artigo da Brucelose. --AMPERIO (conversa) 9 de decembro de 2018 ás 11:31 (UTC)[responder]

Nova firma dos estatutos de A3GAL

[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Seguindo_coa_asociación hai información sobre a nova firma dos estatutos da asociación A3GAL e a posibilidade de aparecer como socio fundador da mesma. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 16:06 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Listas xeradas automaticamente no espazo de nomes principal

[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(axuda)#Listas_xeradas_automaticamente no espazo de nomes principal, está a falarse do uso de listas xeradas por bots a partir dos datos de Wikidata. Tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 20:22 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.