Hominini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hominini
Rango fósil: de 5,4 a 0 Ma
Cranio de Sahelanthropus tchadensis, descrito por algúns autores como o membro máis antigo da liña hominina,[1] pero isto é debatido por outros[2]
Cranio de Sahelanthropus tchadensis, descrito por algúns autores como o membro máis antigo da liña hominina,[1] pero isto é debatido por outros[2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Infraclase: Eutheria
Superorde: Euarchontoglires
Orde: Primates
Suborde: Haplorhini
Superfamilia: Hominoidea
Familia: Hominidae
Subfamilia: Homininae
Tribo: Hominini
Gray, 1825
Especie tipo
Homo sapiens
Linnaeus, 1758
Subtribo

Sahelanthropus
Orrorin
Panina
Australopithecine
Hominina

Os Hominini (homininos) son unha tribo taxonómica da subfamilia Homininae. Comprende tres subtribos: Hominina, co único xénero Homo; Australopithecina, que comprende varios xéneros extintos; e Panina, co único xénero Pan, os chimpancés (ver a árbore evolutiva máis abaixo).[3][4] Os membros do clado humano, é dicir, os Hominini, inclúen Homo, e as especies de australopitecinos que se orixinaron despois da separación dos chimpancés, que se denominan homininos (compárense tamén os termos "homínidos" e homininos). Non todos os homininos están directamente relacionados co xurdimento dos primeiros Homo.[5]

A subtribo Hominina é a rama "humana"; é dicir, contén o xénero Homo exclusivamente. Os investigadores propuxeron o taxon Hominini baseándose en que as especies menos similares dunha tricotomía deberían estar separadas das outras dúas. O chimpancé común e o bonobo do xénero Pan son os parentes vivos evolutivamente máis próximos aos humanos, que comparten co home un antepasado común que viviu hai enre catro e sete millóns de anos.[6] Investigacións feitas por Mary-Claire King en 1973 encontraron un 99% de identidade no ADN entre os humanos e os chimpancés;[7] posteriores investigacións modificaron esta cifra ata o 94%, e algunhas das diferenzas aparecían no ADN non codificante.[8]

Árbore evolutiva na que se ve como a tribo Hominini comprende a Homo (humanos) e a Pan (chimpancés). A subfamilia Homininae comprende ademais dos anteriores a Gorilla (gorilas). A familia Hominidae comprende aos anteriores e ademais a subfamilia dos orangutáns (Pongo). Actualmente, a tribo Hominini comprende as subtribos Hominina (humanos); Panina (chimpancés e bonobos); e os extinguidos Australopithecina (australopitecos e parántropos, fundamentalmente), que non están indicados neste diagrama.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

ver • conversa • editar
-10 —
-9 —
-8 —
-7 —
-6 —
-5 —
-4 —
-3 —
-2 —
-1 —
0 —
Escala do eixe: millóns de anos.

Todos os xéneros extintos dos Hominini son ancestrais ou ramas do xénero Homo. Da liña do xénero Pan (chimpancés) atopáronse poucos espécimes fósiles (o primeiro descubrimento dun chimpancé fósil publicouse en 2005;[9] en Kenya e datado entre 545.000 e 284.000 mil anos radiométricamente por datación argon-argon). Porén, crese que tanto Orrorin coma Sahelanthropus existían xa antes da separación estimada entre as liñas humana e dos chimpancés, polo que poderían ser ancestrais tanto de Pan coma de Homo.

Na proposta de Mann e Weiss (1996),[10] a tribo Hominini inclúe tamén a Pan xunto con Homo, pero en subtribos separadas. Homo e (por inferencia) todos os simios bípedes considéranse dentro da subtribo Hominina, mentres que Pan é asignado á subtribo Panina. Wood (2010) discutiu os diferentes puntos de vista desta taxonomía.[11]

Unha fonte de confusión para determinar a idade exacta da separación entre Pan e Homo é a evidencia de que houbo un complexo proceso de especiación en vez dunha clara separación entre as dúas liñaxes. Parece que distintos cromosomas se separaron en diferentes momentos, posiblemente nun período de 4 millóns de anos, o que indica un longo e estenso proceso de especiación con eventos de hibridación a longa escala entre as dúas liñaxes emerxentes entre hai 6,3 e 5,4 millóns de anos segundo Patterson et al. (2006).[12]

A suposición dunha hibridación tardía está en concreto baseada na semellanza do cromosoma X de humanos e chimpancés, o que suxire unha diverxencia hai uns 4 millóns de anos. Esta conclusión foi rexeitada por insegura por Wakeley (2008), quen propuxo explicacións alternativas, como a presión de selección sobre o cromosoma X nas poboacións ancestrais do último antepasado común chimpancé–humano (CHLCA).[13]

Sahelanthropus tchadensis é unha especie de homínido extinta que viviu hai uns 7 millóns de anos, moi preto do tempo da diverxencia entre chimpancés e humanos. Non está claro se debe ser clasificado como hominino, é dicir, se se orixinou despois da separación dos chimpancés (nese caso sería hominino) ou non (non o sería).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brunet, Michel; Guy, F; Pilbeam, D; MacKaye, H. T.; Likius, A; Ahounta, D; Beauvilain, A; Blondel, C; Bocherens, H; Boisserie, J. R.; De Bonis, L; Coppens, Y; Dejax, J; Denys, C; Duringer, P; Eisenmann, V; Fanone, G; Fronty, P; Geraads, D; Lehmann, T; Lihoreau, F; Louchart, A; Mahamat, A; Merceron, G; Mouchelin, G; Otero, O; Pelaez Campomanes, P; Ponce De Leon, M; Rage, J. C.; et al. (July 2002). "A new hominid from the Upper Miocene of Chad, Central Africa". Nature 418 (6894): 145–151. PMID 12110880. doi:10.1038/nature00879. Sahelanthropus é o máis antigo e máis primitivo dos membros do clado dos homínido, preto da diverxencia entre os homínidos e os chimpancés. 
  2. Wolpoff, Milford; Senut, Brigitte; Pickford, Martin; Hawks, John (October 2002). "Sahelanthropus or 'Sahelpithecus'?". Nature 419 (6907): 581–582. Bibcode:2002Natur.419..581W. PMID 12374970. doi:10.1038/419581a. Sahelanthropus tchadensis é unha enigmática nova especie do Mioceno, cuxas características son unha mestura da dos simios e do Homo erectus e que foi proclamado o por Brunet et al. como o homínido máis antigo. Porén, nós cremos que as características da dentición, face e base cranial que se di que definen ligazóns únicas entre este espécime Toumaï e o clado homínido son ou non idagnósticos ou son consecuencias de adaptacións biomecánicas. Para representar un clado válido, os homínidos deben compartir característricas definitorias únicas, e Sahelanthropus non parece que fose un bípede obrigado. 
  3. Bradley, B. J. (2006). "Reconstructing Phylogenies and Phenotypes: A Molecular View of Human Evolution". Journal of Anatomy 212 (4): 337–353. PMC 2409108. PMID 18380860. doi:10.1111/j.1469-7580.2007.00840.x. 
  4. Wood and Richmond.; Richmond, BG (2000). "Human evolution: taxonomy and paleobiology". Journal of Anatomy 197 (Pt 1): 19–60. PMC 1468107. PMID 10999270. doi:10.1046/j.1469-7580.2000.19710019.x. 
  5. Cameron, D. W. (2003). "Early hominin speciation at the Plio/Pleistocene transition.". HOMO - Journal of Comparative Human Biology 54 (1): 1–28. PMID 12968420. doi:10.1078/0018-442x-00057. Consultado o 2015-11-03. 
  6. "Chimps and Humans Very Similar at the DNA Level". News.mongabay.com. Consultado o 2009-06-06. 
  7. Mary-Claire King (1973) Protein polymorphisms in chimpanzee and human evolution, Doctoral dissertation, University of California, Berkeley.
  8. Minkel JR (2006-12-19). "Humans and Chimps: Close But Not That Close". Scientific American. 
  9. McBrearty, Sally; Nina G. Jablonski (2005). "First fossil chimpanzee". Nature 437 (7055): 105–108. Bibcode:2005Natur.437..105M. PMID 16136135. doi:10.1038/nature04008. 
  10. Mann, Alan; Mark Weiss (1996). "Hominoid Phylogeny and Taxonomy: a consideration of the molecular and Fossil Evidence in an Historical Perspective". Molecular Phylogenetics and Evolution 5 (1): 169–181. PMID 8673284. doi:10.1006/mpev.1996.0011. 
  11. B. Wood (2010). "Reconstructing human evolution: Achievements, challenges, and opportunities". Proceedings of the National Academy of Sciences 107: 8902–8909. Bibcode:2010PNAS..107.8902W. doi:10.1073/pnas.1001649107. 
  12. Patterson N, Richter DJ, Gnerre S, Lander ES, Reich D; Richter; Gnerre; Lander; Reich (June 2006). "Genetic evidence for complex speciation of humans and chimpanzees". Nature 441 (7097): 1103–8. Bibcode:2006Natur.441.1103P. PMID 16710306. doi:10.1038/nature04789. 
  13. Wakeley J (March 2008). "Complex speciation of humans and chimpanzees". Nature 452 (7184): E3–4; discussion E4. Bibcode:2008Natur.452....3W. PMID 18337768. doi:10.1038/nature06805.  "Patterson et al. suxiren que o aparentemente curto tempo de diverxencia entre humanos e chimpancés baseado no cromosoma X explícase por un masivo evento de hibridación interespecífica nos devanceiros destas dúas especies. Porén, Patterson et al. non comprobaron estatisticamente os seus propios modelos nulos de especiación simple antes de concluír que a especiación era complexa, e (mesmo se o modelo nulo fose rexeitado) non consideraron outras explicacións dun curto tempo de diverxencia para o cromosoma X. Estas inclúen a selección natural sobre o cromosoma X no antepasado común de chimpancés e humanos, cambios na proporción de machos-femias das taxas de mutación co tempo, e versións menos extremas da diverxencia con fluxo xénico. Eu, por tanto, creo que as afirmacións sobre hibridación son inseguras."

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]