Nervio pectoral lateral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nerves of the left upper extremity.gif
Nervio pectoral lateral
Gray: subject #210 933
Proveniente de: Fascículo lateral

O nervio pectoral lateral ou pectoral externo é un nervio do membro superior. Orixínase coma unha póla do fascículo lateral do plexo braquial. Diríxese anteriormente, xunto coa arteria toracoacromial, furando a fascia clavipectoral, que abrangue o espazo entre os músculos subclavio e pectoral menor. Innerva o músculo pectoral maior.[1]

Función[editar | editar a fonte]

Envía un filamento que se une ao nervio pectoral medial e forma con el un bucle diante a primeira parte da arteria axilar.

Aínda que este nervio se describe como principalmente motor, tamén se considerou que leva fibras propioceptivas e nociceptivas. Orixínase da corda lateral ou directamente das divisións anteriores dos troncos medio e superior do plexo braquial, a diferenza do nervio pectoral medial, que deriva da corda medial (ou directamente da división anterior do tronco inferior). Divídese en de catro a sete ramas que perforan a fascia clavipectoral para innervar o pectoral maior completo ou a súa porción superior. Os nervios pectorais lateral e medial forman unha conexión ou bucle, arredor da arteria axilar, chamada asa dos pectorais. O nervio pectoral lateral foi descrito como dobre, mentres que o nervio pectoral medial foi descrito como simple.[2]

Importancia clínica[editar | editar a fonte]

O nervio pectoral lateral é importante na resposta á dor despois de operacións de aumento de peito ou de mastectomía, e especialmente na cirurxía de implantes de silicona nos peitos, cando o implante é inserido pola ruta subpectoral. Os nervios pectorais poden ser anestesiados (bloqueados) intraoperativamente polo cirurxián con visión directa aos mesmos por medio de tres inxeccións: unha para bloquear o nervio pectoral, a segunda para bloquear as ramas perforantes do nervio pectoral medial e a terceira para bloquear o nervio pectoral lateral. Un bloqueo do nervio pectoral guiado por ultrasóns pode realizarse tamén preventivamente antes da operación polo anestesista experimentado en anestesia rexional. É segura e depende do uso de imaxes por ultrasóns para localizar os músculos pectoral maior e menor, o curso estimado dos nervios pectorais e a extensión óptima da anestesis local.[3]

O bloqueo do nervio pectoral lateral é útil en casos como as dislocacións de ombro e outros procedementos ortopédicos, que implican o ombro. Os espasmos do músculo pectoral maior e a dor grave resultante (aguda ou crónica) pode ser reducida polo bloqueo do nervio pectoral ou relaxación neuromuscular. A diminución do ton do músclo pectoral intraoperacionalmente por relaxación muscular (axentes paralizantes) ou por un bloqueo do nervio (inxección anestésica local), pode facilitar mellor os resultados cosméticos durante as operacións de aumento de mama ou despois dunha implantación de peito posterior a unha mastectomía. “O punto da proxección de pel do feixe neurovascular (FNV) representa o punto de denervación (PD).” O feixe neurovascular (arteria e vea toracocromiais, máis o nervio pectoral lateral) pode ser a guía para aplicacións anestésicas para conseguir a denervación do músculo pectoral. “Unha infiltración de rutina de toxina botúlica da musculatura da parede pectoral no momento da mastectomía e a inmediata reconstrución… paralizaría os músculos e reduciría a dor posoperacional causada polo espasmo musclar.”[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Drake, Richard L.; Vogl, Wayne; Mitchell, Adam W.M. (2007). Gray: Anatomía para estudiantes (en castelán). España: Elsevier. p. 662. ISBN 9788481748321. 
  2. Porzionato, Macchi; Stecco (2012). "Surgical Anatomy of the Pectoral Nerves and the Pectoral Musculature". Clinical Anatomy 25: 559–575. doi:10.1002/ca.21301. 
  3. Desroches, Jean; Grabs (2013). "). "Selective Ultrasound Guided Pectoral Nerve Targeting in Breast Augmentation: How to Spare the Brachial Plexus Cords?"". Clinical Anatomy 26: 49–55. doi:10.1002/ca.22117. 
  4. Titiz, Izzet; Ozel; Ozel; Toros; Marur; Yildirim; Erdogdu; Kara (19 August 2010). "Denervation Point for Neuromuscular Blockade on Lateral Pectoral Nerves: A Cadaver Study". Surgical & Radiologic Anatomy 33 (2): 105–108. doi:10.1007/s00276-010-0712-7.