Díbatag

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ammodorcas clarkei
Ilustración de Joseph Smit datada en 1891.
Ilustración de Joseph Smit datada en 1891.
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Antilopinae
Xénero: Ammodorcas
Thomas, 1891
Especie: A. clarkei
Nome binomial
Ammodorcas clarkei
(Thomas, 1891) [2] [3]
Área de dispersión de Ammodorcas clarkei

Área de dispersión de Ammodorcas clarkei
Lámina de Ammodorcas clarkei en: Sclater, P. L. et al. (1894): The book of antelopes. London: R.H. Porter.

O díbatag[4] (Ammodorcas clarkei) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos[3].

Trátase dunha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, e non se recoñecen subespecies.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1891 polo zoólogo británico Michael Rogers Oldfield Thomas, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 6, 7: 304.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Xénero[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, Ammodorcas, está formado pola raíz Ammo- e dorcas. Ammo- deriva do latín científico Ammōnītēs, derivado do latín medieval cornū Ammōnis, literalmente 'o corno de Amón'. Ammōnis era o nome do deus Amun do antigo Exipto (Amón, ou Amón-Ra) en grego antigo Ἄμμων, Ammōn (equivalente ao deus romano Xúpiter), adorado en África baixo a forma dun carneiro.[5] E dorcas é a daptación ao latín do grego antigo δορκάς, dorkás, 'gacela'.[6]

Especie[editar | editar a fonte]

O nome específico, clarkei é un homenaxe que Thomas dedicou ao cazador austriano T. W. H. Clarke, que recolectou o espécime tipo no norte de Somalia.[7]

Outros nomes vulgares[editar | editar a fonte]

Na bibliografía internacional é común denominalo dibatag, adaptado en galego como díbatag[4], nome que procede do somalí, fomado polas palabras dabu ('cola') e tag ('ergueita'), xa que cando o animal está alarmado foxe erguendo a cabeza e a cola[8] e tamén como antílope de Clarke.[9]

Características[editar | editar a fonte]

Aparencia xeral[editar | editar a fonte]

É un antílope con aparencia de gacela, semellante ao Litocranius walleri, de tamaño mediano e constitución grácil, coas patas e o pescozo moi longos e finos, adaptados aos seus costumes de comer ramallos de árbores e arbustos. Ten os ollos grandes, as orellas longas e un fociño alongado, cónico. A cola é moi longa, fina, e remata nunha borla arredondada; cando o animal está alarmado e corre coa cabeza levantada, levananta tesa a cola cara a arriba ou cara a adiante. Os cornos son moderadamente longos (de entre 25 e 32 cm), fortemente curvados na base, suavemente diverxentes, falciformes, curvados cara a arriba e cara atrás, e despois cara a adiante.[8] [10] [11] Este antílope presenta dimorfismo sexual, xa que as femias, aínda que son semellantes aos machos, adoitan seren máis pequenas e carecen de cornos.[12]

Coloración[editar | editar a fonte]

A coloración da súa pelaxe, polas partes superiores, é gris purpúrea escura, con tonalidads rubias, sen ningunha banda lateral; as partes inferiores e as nádegas son brancas. A cara ten unha mancha central de cor castaña escura e, a cada lado, unha lista branca desde a base de cada corno até o fociño; a área ao redor dos ollos é branca e, desde o ollo até o foiño presenta unha lista escura. A cola é totamente negra.[8] [10]

Dimensións[editar | editar a fonte]

A lonxitude de cabeza e tronco e de 103 a 117 cm, cunha altura na cruz de 80 a 90 cm. O macho pesa entre 20 e 35 kg, mentres que a femia oscila entre os 22 e os 29 kg. A longa cola mide de 30 a 36 cm.[8] [13]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Mapa de 1894 que mostra a distribución histórica de Ammodorcas clarkei en Somalilandia.
Follas de Commiphora caudata, unha das plantas preferidas de A. clarkei.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Vive en chairas con arbustos espiñentos baixos (non en zonas de matogueiras densas, diferenciándose nisto do antílope xirafa), que alternan con matas de herba e, algunhas veces, en chairas herbosas.[8] [13]

Distribución[editar | editar a fonte]

Este antílope habita en paraxes semidesérticos do norte de Somalia e do leste de Etiopía, na rexión do Ogadén.[3]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Costumes[editar | editar a fonte]

O antílope de Clark vive usualmente en pequenos grupos de 3 a 5 individuos e, algunhas veces, en agrupacións failiares de até 9 cabezas. É un animal moi tímido, e está sempre alerta, movéndose en zonas amplas.[8]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Comen fundamentalmente ramas de pequnos arbustos, preferentemente dos xéneros Acacia e Comminphora, alcanzando os brotes tenros razas ao seu longo pesozo; ao igual que o antílope xirafa é quen de sosterse en pé sobre as patas traseiras, coas dianteiras apoiadas nun tronco ou unha rama. Tamén se alimentan de bagas de varias especies do xénero Solanum e, ás veces, pastan herba, cando está verde.[8]

Repodución[editar | editar a fonte]

Alcanzan a madurez sexual contra os 12 ou os 18 meses de idade. A xestación dura 204 días, e as femias paren unha cría (ás veces dúas) unha vez ao ano. A súa lonxevidade é de 10 e 12 anos.[13]

Status[editar | editar a fonte]

Ammodorcas clarkei é unha especie escasa, aínda que localmente poden ser bastante comúns. A pesar de estar protexida, é obxecto de caza furtiva para aproveitar a súe pel. Por outra parte, a destrución do seu hábitat natural a causa do progresivo aumento do gando doméstico é tamén unha seria ameaza para a súa supervivencia.[8] Por iso a UICN cualifica o seu status como vulnerábel.[1]

Inimigos naturais[editar | editar a fonte]

Son obxecto de depredación por parte de leóns, hienas, licaóns, guepardos, servais, caracais e, para os inmaturos, tamén o ratel e varias aguias, aínda que os leopardos son os seus depredadores principais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Heckel, J. O., Wilhelmi, F., Kaariye, X. Y. & Amir, O. G. (2008). "Ammodorcas clarkei. In: IUCN 2010. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2010.1". Consultado o 10 de outubro de 2018. 
  2. Thomas, O. (1 June 1891). "On some antelopes collected in Somali-land by Mr. T. W. H. Clarke". Proceedings of the Zoological Society of London: 206–212. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Ammodorcas clarkei. In: Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
  4. 4,0 4,1 Definición de díbatag no Dicionario de Galego.
  5. Ammon In: Charlton T. Lewis & Charles Short (1879): A Latin Dictionary. Oxford: Clarendon Press. ISBN 978-01-9864-2015.
  6. dorcas no Online Etymology Dictionary.
  7. Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2009). The Eponym Dictionary of Mammals. JHU Press. p. 80. ISBN 978-0-8018-9533-3. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 Dorst, J. & Dandelot, P. 1973, p. 236.
  9. Antilope de Clarke (Ammodorcas clarkei) en ManimalWorld.
  10. 10,0 10,1 Haltenorth, T. & Diller, H. 1986, p. 101.
  11. Matthews, L. Harrison (1977): La Vida de los Mamíferos, Tomo II. Historia Natural Destino, vol. 17. Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0700-X.
  12. Castelló, J. R. (2016): Bovids of the World: Antelopes, Gazelles, Cattle, Goats, Sheep, and Relatives. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. pp. 162–63. ISBN 978-0-691-16717-6.
  13. 13,0 13,1 13,2 Haltenorth, T. & Diller, H. 1986, p. 102.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Xénero[editar | editar a fonte]

Especie[editar | editar a fonte]