Conversa usuario:AMPERIO/Arquivo 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Ano 2015


Índice

Capitanía Xeral de Galicia[editar a fonte]

De entrada, mándoche por correo o artigo da GEG.

E sigo buscando. Se atopo algo máis, mándocho. --. HombreDHojalata.conversa 31 de decembro de 2014 ás 11:44 (UTC)

O Diccionario enciclopédico galego universal' (DEGU) unicamente trae (sen fotos):
Capitanía Xeneral da Coruña, pazo da Edificio neoclásico construído por Juan Vergel (1748), concibido como vivenda do capitán xeneral e sede da Audiencia. A súa planta é cadrada e está organizado ó redor dun patio central. Ten planta baixa e dúas alturas. O corpo central remata nun tímpano semicircular no que se atopa un reloxo e o escudo real.
--. HombreDHojalata.conversa 31 de decembro de 2014 ás 11:54 (UTC)
Como vés (mandeiche os dous) a Gran Enciclopedia Galega ten artigos separados, e ben extensos, para Capitanía Xeral de Galicia e para Real Audiencia de Galicia. --. HombreDHojalata.conversa 31 de decembro de 2014 ás 12:35 (UTC)
Non. A institución é "Xeral", o líder é "xeneral". --. HombreDHojalata.conversa 31 de decembro de 2014 ás 13:27 (UTC)--. HombreDHojalata.conversa 1 de xaneiro de 2015 ás 10:54 (UTC)

Wikirreto 2014[editar a fonte]

Wikirreto medalla oro mensual.png

P A R A B É N S ! ! !

Es o gañador do Wikirreto 2014 !

  Ola AMPERIO. Lánzoche un Wikirreto Face-wink.svg --~~~~

Lembra enviar un correo electrónico coa túa dirección ao doante do premio que escollas.

Un abrazo, e convidado quedas ao Wikirreto 2015. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xaneiro de 2015 ás 12:08 (UTC)

Lista incompleta e Andrade[editar a fonte]

En canto a primeira cuestión, se a lista é incompleta, eu non poría, necesariamente, ningún cartel no artigo. Simplemente o explicaría na introdución.

En canto ao tal Andrade, entendo que podes falar de Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas, do que temos artigo. Mandeiche o artigo "Fernando de Andrade y Pérez das Mariñas" da GEG por correo.

Sobre ese persoeiro, a quen podes preguntarlle é a Usuario:Xosé Antonio. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xaneiro de 2015 ás 18:04 (UTC)

Víctor Muñoz (falanxista)[editar a fonte]

Hola Amperio. Non só non me ofendo, senón que che agradezo moito o teu comentario. Tes moita razón. Se ti es administrador, agradeceríache que lle cambairas o título ao artigo. Unha aperta. --XoioÉche o que hai 3 de xaneiro de 2015 ás 17:56 (UTC)

Moitas grazas polo cambio. --XoioÉche o que hai 3 de xaneiro de 2015 ás 18:15 (UTC)

Generalitat[editar a fonte]

Boas Amperio. Dóenme os ollos co cambio que fixeches pero se hai referencias... haberá que amolarse. Este correíto é so para lembrarte que tamén temos Generalitat Valenciana. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 3 de xaneiro de 2015 ás 18:27 (UTC)

  • Ánimo, ho. Sei que hai moitas palabras que nos van quedando sen traducir nos artigos, ou mal traducidas. Hai que deixar algo de traballo para os nosos sucesores. Eu teño listas interminables de palabras incorrectas que vou buscando e corrixindo, e aproveito para ler o artigo. Tamén quedo sorprendido de textos que levan anos aí, con erros evidentes, sen que ninguén se decatase. Supoño que iso é indicativo do cativo número de lectores da nosa Galipedia. Ou nulo nalgúns artigos. Pois iso: ánimo e a corrixir. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 3 de xaneiro de 2015 ás 18:52 (UTC)
    • ¿Quedándome contigo? En absoluto, home. De ningunha maneira. Intentaba quitarlle ferro ó asunto e trasladar a idea de que problemas semellantes aparecen noutras moitas páxinas da Galipedia. Ti estás centrado agora nos "catalanismos" e eu nos lusismos, e os dous temos moito, moito traballo por diante. En calquera caso, o maior problema desa páxina á que me remites é -para min- que vai estar desactualizada sempre. ¿Quen vai estar atento a que esas consellerías permanezan e estean dirixidas por esas persoas? Repito, ánimo e ó chollo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 3 de xaneiro de 2015 ás 19:10 (UTC)

Re: Fernando de Andrade[editar a fonte]

Boas Amperio, a verdade é que non che vou ser de moita axuda pois no libro de Couceiro da Historia de Pontedeume non di máis do que puxen no artigo de Fernando de Andrade, e tampouco menciona cales foron as súas fontes. Se atopo algo sobre o dato de Fernando de Andrade ou de calquera outro CX avísoche. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 3 de xaneiro de 2015 ás 19:05 (UTC)

Séculos e anos[editar a fonte]

Engadín un tópico para discusión sobre o tema na Taberna. Gústame a túa opinión. Un saúdo. Judcosta (conversa) 4 de xaneiro de 2015 ás 19:15 (UTC)

Exacto. Graciñas. Judcosta (conversa) 5 de xaneiro de 2015 ás 00:32 (UTC)

Poro nuclear[editar a fonte]

Mudei algo a sección sobre o tamaño dos poros nucleares como me indicabas. Engadín unha referencia para o valor de 9 nm, que é un libro xa clásico de Bioloxía Celular, na súa edición en liña de 2001. Porén, este valor non é absoluto e varía segundo as especies, a técnica usada e a publicación que se consulte, polo que non todos os poros teñen esa medida, o que tamén o sinalei. Engadín tamén algunhas referencias sobre como se mide a permeabilidade de poros e outros valores sinalados no texto, que estaban na wikipedia inglesa (pero nos que aparentemente non figuran algúns dos valores detallados que eles dan, como 5.2 e 10.7, polo que non incluín ese dato numérico na galipedia). Cando fixera a primeira edición desa páxina xa me decatara do problema que tiñan eses valores, polo que decidín incluír o dato que viña no tratado clásico (actualizado a 2001), que era o máis prudente. Con máis referencias poderíase detallar máis, pero sempre habería un rango de variabilidade.--Miguelferig (conversa) 7 de xaneiro de 2015 ás 21:50 (UTC)

RE:Dúbida lingüistica[editar a fonte]

Pois agora mesmo eu tampouco cho sei, pola tardiña a ver se o consulto no dicionario da casa e xa che conto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 11:01 (UTC)

Media noite (separado), digo eu. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2015 ás 12:47 (UTC)
... o DRAG na súa versión dixital non acepta medianoite. Segue así a liña do VOLGa ou dos dicionarios académicos anteriores. Cómpre dicir que si acepta mediodía. Outros dicionarios, como o Gran Xerais, aceptan como correctos mediodía-medianoite. Fonte: [1]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 8 de xaneiro de 2015 ás 15:30 (UTC)
Adiantóuseme Atobar, pois só podo confirmar que o que di el de que o Gran Dicionario Xerais da Lingua ten por correcto medianoite, de etimoloxía pon que ven de "media+noite" :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 15:48 (UTC)

@Atobar: e @Elisardojm: Grazas aos dous. --AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 15:53 (UTC)

Pois iso, que será media noite (separado). --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2015 ás 16:17 (UTC)

RE:Igrexa Ortodoxa[editar a fonte]

Boas AMPERIO! Xa o vira e o tiña na miña lista de vixilancia, e tes razón en que o artigo é unha desfeita... Polo que vin, e polo que hai, penso que o mellor sería borralo, e se queres podo facer eu o artigo de novo, mais a verdade é que tal e como está non teño folgos para meterme con el. Saúdos! --Norrin (Fálame) 9 de xaneiro de 2015 ás 07:32 (UTC)

RE:Malla[editar a fonte]

Si, por suposto que este ano tamén haberá malla :). O que pasa é que como este mes estamos co aviso do Editor Visual na cabeceira dos artigos, penso que é preferible agardar a febreiro para facela. Cando teña un rato farei a proposta na taberna para ir preparando á xente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 11:55 (UTC)

Ah, e grazas por invitarme ó wikirreto pero non vou poder participar, non dou para máis... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 12:02 (UTC)

Generalitat vs Xeneralidade[editar a fonte]

Boas, Amperio. Bota un vistazo á Conversa:Xeneralidade de Cataluña, agora que xa temos resposta da RAG. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 14:05 (UTC)

  • A min bástame, pero eu incluiría a cita do DOG, porque quen lea esa nota non vai saber que di ese manual de estilo do DOG. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 14:42 (UTC)

RE: Wikirreto[editar a fonte]

Boas AMPERIO! Grazas por mandarme o reto, estou a traballar no artigo dos Calgary Flames nun Word traducindo da wiki en inglés, vou a modiño, non aspiro ao premio, pero grazas por pensar en min, a ver se despois me poño con Georg Friedrich Händel ou Alban Berg e algunha ópera que no seu tempo comecei co básico. Unha aperta e grazas por poñerte a reo co desafío e mellorar así a calidade da nosa wiki!! Piquito (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 14:53 (UTC)

Graciñas! Lereino cando poda, ten boa pinta, a ver se este ano conseguimos sacar máis artigos de calidade, aínda que o problema principal é a falta de participación, como pasou o ano pasado. Habería que poñer o aviso da votación como viñamos facendo (non sei se a comunidade sigue coa idea de anuncialas), o que non sei é se é compatible co anuncio do editor visual, que é polo que eu me relaxei un pouco en rematar o artigo de Bach... deso sabe máis Elisardojm, pero non me dixo se son compatibles. Espero acabar pronto cos catro artigos que teño "en uso" e poñerme a tope co wikirreto e cos artigos de compositores da lista dos 1.000. Apertas!!! Piquito (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 15:12 (UTC)

RE:Aviso votación[editar a fonte]

Si, xa vin a votación e penso que engadir ese aviso non é que sexa lío, é que creo que non quedaría demasiado lexible se o mesturamos co que hai actualmente. Como comentas, en canto se quite o aviso do Editor visual a finais de mes, poñemos o aviso desa votación porque aínda estará vixente e a xente terá tempo de participar nela. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xaneiro de 2015 ás 10:23 (UTC)

Revolución de outubro[editar a fonte]

Boas AMPERIO! Estou a ler o artigo da Revolución de Outubro, hai algunha cousiña que non me soaba moi ben e a redactei doutro xeito, mira se che parecen ben as "correccións" ou se entendín mal. Non entendo o primeiro parágrafo da introdución, hai un punto sen maiúscula e parece que falta algo... eu revisaría todo o parágrafo (se tes tempo, eu non sei a qué te refires). Tampouco entendo moi ben no cabezado a frase Entre as clases máis desfavorecidas de Petrogrado o rexeitamento aos sacrificios para continuar a guerra e a seguir en Gobernos de coalición cos kadetes despois do golpe de Kornílov era xeral. Seguramente non te deras conta, pero no segundo parágrafo aparece a mesma referencia catro veces e non hai ningunha outra no parágrafo, creo que sería mellor poñer unha ao final do parágrafo. A medida que vaia lendo máis te irei comentando. Unha aperta e grazas polo teu traballo!!! Piquito (conversa) 13 de xaneiro de 2015 ás 16:58 (UTC)

Logo para a frase que te indico creo que sería mellor poñer: Entre as clases máis desfavorecidas de Petrogrado, o rexeitamento aos sacrificios para continuar a guerra e a seguir en Gobernos de coalición cos kadetes despois do golpe de Kornílov era xeral. Que opinas? Piquito (conversa) 13 de xaneiro de 2015 ás 17:32 (UTC)
Ah, por certo! Puxen as referencias en 4 columnas, son un feixe delas e creo que así estéticamente pode quedar mellor (tamén creo que ocupa menos espazo se alguén quere imprimir). Piquito (conversa) 13 de xaneiro de 2015 ás 17:57 (UTC)

Listas de usuarios[editar a fonte]

Ningún dos usuarios que aparecen na Wikipedia:Estatísticas/Lista de usuarios por número de edicións teñen bandeira de bot. Algúns deles foron bots no seu día, pero xa non.

Na Galipedia hai 20 bots aprobados. A lista pode consultarse en Especial:Lista de usuarios/bot.

Pero, todo iso, -jem- xa o sabe. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2015 ás 12:16 (UTC)

E, se ti a ves útil porqué non a ias importar?! --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2015 ás 12:22 (UTC)
Non, non leva anos así. Os que eran bots, e xa non son, aparecen nela dende fai pouco. Dende que perderon o status de bot. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2015 ás 12:38 (UTC)

CommonsDelinker (conversa · contribucións) non ten bandeira de bot na Wikipedia en Galego. Ten en conta dúas cuestións:

  1. Hai usuarios que teñen metabandeira de bot (iso implica que actuan como bot en tódalas wikis) igual que hai metaadministradores e non teñen, nin precisan, bandeira na Galipedia.
  2. Non tódolos bot precisan de bandeira de bot, e incluso pode ser contrapoducente que a teñan se fan edicións esporádicas. A bandeira únicamente ten a utilidade de que non aparezan (na configuración por defecto) na lista de cambios recentes e non a saturen. Hai bots que traballan na Galipedia e non teñen bandeira de bot. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2015 ás 12:53 (UTC)
Redundando no anterior. É intencionado e recomendable que non teñan categoría de bot os dous que mencionas. Se tiveran bandeira de bot desaparecería da lista de cambios recentes e non nos enteraríamos de cando se borran imaxes que hai que procurar substituir por outras, nin nos enteraríamos de cando se actualizan as páxinas de estatísticas, por exemplo. Entendes? --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2015 ás 12:59 (UTC)
meta:User:MediaWiki message delivery --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2015 ás 13:03 (UTC)
Penso que, precisamente, para o que ti queres facer, que é que os bots que xa non son bots desaparezan da lista de usuarios normais (Wikipedia:Estatísticas/Lista de usuarios por número de edicións), tes que incluilos todos no modelo ese. Dese xeito estás a facer unha lista acotada de tódolos que son contas creadas para actuar como bots, teñan a bandeira na actualidade ou non. Así, en base a eso, pode automatizarse un proceso, por Jembot ou por quen sexa, que teña en conta, ou non, os incluidos nese listaxe. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2015 ás 13:11 (UTC)
Non esquezas traducir es:Plantilla:Controlador/doc -> gl:Modelo:Controlador/uso ;-) --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2015 ás 19:00 (UTC)

A documentación explica que "...actualmente está protexido por completo...",. así que, se remataches, habería que protexelo. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2015 ás 21:05 (UTC)

Perdoade, non tiven tempo de mirar este tema, se tedes algún problema avisádeme e tentarei revisalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2015 ás 09:21 (UTC)

Artigos de calidade[editar a fonte]

Boas AMPERIO! Vendo as propostas para artigo de calidade do ano pasado vin que a principios do 2014 propuxeches o artigo das Guerras Médicas e non saíu elixido por varios motivos. A pregunta é: animaríaste a melloralo? O artigo é de calidade na Wikipedia en francés e destacado na Wikipedia en inglés, se cadra collendo contidos de ambas podemos facer un gran artigo. Houbo un lote de propostas que non saíron adiante, varias porque os temas non interesaban, pero creo que ter algún artigo de calidade de historia antiga non estaría mal. Eu se precisas de axuda podo tentar axudarche, pero de francés vou mal (me costou un lote de tempo traducir contidos de Quebec Nordiques, e eso que a historia da franquía non era moi longa), así que tería que ser co inglés, ou algunha outra lingua que comprenda mellor que o francés. A ver se este ano podemos sacar unha chea de artigos de calidade! Unha aperta!! Piquito (conversa) 16 de xaneiro de 2015 ás 21:09 (UTC)

Graciñas por engadir esas dúas seccións. Non sei a que te refires co formato das referencias, podes concretarmo máis? Podo axudarche, pero o mellor será que repartamos as tarefas, se queres podes ir mirando o tema das referencias da wiki en francés (cando vexamos cál é o problema) e se fora necesario engadir algo, e logo eu podo comparar co artigo en inglés (onde é destacado) para ver se hai algún contido que poda ser engadido... Esto é unha idea, podemos repartir como queras, loxicamente, mais eu vou tardar uns días mentras acabo co artigo de Johann Sebastian Bach, o dos Nordiques, e mesmo co de Sergei Diaghilev, que hai un lote de tempo que os teño co marcador "en uso" e ao final non dou rematado con eles, especialmente co de Bach. Unha aperta, xa me vas contando!! Piquito (conversa) 17 de xaneiro de 2015 ás 17:20 (UTC)

*Junta e xeneralidade[editar a fonte]

Boas AMPERIO, coido que hai que cambiar de novo tódolos artigos de Junta a Xunta xa que creo que o criterio de que hai que traducir os nomes das institucións é bastante claro, tal e como quedou reflexado na conversa do artigo Generalitat de Cataluña.

Sobre os artigos que ligan coas redireccións a Xeneralidade tamén hai que volver a cambialos xa que, aínda aceptando que os dous termos sexan correctos (cousa coa que non concordo por varias razóns), como sabes temos que manter a escolla do primeiro editor para evitar as guerras de edición.

Coméntoche estas cousas para que falemos dos posibles problemas que poida haber antes de que nos poñamos a facer o traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2015 ás 11:40 (UTC)

Moi ben, eu revisarei os outros artigos que usan Junta de Andalucía, pero será noutro momento porque agora non estou libre. Tentarei revisar tamén o artigo que me dis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2015 ás 16:34 (UTC)
Xa está revisado o artigo Xunta de Goberno. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2015 ás 10:34 (UTC)

PAGESINCATEGORY[editar a fonte]

Non sei, pero posiblemente teñas información sobre iso en m:Help:Parser function e/ou mw:Help:Extension:ParserFunctions. --. HombreDHojalata.conversa 19 de xaneiro de 2015 ás 21:20 (UTC)

Séculos[editar a fonte]

Grazas por teres cambiado. Judcosta (conversa) 20 de xaneiro de 2015 ás 10:58 (UTC)

Modelo:Atopar[editar a fonte]

Tes razón. Esquecemento meu. Graciñas. Judcosta (conversa) 23 de xaneiro de 2015 ás 16:07 (UTC)

Páez vs Peláez[editar a fonte]

Home, xa sei que hai textos que utilizan a forma Paez, así que buscando, buscando, sabía que aparecerían. Tan seguro como que tamén atoparás ocorrencias se buscas Peláez. A pregunta era ¿por que damos preferencia á forma Paez, en base a que referencia? Fixen contas na Galipedia, e temos 25 Diego Páez fronte a 2 Diego Peláez (e un destes é unha cita), pero saemos que isto non é unha referencia. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de xaneiro de 2015 ás 19:51 (UTC)

RE:Edicións[editar a fonte]

Home, eu penso que non hai problema en restaurar o voto, creo que non hai que buscar 3 pes ó gato cando non fai falta, agora xa cumpre os requisitos e está dentro do prazo de votación así que non vexo ningún problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2015 ás 23:10 (UTC)

Comentarios sobre a Revolución de Outubro[editar a fonte]

Boas AMPERIO! Xa revisei o artigo da Revolución de Outubro, polo momento non votei, xa que vin varios problemas no artigo que xa sinalei na votación, se podes vótalles un ollo para ver se os podes arranxar. Hai traballo no que respecta á ortografía, eu fun corrixindo cousiñas, pero moitas seccións as lin sen conexión a internet e non as puiden corrixir. Se se corrixen os fallos que lle vin votarei a favor porque o artigo ten relevancia suficiente e é moi completo, mais tal e como está o tema ortográfico non podo dar o si, de todos xeitos sondearei a algún usuario que controle máis de lingua ca min para que o revise por completo. Aínda que xa o poño na páxina da votación, creo que a idea que expuxo Miguelferig na páxina de conversa do artigo é acertada, non debemos supoñer que o lector vai ler antes o artigo da Revolución de Febreiro ou Revolución Rusa de 1917, é a miña opinión. Un saúdo e parabéns polo traballo! Piquito (conversa) 26 de xaneiro de 2015 ás 14:03 (UTC)

Grazas por poñerte tan rápido a solucionar os problemas! Mira unha cousa máis sobre as datas, ao principio da sección "Debilidade do goberno" di ao mediodía, creo que nese caso hai que especificar o día, xa que é o principio da sección, e ademais máis adiante dí que ao día seguinte pasou outra cousa. Por outra banda, non hai concordancia co inicio do conflito na caixa e no cabezado, e entre o cabezado e o que se indica no artigo, xa que o cabezado fala do 7 de outubro e na caixa fala dun día antes, logo lendo o artigo di que os primeiros enfrontamentos se produciron o día 6, non sei se é un erro ao teclear ou se se adoita considerar que a revolución en si comezou o 7. Unha aperta e grazas! --Piquito (conversa) 26 de xaneiro de 2015 ás 16:55 (UTC)

RE:Kerenskii[editar a fonte]

A transliteración do apelido é Kerenskii segundo WP:TRL, que asigna ao ruso o sistema oficial de transliteración do ruso. Evedentemente, as formas anglófonas ou castelanófonas están moito máis estendidas, mais non vexo que sexa esa a cuestión. En calquera caso, non vou gastar as miñas enerxías nisto, facede o que queirades. --Norrin (Fálame) 31 de xaneiro de 2015 ás 23:38 (UTC)

Aviso na taberna de axuda[editar a fonte]

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 17:43 (UTC)

Si, é que unhas cousas están aí, as que son da Fundación Wikimedia, e as outras no outro lado, as que son exclusivas do software Mediawiki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 09:08 (UTC)

Revolución de Outubro[editar a fonte]

Ola, Amperio. En primeiro lugar, teño que dicir que eu non son especialista en Historia, pero precisamente falaba no meu comentario como persoa non especialista que empeza ler o artigo e ve que non está suficientemente introducido no encabezamento (aínda que despois máis adiante si que hai unha sección sobre “Antecedentes”). O conxunto do artigo penso que está completo, ben explicado e é interesante. En canto ao texto, eu pensaba nunha cousa dese estilo como a que ti engadiches pero incluso máis breve. Tal como está paréceme ben, xa que introduce e pon en situación e fai o artigo máis autónomo (sen ter que consultar outros necesariamente). Postos a facer algunhas observacións, faría as seguintes:

  • Para facelo máis breve, suprimiría a frase “único partido europeo xunto ao Partido Socialista do Reino de Serbia que se negou a votar os créditos de guerra”, porque é unha información adicional interesante, pero que non é imprescindible, penso.
  • “Fornezo” non o atopo no DRAG, onde si vén “fornecemento”.
  • Engadiría que a Revolución de Febreiro fóra encabezada por forzas moderadas. Por exemplo, “As sucesivas derrotas rusas na Primeira Guerra Mundial foron unha das causas da Revolución de Febreiro, encabezada por forzas moderadas.” Ten en conta que en principio participaran nela menxeviques e deputados burgueses da Duma, e que tiñan, en principio, un programa democrático constitucionalista.
  • Ao engadir o teu texto novo, entón xa se pode deixar o terceiro parágrafo case como estaba inicialmente (lembras que eu engadira “Primeira Guerra Mundial”), agora xa se pode poñer guerra, simplemente, como estaba antes. E suprimiría o de “na que levaba anos combatendo Rusia”.--Miguelferig (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 19:35 (UTC)

redireccións[editar a fonte]

Ola, Amperio; corrixín as redireccións cara ao artigo do cardeal Mendoza porque mentres non exista páxina de homónimos e cadanseu artigo correspondente das distintas persoas, é preferible evitar o uso de redireccións, máis aínda cando se tende a non usar parénteses nos títulos agás excepcións. No caso de crearmos artigos sobre as outras persoas co mesmo nome cumpriría corrixir o feito, pero non sería un gran problema.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de febreiro de 2015 ás 22:31 (UTC)

RE:Revolución de Outubro[editar a fonte]

Pois non sei moi ben que dicirche, eu penso que non habería problema se o indicas na votación e a xente está de acordo. O que si terías que facer sería estar pendente ata ese mes de que non se fixera outra proposta para ese mes. Pero case mellor que lle preguntes antes a algún outro administrador o que lle parece a cousa para estar seguros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 12:47 (UTC)

Si, xa che entendín, pero de tódolos xeitos habería que estar pendentes desa páxina porque de aquí a outubro..., mi madriña o que pode pasar! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 12:51 (UTC)

Modelo interleucinas[editar a fonte]

As páxinas das interleucinas levan o modelo proteína (unha caixa de datos), xa que nós non temos o modelo xene que teñen na wikipedia inglesa (unha de cor verde). A ese modelo de xene xa lle botei unha ollada eu e creo que é máis complicado do que parece, xa que creo que completa contidos por medio dun bot. Ocorre como o modelo de produto químico Chembox, que fixen eu con éxito, pero tiven que simplificalo moito, porque aquí non temos os bot de comprobación da corrección dos números de cada base de datos proteica que sae no cadro. O que si se pode facer coas interleucinas é un modelo deses que se colocan ao final das páxinas. Os ingleses teñen un modelo para todas as citocinas, entre as que están incluídas as interleucinas, que se podería facer máis adiante (cando teñamos máis páxinas, para que non quede case todo en vermello). Ese tipo de modelos non adoita ter grandes problemas e podo facelo eu perfectamente creo, pero tiña pensado facelo máis adiante. Grazas pola túa disposición. O artigo da revolución de outubro quedou moi ben. Parabéns--Miguelferig (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 13:13 (UTC)

outubro[editar a fonte]

Ola, Amperio! Creo que non hai problema ningún en propor e dispor artigos destacados para un mes concreto. En todo caso, menciónao explicitamente na votación para que quede claro. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de febreiro de 2015 ás 17:50 (UTC)

Quebec Nordiques[editar a fonte]

Boas AMPERIO! Grazas por poñerte a revisar o artigo dos Nordiques! Perdoa pola tardanza, contéstoche a cada un dos puntos que me puñas na miña conversa:

  • Sobre o das participacións nas series eliminatorias xa contestei na páxina da votación, pero básicamente non se pode impregar entre porque se refire ás dúas ocasións nas que chegaron á final de conferencia.
  • Sobre o de introducidos tamén falei na páxina da votación, se atopas unha tradución mellor ao termo inglés inducted tes vía libre, e se queres empregar a opción que poño na votación tamén.
  • Farei eses dous artigos e os de Lista de eleccións no Draft dos Quebec Nordiques, Potencial expansión da National Hockey League, e Lista de equipos desaparecidos e reubicados da National Hockey League, pero con calma, prefiro tardar e que sexan algo máis que artigos "en progreso". Se dou acabado con Bach e Händel (con este non creo, pero podo ir simultaneamente) esta semana tentarei facer algún.
  • O das fotos... é cousa de gustos, en realidade o fixen para que non quedaran todas as imaxes no mesmo lado (onde tamén está a caixa de información da franquía) Creo recordar que hai anos nunha votación para calidade se falaba de que era mellor repartir as imaxes nos dous lados (a min esteticamente gústame máis) Pensa que se van todas á dereita queda toda a carga gráfica no lado dereito do artigo, algo que non se fai nin nos libros. A min non me importa, pero quizais sería mellor que lle preguntaras a HombreDHojalata, Elisardojm, ou Estevo(aei) o que opinan, que teñen máis idea ca min.

Calquer pregunta ou proposta aquí estamos. Unha aperta! Piquito (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 18:01 (UTC)

RE:Taberna[editar a fonte]

Fixen un apaño, é un lío usar o modelo Ficha pero mentres non se faga un apaño penso que non queda outra. Xa comentei na taberna que hai (tes ;) que revisar que a documentación quedara correcta, cambiei un par de parámetros e quitei outros, e tamén hai que revisar que tódolos datos aparezan correctamente. Se hai algún problema avísame de novo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 18:27 (UTC)

Tsar...[editar a fonte]

No DEGU e na DS21 non o atopo. --. HombreDHojalata.conversa 4 de febreiro de 2015 ás 19:32 (UTC)

RE:Imaxe da semana[editar a fonte]

Moi ben, ese artigo está máis relacionado coa imaxe. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2015 ás 14:12 (UTC)

Bloqueos[editar a fonte]

Creo que estaría ben que puxeras un aviso na páxina de conversa desas IPs de que foron bloqueadas por vandalismo, así os que entren para outra vez con ela verán a mensaxe e ó mellor failles pensar. Tamén sirve para ter un sitio rápido onde ver os bloqueos que ten cada conta. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2015 ás 14:19 (UTC)

Estiven pensando e creo que iso non está indicado en ningún lado así que vou propolo na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 14:19 (UTC)
Está en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 16:41 (UTC)

Revisión de foto[editar a fonte]

Boas, a foto de Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Ponte Nafonso - Outes - Noia - 01.jpg foi cambiada por unha de mellor calidade, se queres podes revisar o teu voto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de febreiro de 2015 ás 18:00 (UTC)

New parameter on Commons for gl:FP images[editar a fonte]

Hi AMPERIO,

a new parameter for gl:FP images is now on Commons available.

== {{Assessment}} ==

{{Assessments|glwiki=1}}

Saúdos, --Alchemist-hp (conversa) 11 de febreiro de 2015 ás 18:47 (UTC)

RE:Páxina[editar a fonte]

Boas, si, tes moita razón. Inspireime na túa páxina de artigos pra facer a miña, se estas molesto, modifícoa e listo. Sinto as molestias.

Saúdos,--MrCarlete (conversa) 15 de febreiro de 2015 ás 23:32 (UTC)

Cadro coa síntese dos prazos e mais o número de votos
  • Destacados na Portada: 2/3 dos votos; 15 días mínimos de votación; 5 votos mínimos a favor.
    • Artigos de calidade: 3/4 dos votos; 30 días de votación; 5 votos mínimos a favor.
  • Votacións para borrar: 2/3 dos votos; 10 días mínimos de votación; 5 votos mínimos a favor.
  • Aprobación de bots: 3/4 dos votos; 7 días mínimos de votación; 3 votos mínimos a favor.
  • Dereitos de administrador:
    • Eleccións: 3/4 dos votos; 15 días de votación.
    • Revogacións: maioría simple; 15 días de votación.
  • Políticas: 3/4 dos votos; 30 días de votación; 5 votos mínimos a favor.

Votacións[editar a fonte]

Sí. Claro!

--. HombreDHojalata.conversa 21 de febreiro de 2015 ás 21:17 (UTC)

Yurta/Yurt/Iurta?[editar a fonte]

Ola!

Hei revisar, pero non atopo referencia para ese termo en lingua galega. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de febreiro de 2015 ás 09:53 (UTC)

Aviso de wikimaratón en Vigo[editar a fonte]

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)

Motín[editar a fonte]

Ben escollido! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de febreiro de 2015 ás 09:40 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas! Deixei un comentario na conversa do libro de estilo que fai referencia ás notas nos artigos, se podes e queres podes deixar a túa opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 10:13 (UTC)

Doce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.

Nova proposta[editar a fonte]

Boas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:26 (UTC)

Adaptación do formato dos números no sistema wiki[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:29 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

RE:Dúbida[editar a fonte]

Hai algúns casos nos que non se pon pero non teño moi claro cales. O mellor é que lle preguntes ó usuario Estevoaei ou ó usuario Atobar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de maio de 2015 ás 14:19 (UTC)

complementos directos[editar a fonte]

Ola, Amperio! En galego o complemento directo non leva preposición a. Xa que logo, debe ser Deus salve o Tsar e Deus salve a Raíña. Como curiosidade: Siniestro Total teñen unha canción chamada "Dios salve al conselleiro". Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de maio de 2015 ás 10:08 (UTC)

En castelán o complemento directo adoita levar preposición a, polo que sería Dios salve al Zar e Dios salve a la reina. Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de maio de 2015 ás 10:29 (UTC)

Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:42 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Revolución de Febreiro[editar a fonte]

Boas AMPERIO, sen ánimo de molestar nin nada, pero creo que a parte final do teu comentario na conversa de Nerk non é o máis axeitada posible, non cres? Penso que deberías, como mínimo, retirar esa parte do teu comentario porque non ten nada de construtivo e xa levo uns cantos anos aquí como para imaxinar como pode rematar iso, un ou dous usuarios marchan do proxecto e iso nunca é bo para a Galipedia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de maio de 2015 ás 18:09 (UTC)

Tradución de "Revolución de Febreiro"[editar a fonte]

Equivocaríame eu, pero frases como “intento de vez de Estado” onde se traduce “de golpe” pola expresión “de vez”, ou “entre trinta e corenta acodes en total” no canto de “entre trinta e corenta persoas en total” onde se traduce “personas” como si fose do verbo personar por “acodes” de acudir, pensei que só se podían deber a unha tradución automática. Así a todo creo que ao artigo, como en outros casos, compríalle unha seria revisión antes de presentalo como candidato a artigo de calidade. Tamén pensei que critica-lo traballo dos demais é unha forma de que todos melloren. Síntoo si me equivoquei. Un saúdo.Nerk (conversa) 14 de maio de 2015 ás 10:15 (UTC)

[editar a fonte]

Deixei unha mensaxe sobre como cambiar o logo na taberna. Agora hai que buscar unha páxina onde quede a man. Saúdos, Elisardo usando o MediaWiki message delivery (conversa) 18 de maio de 2015 ás 01:02 (UTC)

Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama[editar a fonte]

Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Poñer aviso polo tema da liberdade de panorama[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na taberna para poñer un aviso nos artigos polo tema da Liberdade de Panorama que está a revisarse na Unión Europea. Se tes un momento libre bótalle unha ollada. Saúdos, Elisardo. MediaWiki message delivery (conversa) 23 de xuño de 2015 ás 17:50 (UTC)

Encarga de fotografía[editar a fonte]

Ola Amperio.

Queríache encargar unha foto, se puideras facela.

Aquí: 42°47′25.15″N 7°26′53.50″O / 42.7903194, -7.4481944, en A Vilerma, Maside, Sarria, hai unha placa adicada a Xela Arias.

Pódese ver aquí e aquí.

Poderías, un día, ir ata alí, e tirarlle unhas fotiños? Viríanos moi ben para os artigos de Xela Arias, Valentín Arias, A Vilerma, Maside...

En calquera caso, moitas grazas. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 29 de xuño de 2015 ás 16:35 (UTC)

Fantásticas! Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 31 de xullo de 2017 ás 20:23 (UTC)

Tema na Taberna[editar a fonte]

Boas! Podes botarlle un ollo a isto a ver qué pensas? Saúdos! --Norrin (Fálame) 30 de xuño de 2015 ás 12:39 (UTC)

Proposta de cambio do logotipo para o Día de Galicia[editar a fonte]

Na taberna hai unha proposta para cambiar o logotipo da Galipedia no Día de Galicia. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 11:05 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Información en paneis na vía pública[editar a fonte]

Ola Amperio.

Se o panel está na vía pública non hai problema. En España (e en moitos países) o que está na vía pública ven sendo de dominio público (estamos a falar da propiedade intelectual):

Ley 5/1998, de 6 de marzo, de incorporación al Derecho español de la Directiva 96/9/CE, del Parlamento Europeo y del Consejo, de 11 de marzo de 1996, sobre la protección jurídica de las bases de datos:
Artículo 35. 2. Las obras situadas permanentemente en parques, calles, plazas u otras vías públicas pueden ser reproducidas, distribuidas y comunicadas libremente por medio de pinturas, dibujos, fotografías y procedimientos audiovisuales.

Con todo, estaría ben que indicases a fonte, por exemplo, nunha nota ao pé ou na páxina de conversa. Podes ver exemplos en: Conversa:Edificio Bonín ou Conversa:Pazo de Fontefiz.

Tes máis información en Wikipedia:Wikiproxecto artigos de paneis.

Un saúdo e que desfrutes nas terras granadinas. --. HombreDHojalata.conversa 10 de agosto de 2015 ás 10:03 (UTC)

RE:Modelo:Ficha EXPO[editar a fonte]

Por algún estrano motivo non me dera conta da túa primeira mensaxe ata agora, mil desculpas. Revisoo ao longo do día de hoxe e xa che comento nun rato. Banjo tell me 11 de setembro de 2015 ás 09:44 (UTC)

Na wiki :es teñen o {{infobox}} traducido a "Ficha", cós parámetros traducidos tamén. Nos polo momento témolo en versión orixinal inglesa, nun futuro cambiarase para usar parámetros propios, pero levará un tempo, hai moitos modelos que o usan como base. Cambiei o nome dos parámetros (etiqueta -> label, datos -> data etc.) para que Infobox os recoñeza ben, creo que xa quedou listo, bótalle un vistazo por si se me pasou algo por alto. Banjo tell me 11 de setembro de 2015 ás 10:27 (UTC)

Proposta para o 2017[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para desenvolver un grupo de artigos relevantes e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 17:16 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Invitación á entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha invitación para asistir á cerimonia da entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional concedido á Wikipedia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 11:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! MediaWiki message delivery (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:41 (UTC)

Anuncio da segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta para organizar a Segunda malla de artigos da Galipecia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de outubro de 2015 ás 04:09 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Malla de artigos[editar a fonte]

Ah, perdoa, con tantos leas ó final esquecinme de avisarche de que ía propor para este mes o da malla, xa que fai tempo xa me preguntaras por ela. Menos mal que o envío masivo de mensaxes funciona de maravilla :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2015 ás 12:13 (UTC)

Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións[editar a fonte]

Boas! Estou a traballar nunha proposta de política para os títulos dos artigos sobre organizacións (nomeadamente partidos políticos e sindicatos, organizacións internacionais, centros educativos e equipos deportivos). Agradeceríache que lle botaras unha ollada e que fixeras os comentarios e achegas que consideraras na conversa. Se adoitas traballar en artigos sobre equipos deportivos a túa axuda sería de especial interese, pois está moi verde o tema. Tamén convén un pulo especial á proposta de partidos. Grazas! --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2015 ás 20:16

Por certo, que se lle podes botar un ollo a esta proposta, virá ben. Saúdos! --Norrin (Fálame) 23 de outubro de 2015 ás 06:46 (UTC)
Si, habería que mudalo en todos. Algúns xa teñen feito o cambio, no caso de Nova Jersey como ía facer unha edición lle engadín tamén o aviso. --Norrin (Fálame) 23 de outubro de 2015 ás 11:53 (UTC)

Segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Esta semana, do 19 ó 25 de outubro, ambos inclusive, organízase a Segunda malla de artigos da Galipedia. A idea é que durante esta semana todos traballemos nos artigos con problemas que están na categoría Atención, para amañalos e que non enchan a Galipedia. Nesa categoría hai agora 355 artigos, se cada usuario activo amaña catro artigos remataremos o choio antes de rematar a semana! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 19 de outubro de 2015 ás 00:31 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

RE: Edward Elgar[editar a fonte]

Boas AMPERIO!! Tentarei facer eses artigos, pero xa che digo que vou tardar... agora ando con tres artigos "en uso" (India, Kilimanjaro e Israel) e logo debería poñerme a crear os artigos principais de varios dos artigos que ampliei para calidade e os dos artigos dos Boston Bruins e Montreal Canadiens especialmente. Teño outra petición de crear un artigo dende hai un ano (OMG), pero tentarei non tardar tanto con isto. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 22 de outubro de 2015 ás 21:51 (UTC)

RE: Estou de volta[editar a fonte]

Moi ben pola túa volta, iso é o importante, volver sempre! :) Sobre o do modelo supoño que si, que haberá que facelo porque se había que cambiar Nova Jersey os outros tamén haberá que poñelos igual. Pero podes falar con Norrin que foi o que puxo o aviso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2015 ás 22:11 (UTC)

RE:RENFE[editar a fonte]

E tantos anos... 2009! :) Xa quedou restaurada e apuntando o artigo correcto. Grazas polo aviso. Banjo tell me 23 de outubro de 2015 ás 12:13 (UTC)

Smartphone icon.svg

Estou fóra[editar a fonte]

Ola.                                                            Esta é unha substitución {{subst:Fóra}} dunha mensaxe automática.

Inda que me vexas activo na páxina de cambios recentes, estou trebellando cun pequeno dispositivo tipo smartphone.

Contestareiche con calma cando estea na casa. Grazas e desculpa. --. HombreDHojalata.conversa 11 de maio de 2014 ás 20:56 (UTC). HombreDHojalata.conversa 24 de outubro de 2015 ás 10:11 (UTC)

RE:Segunda malla... resultados[editar a fonte]

Foron un montón de usuarios, eu só fixen a miña parte :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2015 ás 17:34 (UTC)

Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego[editar a fonte]

Na taberna hai unha información sobre o Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego que pode ser do seu interese. Tamén hai unha votación para engadir un aviso na cabeceira dos artigos sobre este evento e para a que se solicita a participación da comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 09:54 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proceso de escolla de artigos bos[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para comezar a revisar o proceso de selección de artigos bos na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Nesta fase debateranse os detalles necesarios para permitir a escolla deste tipo de artigos que mellorarán a calidade e visibilidade do proxecto. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 11:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de novembro de 2015 ás 10:38 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións de propostas de políticas - Actualización a decembro de 2015[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as votacións de políticas en curso e as próximas votacións programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me1 de decembro de 2015 ás 09:14 (UTC)

RE:Goberno Provisional Ruso[editar a fonte]

Boas AMPERIO! Alédame verte de novo por aquí! Non tes que disculparte por non colaborar, e moito menos pedirme desculpas a min! Cada un ten as súas cousas, e o primeiro é o primeiro. Foi un pracer ler o artigo, é moi interesante e penso que ben pode ser artigo de qualidade, seguindo o camiño das dúas revolucións de 1917, esperemos que máis xente se anime a participar na votación, sexa votando a favor, en contra, ou facendo algunha observación sobre algún aspecto que poida melorarse. Sobre os temas de calidade, é algo que hai noutras Wikipedias e que quizais nun futuro próximo poidamos introducir aquí (a Revolución Rusa de 1917 ten xa dous artigos -case tres-, eu ando a voltas cos artigos da NHL, e espero retomar o os artigos relacionados con Wagner, pero pouco a pouco). Unha aperta!! --Piquito (conversa) 11 de decembro de 2015 ás 19:10 (UTC)

Xa ten cinco votos, parabéns! Bo traballo! Agora esperar a que o revise e o vote máis xente. Apertas!! --Piquito (conversa) 11 de decembro de 2015 ás 23:33 (UTC)
Parabéns AMPERIO! O artigo xa é o 53º artigo de calidade da Galipedia! Ademais conseguimos pechar o ano aprobando 22 artigos, todo un récord!! Esperemos seguir nesta liña no 2016. Moitas grazas polo teu traballo!! --Piquito (conversa) 23 de decembro de 2015 ás 23:43 (UTC)

RE:Código QR[editar a fonte]

Pois é para acceder ó artigo dende un dispositivo móbil mediante unha aplicación que teñen eses aparellos, é semellante a un código de barras que o programa transforma nunha dirección web e automaticamente abre o explorador para mostrar o artigo no idioma no que estea configurado o terminal. Penso que non hai ningún proxecto relacionado con iso, na wiki-en teñen o que chaman a QRpedia, que creo que foi o comezo desta idea. Aquí o que facemos é engadir os códigos nos artigos de calidade porque son artigos máis completos que temos, pero realmente pode engadirse a calquera artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2015 ás 17:30 (UTC)

Semana partida entre 2015/2016[editar a fonte]

Amañado. A derradeira semana de 2015 e a primeira de 2016 son a mesma semana.

Se refrescas a caché, debería aparecerche. --. HombreDHojalata.conversa 28 de decembro de 2015 ás 10:06 (UTC)

bandeiras[editar a fonte]

Ola, Amperio; o criterio habitual na Wikipedia en lingua galega é incluír a bandeira galega nos modelos de persoas cando alguén naceu en Galicia. Respecto ao de mudar a bandeira de España pola de Madrid, aí xa non hai un criterio tan unívoco, e ás veces ponse a bandeira da respectiva comunidade autónoma ou ponse directamente a de España. A falta dun consenso, decidín deixar a que puxeches. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de decembro de 2015 ás 11:39 (UTC)

Baixo (voz)[editar a fonte]

Quero saber do porqué revertiches a información que engadín hoxe no artigo Baixo (voz) se ti non tes nin idea do que usamos para cantar ópera nós os de rexistro de voz Baixo porque eu son un Baixo profundo capaz de baixar máis a intensidade da voz pasando o Dó profundo para ter un tono máis oscuro todavía.--Daniel Pita López (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 12:51 (UTC)

O que eu escribín no artigo Baixo (voz) dos tipos do meu rexistro de voz e que ti revertiches non eran un vandalismo porque o meu rexistro de voz tamén ten os seus propios tipos que son buffo, lixeiro, profundo e barítono do que sei de momento e non revertas nada do artigo Baixo (voz) sen consultarmo antes porque senon pasa o que pasa. Eu non copio nin pego de ningunha páxina web porque simplemente era información que teño do meu rexistro de voz. Cada un ten un rexistro de voz e para saber os tipos que ten o seu rexistro de voz simplemente ten que buscar o seu rexistro de voz no buscador de Google e logo seleccionar no que aparece o rexistro de voz da persoa coa palabra Operamania.--Daniel Pita López (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 16:30 (UTC)

Eu[editar a fonte]

Sí faltei ó respeto sintoo mas non debes de borrar cando eu son o que controla do meu rexistro de voz porque eu son Baixo profundo mas debes de comprender do que podemos facer nós os de rexistro de voz Baixo porque eu son o que ten coñecementos do meu rexisrtro de voz e se escribín o que estaba escrito é para que saibades onde temos o timbre mou oscuro e en onde non porque non me gusta que haia persoas que pensen que nós os de rexistro de voz Baixo usamos a voz de peito e non a voz de garganta en caso de que haia persoas que pensen que nós os de rexistro de voz Baixo usamos a voz de peito. Sintoo mas eu son de deixar as cousas ben claras cando eu son o que controla do meu rexistro de voz.--Daniel Pita López (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 15:55 (UTC)

Formato en "Otón de Frisinga"[editar a fonte]

Hola, AMPERIO. Xa engadín categorías ao artigo "Otón de Frisinga", pero non sei como darlle un formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Lín o libro de estilo e cambiei algúns tempos verbais (ao pretérito, como recomenda o libro), pero non sei que máis facer... Agradezo consellos!--Osarsan (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 20:22 (UTC)

Artigos de localidades[editar a fonte]

Boas tardes. Chairego_apc e máis eu estamos a traducir tódolos artigos da wiki en catalá, e como podes comprobar, alí non hai máis información que a que ves traducida ó galego. É certo que poden conter máis información, pero non te apures que xa se irán enchendo pouco a pouco. Ademais algúns son comunas que non teñen máis de 1000 habitantes, e dende o meu punto de vista os artigos que estamos facendo agora conteñen información máis que suficiente. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 31 de decembro de 2015 ás 18:41 (UTC)