Axuda:Cambios recentes
A páxina Cambios recentes permite ver as edicións máis recentes feitas nas páxinas do proxecto MediaWiki. Nesta páxina os usuarios poden supervisar e revisar o traballo doutros usuarios, permitindo corrixir posibles erros e eliminando vandalismos. Hai unha ligazón á páxina de cambios recentes na parte superior da barra lateral esquerda de cada páxina. Tamén pode crear unha ligazón directa á páxina coma [[Especial:Cambios recentes]].
Comprendendo os cambios recentes
[editar | editar a fonte]Coas preferencias por defecto, a maioría da páxina consiste en 50 liñas, unha para cada edición, que semella algo así:
- (dif) (hist) . . Xirona; 10:06 . . (+1,864) . . 128.214.14.50 (Conversa) (Engado sección)
- (dif) (hist) . . N Wikipedia:Como comezar a colaborar; 10:06 . . (+1,433) . . Brion VIBBER (Conversa | contribs) (Nova páxina)
- (Rexistro de traslados); 10:05 . . Maveric149 (Conversa | contribs) (movo Girona cara Xirona)
- (dif) (hist) . . Axuda:Como facer táboas; 10:04 . . (+98) . . IMandIR (Conversa | contribs) (Engado exemplos)
Isto indica catro edicións: a primeira feita por un usuario non rexistrado na páxina Xirona; a segunda feita por Brion VIBBER na páxina Wikipedia:Como comezar a colaborar; a terceira feita por Maveric149 en Girona; e a cuarta feita por IMandIR en Axuda:Como facer táboas.
De esquerda a dereita:
- "dif" liga ao dif da edición. Non está dispoñible para páxinas novas ou movementos de páxinas.
- A ligazón "hist" corresponde á ligazón do Historial da páxina editada. Non só amosa esa edición senón que tamén se inclúen edicións máis vellas e máis novas. Para movementos de páxinas, a ligazón hist amosa o historial da nova páxina.
- Unha m en letra grosa indica que o usuario marcou a edición coma "menor". Só os usuarios rexistrados poden marcar as edicións coma menors, para evitar posibles abusos.
- Unha N en letra grosa indica que a páxina é "nova", é dicir, non existía previamente. É posible que unha edición amose ámbolos dous indicadores de "menor" e "nova", habitualmente empregado en novas redireccións.
- Unha b en letra grosa indica que a edición foi feita por un bot (unha conta con bandeira de bot), ou que a edición foi agochada por un administrador.
- A seguinte ligazón é unha ligazón á versión actual da páxina en cuestión.
- Se a ligazón está en letra grosa, indica que a páxina é parte da súa lista de vixilancia.
- 10:06 refírese á marca de tempo en UTC. Pode cambiar o tempo á súa franxa horaria nas súas preferencias - vexa como cambiar as preferencias.
- (+1,864) (habitualmente un número en verde cun +, ou en vermello cun -) indica o número de bytes que se engadiron ou eliminaron na edición.
- O número amósase en letra grosa cando se engaden ou eliminan máis de 500 bytes.
- Para usuario rexistrados, a seguinte ligazón é unha ligazón á súa páxina de usuario. Para usuarios non rexistrados , ligase á súa páxina de Contribucións do usuario.
- Finalmente, amósase unha ligazón á páxina de conversa do usuario.
- Para movementos de páxinas, dáse unha ligazón para ámbalas dúas páxinas, a nova e a vella.
Opcións
[editar | editar a fonte]Tras cargar a páxina de cambios recentes pódese especificar opcións para amosar unha selección diferente de cambios recentes. Pódese especificar un nome de espazos, con ou sen os seu nome de espazo asociado (páxinas de conversa), e/ou inverter a selección (ver os cambios en tódolos nomes de espazos agás os especificados).
Os usuarios rexistrados poden modificar as súas preferencias para especificar valores por defecto nalgunhas destas opcións, e para definir como se amosan os cambios recentes. Para unha axuda sobre esta cuestión, vexa como rexistrarse e como cambiar as preferencias. As opcións aplicables son:
- Agochar os cambios menores nos cambios recentes - Agocha tódalas edicións marcadas coma menores por usuarios rexistrados.
- Cambios recentes avanzados - Se habilita esta opción, as edicións múltiples agruparanse xuntas. Esta opción emprega JavaScript, e pode non funcionar en tódolos navegarores.
- Días para amosar nos cambios recentes - Pode seleccionar o número de días a amosar por defecto na páxina de cambios recentes.
- Número de cambios recentes - Pode seleccionar o número de cambios que se amosan por defecto. No caso dos cambios recentes avanzados, inclúense aqueles que se agochan inicialmente.
Ver os cambios novos dende unha data concreta
[editar | editar a fonte]Se carga os cambios recentes na data 5 de out de 2024 as 04:40, amosará unha ligazón "Ver cambios novos dende 5 de out de 2024 as 04:40", que amosará os cambios máis novos que non se viron aínda. Pode gardar esta ligazón nos favoritos do seu navegador para empregala máis tarde.
Para ver os cambios novos sen estas preparacións, use:
//gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Especial:Recentchanges&from=20241005044003
Pode copiar esta URL na barra de direccións e cambiar a data e marca de tempo. O "número de rexistros nos cambios recentes" definido coma preferencia aplícase. Esta característica non pode empregarse xunto a "agochar os usuarios rexistrados" agás que a URL se modifique manualmente.
Agochar usuarios rexistrados dos cambios recentes
[editar | editar a fonte]Especial:Recentchanges/hideliu é unha versión dos cambios recentes que só amosa os cambios feitos por usuarios non rexistrados. Isto pode ser útil para aqueles que vixíen posibles vandalismos. As características coma ver os cambios recentes dende unha data particular poden empregarse nesta versión, pero só alterando manualmente a URL engadíndolle &hideliu=1.
Por exemplo, facer clic no tempo (como se describe na sección anterior) pode levarlle á url //gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Especial:Recentchanges&from=20241005044003
Tería que cambiar isto da forma //gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Especial:Recentchanges&from=20241005044003&hideliu=1
para ver os cambios recentes sen amosar usuarios rexistrados comezando por esa data.
Bots
[editar | editar a fonte]As edicións feitas por Bots poden amosarse nos cambios recentes engadindo &hidebots=0 na url da páxina. Algúns sysops poden marcar edicións coma edicións de bots, facendo que non aparezan na páxina de cambios recentes por defecto.
Volver á páxina de axuda. |