Código QR
| Código QR | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Subclase de
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Inventor/a
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |

O código QR (en inglés, quick response code, «código de resposta rápida») é un código bidimensional deseñado para o uso no sector do automóbil pola compañía xaponesa Denso Wave, subsidiaria de Toyota, en 1994. Os códigos QR empréganse durante a fabricación para o seguimentos dos compoñentes. O sistema estase a facer moi popular pola facilidade para incluír máis información que os códigos de barras unidimensionais. O código está formado por puntos negros cadrados dispostos nun cadrado sobre fondo branco. Os tres cadrados das esquinas son para fixar a posición dos datos. O código pode almacenar datos numéricos, alfanuméricos, bytes/bits, Kanji/Kana e empregando extensións practicamente calquera tipo de datos.
Normas
[editar | editar a fonte]
O estándar xaponés para códigos QR (JIS X 0510) foi publicado en xaneiro de 1998 e o estándar internacional ISO (ISO/IEC18004) foi aprobado en xuño de 2000. Está en uso dende o 1 de setembro de 2006 - ISO/IEC 18004:2006 Tecnoloxía da información - Identificación automática e técnicas de captura de datos - Código QR 2005 simboloxía especificacións.
O código QR é aberto a diferenza doutros bidimensionais como o BIDI, os dereitos de patente son propiedade de Denso Wave pero están liberados e non son limitados.
Lectura
[editar | editar a fonte]
|
| ||||||||||||||||||||||
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Placa conmemorativa da restauración do Cable Inglés en Almería, código QR cunha audioguía
-
Placa co código QR na Universitat de València
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial de Código QR
- Xerador de códigos QR en liña Arquivado 05 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en varias linguas)
- Wolfram Alpha, xerador de códigos en liña (en inglés)