Xunta de Goberno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xunta é o nome dun tipo de institución característica da administración da Monarquía Hispánica do Antigo Réxime, e que se seguiu aplicando a outras da Administración na España da Idade Contemporánea e noutros países de fala española. Algunhas delas tiveron un relevante papel durante a Guerra da Independencia española e nos conflitos da Independencia da América Hispana.

Por Xunta de Goberno ou Consello Directivo enténdese a instancia encargada da dirección colexiada dunha organización pública ou privada. Está composta por número variábel de persoas, electas para tal fin por un período determinado. No seu seo elixe un Presidente da Xunta. Por exemplo, Xunta de Goberno da Universidade, Xunta de Goberno do Colexio de Avogados, etc.


Xuntas e Consellos[editar | editar a fonte]

Xuntas é o nome que recibiron varias comisións "informais" durante o reinado de Filipe II, destacadamente a través dun personaxe principal, o cardeal Diego de Espinosa, que tratou os asuntos reais a través delas.

Supuxeron un novo sistema de goberno baseado nas reunións de especialistas nunha materia para a adopción de resolucións desa mesma materia en concreto, e representaron o triunfo das relacións persoais sobre o sistema plural dos Consellos, xa que estaban convocadas a vontade do rei ou do "favorito" de quenda (valido). Tras a morte de Espinosa en 1572 as xuntas deixaron de estaren presididas por letrados e especialistas na materia para, paulatinamente, seren substituídos por nobres.

É nesta nova fórmula de goberno onde radica a efectividade atribuída normalmente a Felipe II. Nun principio creouse a Xunta de Noite en 1585, e posteriormente formalizouse a Xunta de Goberno en 1588 para, finalmente, constituírse a Xunta Grande.

Enmarcadas dentro do complexo polisinodial, no que os Consellos, de vocación máis permanente, eran a cúspide, as xuntas atendían a un asunto particular que requiría a coordinación de varios consellos, como unha comisión monográfica ou comité especial. As relativas á Facenda recibían a cualificación xenérica de Xunta de medios. Unha delas foi a Xunta de Comercio e Moeda (1679).

Houbo unha Xunta de Sanidade desde 1720 (con motivo da peste de Marsella). Entre 1787 e 1792 funcionou unha Xunta Suprema de Estado.

Xuntas de teólogos e xuristas[editar | editar a fonte]

Tamén recibían o nome de xunta as reunións de teólogos e xuristas que debatían unha cuestión concreta, co fin de emitir un ditame ou de asesorar a toma de decisións complexas, sendo famosas as que debateron cuestións transcendentais para a colonización de América: a Xunta de Burgos (1512) e a Xunta de Valladolid (1550-1551); ou a Xunta de Valencia (1528, que xustificou a política cara aos mouriscos).

Institucións locais[editar | editar a fonte]

Como institucións locais, existiron xuntas para os territorios do norte da Coroa de Castela que non tiñan representación nas Cortes de Castela: as Xuntas Xerais das Provincias Vascongadas (Xuntas Xerais de Biscaia, Xuntas Xerais de Guipúscoa e Xuntas Xerais de Áraba, que seguen existindo na organización foral do actual País Vasco), a Xunta do Reino de Galicia e a Xunta Xeral do Principado de Asturias.

Xuntas soberanas provisionais[editar | editar a fonte]

O nome de xunta empregouse tamén para designar a unha institución de goberno provisional ou de emerxencia, resultado dunha situación excepcional:

Durante a Guerra das Comunidades, no bando sublevado creouse a Xunta de Comunidades (na configuración do actual estado autonómico español conservou no nome nas comunidades de Castela e León, Castela-A Mancha e no nome institucional da Xunta de Estremadura).

Durante a Guerra de Independencia española e na Independencia da América Hispana as institucións de emerxencia que se crearon co nome de xuntas foron moi abundantes:

Nas colonias americanas empezaron a formarse Xuntas con carácter independentista que xa non recoñecían á Xunta Suprema. En lugar de actuar con diplomacia, Fernando VII optou por mandar ao exército. Primeiramente independizaríanse Arxentina e Paraguai. Máis tarde o farían Bolivia, Colombia, Perú, Chile, etc.

Con posterioridade á independencia foi usual nos países hispanoamericanos recorrer a institucións provisionais co nome de xunta (particularmente Xunta militar, en golpes de Estado).

Xuntas de Goberno revolucionarias en América[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xuntas de Goberno de América.

Foron as primeiras organizacións do poder executivo de carácter colexiado na Independencia da América Hispana, activas aproximadamente entre 1810 e 1830. Xeralmente instaláronse como xuntas autónomas, como primeiro paso para seguidamente converterse en xuntas revolucionarias e exixir a independencia de España.

Xuntas na España contemporánea[editar | editar a fonte]

Xa na Idade Contemporánea, en España o nome de xunta deuse a moitas outras institucións, como a Xunta para a Ampliación de Estudos (1907, precedente da Residencia de Estudantes e do CSIC).

Alleas ao goberno, as Xuntas militares de defensa creáronse de forma asemblearia no seo do exército, descontento polo Desastre de 1898 e por diversas cuestións corporativas, entre 1916 e 1922, e foron unha das principais protagonistas na crise de 1917.

Despois da Constitución española de 1978, o goberno dalgunhas comunidades autónomas tomaron o nome de Xuntas (Andalucía, Castela e León, Castela-A Mancha e Galicia).

Así mesmo existe unha Xunta de Goberno nalgúns Concellos. A Xunta de Goberno local existe en todos os municipios con poboación de dereito superior a 5.000 habitantes e, nos de menos, cando así o dispoña o seu regulamento orgánico se o acorda o Pleno da Corporación. É un órgano colexiado que dirixe a administración do concello, reuníndose habitualmente unha vez á semana. Está composta polo alcalde e os concelleiros designados e cesados libremente polo alcalde, cun número de concelleiros que non supere un terzo do total legal da corporación municipal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]