Clan (canle de televisión)
Clan | |
---|---|
![]() | |
Inicio das emisións | 12 de decembro de 2005 |
Propiedade de | Televisión Española |
Formato da imaxe | 4:3 / 16:9 |
Datos de audiencia | 2,4% (maio de 2012, FormulaTV) |
País | ![]() |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | ![]() ![]() |
Sede central | Prado del Rey (Madrid) |
Canle/s irmá(s) | La 1 La 2 24h Teledeporte La 1 HD Teledeporte HD TVE Internacional |
Na rede
| |
www.rtve.es/infantil | |
![]() ![]() ![]() |
Clan é unha canle de televisión infantil de Televisión Española, que emite series e debuxos animados a través da TDT, e en plataformas de televisión por cable e ADSL como ONO (cable) ou Imagenio (ADSL) e en Dixital (satélite).
Historia
Clan comezou as súas emisións o 12 de decembro de 2005, en principio compartindo frecuencia con TVE-50, emitindo entre as 7:00 e as 21:00. Tras a desaparición de TVE-50, o 1 de xaneiro de 2007, Clan converteuse na primeira cadea aberta en emitir 24 horas de programación infantil. Actualmente[cando?] é a terceira canle temática máis vista, chegando a superar ás canles nacionais.[1]
O 27 de agosto de 2010 estreou a novena tempada de Smallville en formato panorámico (16:9) sendo a primeira emisión da canle en emitir en 16:9 e en estrear a tempada antes que FOX.