Nueve foi unha canle de televisiónespañola privada da TDT, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Mediaset España. Comezou as súas emisións o 31 de decembro do 2012 e cesounas o 5 de maio do 2014.
Nueve iniciou as súas emisións o 31 de decembro do 2012 os primeiros meses a programación de Nueve baseouse na emisión dun bucle diario composto por I love TV, Yo soy Bea e De buena ley.[1] Durante os seguintes meses foi engadindo máis series como Tierra de Lobos.
O 15 de xaneiro do 2014 Mediaset España anunciou que cambiaría a temática da canle o 14 de febreiro, emitindo reposicións de programas e eventos do grupo audiovisual, as cales se emitían ata o momento en LaSiete. Esta última canle pasou a emitir telenovelas.[2][3][4]
A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.[5][6][7]
Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[8] Están en letra grosa e azul os meses en que foi líder de audiencia.