Canal Sur 2
| Canal Sur 2 | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Lingua usada
| |||
| Datas | |||
| |||
| Localización | |||
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| |||
| Wikidata C:Commons | |||
Canal Sur 2 é a unha cadea de televisión pública de Andalucía, pertencente a Radio y Televisión de Andalucía. Foi lanzado o 5 de xuño de 1998, como a segunda canle de Canal Sur. O 1 de outubro eliminou toda a programación por completo, e pasou a emitir en simultáneo con Canal Sur 1, pero con subtítulos, lingua de sinais e audiodestrita.
Historia
[editar | editar a fonte]Comezou as súas emisións o 5 de xuño de 1998 baixo o nome de Canal 2 Andalucía, conmemorando o centésimo aniversario do nacemento de Federico García Lorca. Dez anos máis tarde, o 5 de xuño de 2008, foi renomeada como Canal Sur 2 e renovouse a imaxe corporativa da cadea.
Coa aparición de Canal Sur 2, a oferta televisiva da RTVA aumentou, quedando Canal Sur como unha televisión de carácter xeral e entretemento, mentres que Canal 2 Andalucía estaría máis centrada na programación de tipo cultural e divulgativa, con especial interese nos ámbitos infantil e do deporte.
Peche da programación
[editar | editar a fonte]En setembro de 2012, a cadea decide pechar su programación para intentar aforrar uns 20 millóns de euros. Desde outubro dese mesmo ano, a cadea emite o mesmo sinal que Canal Sur, pero con subtítulos, lingua de sinais e audiodestrita.. Este cambio comezou a producirse o 1 de outubro de 2012, e trouxo como consecuencias un cambio de cor da imaxe corporativa (de verde a azul) e un descenso masivo da audiencia a un 0,2%.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Logotipo usado desde 1998 ata 2008.
-
Logotipo usado desde 2008 ata 2011.
-
Logotipo usado desde 2011 ata 2012.
-
Logotipo usado desde 2012 ata 2017.
-
Logotipo usado desde 2017.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.diariosur.es/v/20120905/andalucia/canal-cierra-programacion-para-20120905.html Canal Sur 2 cierra su programación para ahorrar