Canal Nou Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Televisió Valenciana Internacional

Información xeral
Nome comercial TVVi
Nomes anteriores CCV (Canal Comunitat Valenciana)
Tipo Internet
Programación Xeneralista
Proprietario Radiotelevisió Valenciana
País C. Valenciana,
España España
Formato da imaxe 4:3
Localización Burjassot, Valencia
Canles irmás Canal 9
Canal 9 HDTV
Punt 2
24/9
Páxina oficial
En directo

Canal Nou Internacional, previamente Televisió Valenciana Internacional (TVVi, valenciano para "Televisión Valenciana Internacional") era unha das canles de televisión do ente público Radiotelevisió Valenciana (RTVV).

Historia e características[editar | editar a fonte]

A súa creación débese á intención de achegar a Comunidade Valenciana aos valencianos que residen fóra dela, ben como promocioná-la no mundo, de aí que o seu ámbito de difusión supere ao das tres canles autonómicas de emisión terrestre (Canal 9, Punt 2 e 24/9) e que a súa programación sexa unha mestura dos contidos das tres canles autonómicas, aínda que normalmente con maior presenza de contidos de Punt 2, ao seren programas de produción propia. A estes programas súmanse os informativos emitidos en Canal 9 e 24/9, ben como algúns eventos deportivos. Anteriormente a canle era coñecida como Canal Comunitat Valenciana (CCV, en galego Canle Comunidade Valenciana). Os seus contidos son case exclusivamente en valenciano.

En 2010 está previsto que a canle mude a súa imaxe e o seu nome para Canal Nou Internacional, para unificar a imaxe de todas as canles do grupo RTVV [1].

Dispoñibilidade[editar | editar a fonte]

A recepción da canle podía facerse a través do satélite Hispasat e das distintas operadoras de TV por cable, pero en xullo de 2010 a canle pasa a emitir exclusivamente por Internet, cesando as súas emisións por outras plataformas sen aviso previo.

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.