Canal 6 Navarra
Aparencia
| Canal 6 Navarra | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Canal 6 Navarra foi unha cadea de televisión privada de carácter autonómico que emitía na Comunidade Foral de Navarra, propiedade de Promecal e en funcionamento desde o ano 2002 ata o 14 de maio de 2012, cando deixou paso a un novo proxecto de televisión chamado Navarra Televisión que naceu da fusión de Canal 6 e Popular TV Navarra.[1]
Antes da súa desaparición era posible sintonizar as súas emisións na práctica totalidade de Navarra a través do sinal dixital e tamén a través do operador ONO. Esta cadea contaba ademais cunha segunda canle, Canal 6 Dos, que xunto a el e as tamén defuntas sinais de Canal 4 Navarra emitía pola TDT no mesmo Multiplexor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hoxe comeza a emitir a nova televisión navarra". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2016.