Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ràdio i Televisió d'Andorra
Nome oficial
Ràdio i Televisió d’Andorra, S.A.
Fundación / creación
13 de abril de 2000
Wikidata C:Commons
Radio e Televisión de Andorra ou RTVA (en catalán Ràdio i Televisió d'Andorra ) é a empresa pública de radio e televisión do Principado de Andorra . O seu principal obxectivo é o de consolidar un servizo de radio e televisión que axude ó pluralismo informativo, á formación dunha opinión pública libre e á difusión da cultura do principado.
Na actualidade conta cunha cadea de televisión creada en 1995 chamada Andorra Televisió ; e dúas emisoras de radio Ràdio Nacional d'Andorra e Andorra Música .
A televisión e radio de Andorra naceron o 26 de outubro de 1989 despois de que o Consello Xeral de Andorra acordara a necesidade da creación dunha empresa de radiodifusión. Como resulta, o Organisme de Ràdio i Televisio d'Andorra (ORTA) foi creado e as emisións de Ràdio Nacional d'Andorra comezaron en decembro de 1990 . O servizo televisivo comezou a mans de Andorra Televisió (ATV) en 1995 . Desde o ano 2002 , RTVA foi membro activo da Unión Europea de Radiodifusión e participou no Festival de Eurovisión desde o 2004 .[ 1] [ 2] No ano 2011 decidiu deixar a Unión Europea de Rediodifusión debido a problemas económicos.
A empresa compite coas cadeas de televisión e radio de España e Francia , que tamén se reciben no país.
Canles de televisión nacionais de Europa
Países: Outros: Desaparecidos: